Mar, 08 Set 2015, 20:27
Asunto: I Acuatlón Santa Ifigenia Bueu (19/09/2015) (de 9 a 14 anos)
O Clube Atletismo Corredoiras, coa colaboración da comisión de festas de Santa Ifigenia e o Instituto Municipal de Deportes de Bueu, organizan o sábado 19 de Setembro I Acuatlón Santa Ifigenia.O Acuatlón é un deporte combinado e de resistencia no cal o atleta realiza dúas disciplinas en tres segmentos: natación, carreira a pe e natación. O orden é o sinalado e o cronómetro non se para durante o tempo que dure a competición.
A proba tomará a saída na zona da praia da banda do río, tanto para as probas de natación como para a carreira a pe.
Esta proba
As inscricións serán gratuítas e faranse a través dun formulario na páxina web
www.corredoirasbueu.wordpress.com a data límite de inscrición será o 17 de Setembro.
A entrega de gorros numerados será na mesma praia a partir das 10:00, será obrigatorio presentar a autorización firmada polo pai, nai ou titor de cada menor, esta autorización pódese descargar da mesma páxina onde se fan as inscricións.
Categorías (Masculino e Feminino):
A categoría de idade estará determinada pola idade do atleta o 31 de decembro do ano en que se celebre a competición. Haberá Benxamín (9 e 10 anos), Alevín (11 e 12 anos) e Infantil (13 e 14 anos)
Máis información en inscripción gratuita en:
Corredoiras Bueu