Thu, 20 Aug 2015, 12:09
Post subject: Re: XV Carreira Popular de Betanzos
Subimos o fío que mañán acaba a inscripción. A distancia a impuxo a policía local e a súa terquedade para tumbar circuitos propostos, e son algo máis de 8 km, pero non sei dicir exactamente a distancia
Haberá avituallamento líquido intermedio, e líquido e sólido en meta, tamén camiseta
Vestiarios e duchas ó lado da meta, e aparcamiento amplo tamén ó lado da meta. Haberá tamén servicio de guardaroupa,creo
Este ano se recupera esta carreira despois de creo que 4 anos sin ela, e parece casi seguro que se recuperará tamén a media maratón no mes de novembro. Haberá fallos que se espera que saibades comprender, posto que é casi como unha primeira edición, pero a idea é ir mellorando e mantela nos vindeiros anos