Lun, 22 Out 2007, 12:06
Asunto:
Onte fun de espectador a ver a carreira de Bertamiráns. Mañán veraniega, xa que eu creo que facía máis calor que en Agosto. Vou atopando con xente e máis xente que se preocupa de cómo estou, detalle que agradezo enormemente. E de pronto, andando a "velocidade de crucero" deume tempo para mirar o arco de entrada e quén está alí: nin máis nin menos que
Flip, e sen muletas. Primeiro alegrón do día, bicos, cháchara, foto e quedamos para despois xa que eu téñome que colocar se quero ver algo da carreira.Agaradezo o detalle do
Admin, que me veu a saludar cando estaba sentado no meu banco de xubilado, se non veríao na carreira e punto. Cando pasan a primeira vez por liña de meta quedo sorprendido da cantidade de participantes...e eso que algúns quedaron sen correr (unha pena
Lestrove, pero seguro que no teu equipo votaron as contas...Octubre,xa pasou o verán,
Lestrove xa se sabe:parado.Agora que tamén se podían fixar un pouco no sol...quedas con máis forzas para o domingo).
Dende fora a carreira foi rapidísima, espectacular Luis Calvo gañando con unha autoridade dun fora de serie.
Teño que dar as
GRAZAS especiais a
keniatablanco (5º clasificado) que me dedicou a carreira e a min soubome coma se fose primeiro. Repito
MOITAS GRAZAS.
A marea azul moi ben en xeral,(
Gallego,Jabelo,Barrachina,Admin,Fleky,Easywind,...perdoade pero seguro que esquenzo algún) destacando a
keniatablanco, a
Lubo (impresionante)...e non quero decir nadie máis antes de ver as clasificacións (agora mesmo non sei donde quedou cada un).
Mención as compañeiras do CARGaleras,
Xolinha segunda na xeral; Amalia terceira...ou seña arrasando a sección feminina do Car ( a ver cando os homes facemos algo parecido)
Deixo apartado especial para
Marola, aínda que seguro que hoxe xa lle pasou.
Marola, non te preocupes pode ser tranquilamente unha alerxia, tal e como está o tempo de tolo...agora o que teño claro é que non é unha alerxia a correr (se a caso a correr pouco), de tódolos xeitos fai as probas que creas oportuinas se así quedas máis tranquila. E xa sabes aquí estamos para o que necesites. Bikos e ánimos.
Rematei a xornada tomando unha isotónica ca familia
Gallego e
Easywind (que volve a estar forte, un alegrón) e volta o repouso. Prestoume ir despois de dous días quieto e xa me apuntei para a seguinte.