Tue, 23 Oct 2018, 8:37
Post subject: Re: Diario de Sanmikel
A semana do 15 o 21 de outubro foi complicada.
Luns, me levantei a mañan con poucas molestias, e a tarde fun o fisioterapeuta, por as molestias do glúteo (trocánter maior). Despois a tarde fixen unha hora de bicicleta estática, e a partir de ai, as pernas empezaron a parecer bastóns.
Martes, pernas moi agarrotadas, aproveitei a tarde para facer 13km de trote en 62 minutos, con @alfonso. Me empeñei en saír porque os cuadríceps parecían que estaban ardendo, me doían unha barbaridade.
Mércores, un pouco mellor, pero os cuadríceps seguían tirando. Por compromiso tiven unha pachanga de fútbol sala de uns 65 minutos, e antes quecín uns 13 minutos (2.2km) de costas por Cabral.
Xoves, outra vez o mesmo, outro compromiso de fútbol Sala, uns 65 minutos tamén, antes fixen uns 13 minutos de quecemento, uns 2.5km. O xoves estaba un pouco mellor dos cuadríceps, pero os xemelgos, e a fascia da perna dereita, moi tensos.
Venres, as pernas seguían moi pesadas, e moi tensas, incluso sen ser capaz a descansar. Aproveitei o a hora da comida, para facer con @Nuruwe un 10k a 4:50. Fíxeno así, para aproveitar sen facer nada ata o as 11:00 do domingo en Pontevedra
Domingo. 21 de Outubro MM Pontevedra:
Queda con Suso para ir Xuntos dende Vigo. Me levanto tarde, case non almorzo, e nos vamos para alí. Estiven toda a semana falando con uns cuantos amigos que están para 1:22 ou menos para facer grupo, e xa tiña na saca a: @Sonsuso, @maseda, @pepe.losada, @Pajaroeu (Cerne-Melide), @isaac.m.f(carma/adn), @duranduran(taninos), que convencín no trail do Domingo pasado, cando íamos por o Monte Xuntos. Así que xa eramos 7. Despois alí en Pontevedra se nos apuntou Dieguez do Cerne, así que xa eramos 8.
Chegamos eu e Suso a Pontevedra con moito tempo, pero entre que collemos dorsais, saudamos os compañeiros do CARMA, os Jackbauers, tomamos un café, sacamos unha foto (esta vez Suso e un servidor nos perdemos a Carma Foto), nos cambiamos etc... pois case se dou a saída.
En xeral nos colocamos xenial todos na saída do noso grupo, algúns con dorsal “elite” debido a esa gran marca que fixo en coruña10, que xa non é de “populares”, aproveito para felicitarte outra vez @maseda.
Saída case sen decatarnos, como sempre en Pontevedra.
Maseda se adianta, Suso queda atrás, pero sobre os 500m, xa todos vamos xuntos, somos 9 pois @lolinho38 nos colle e di que o vai intentar., xa que no último intre se nos uniu. Todos moi chicharacheros, eu había avisado que ía ir o gps, por marca de km, o ser homologada, pero entre pitos e frautas, me comín case todas.
Si moi simpáticos e faladores, esperando uns por os outros, pero eu xa non notaba que non ía nada sobrado, pero ía con auténticas bestas, que ademais están en forma. Na subida de arcebispo Malvar, todo se foi o traste, sobre o 3.5. Suso sube forte, Isaac o segue, e case todos levan o ritmo, eu vou ben, pero non teño necesidade nin tantas forzas como para aumentar, ata aquí vamos sobre 3:54 de media según os compañeiros, e eu no km 4 fago o meu primeiro lap, 15:47 no km coa subida incluída, vou por debaixo, pero non me importa. Suso e Isaac xa me levan sobre 150m, e os demais van xuntos, a uns 100m, podía collelos dende o comezo, pero críea que era mellor que non, non vou sobrado. Non teño constancia de onde ía Lolinho38, imaxinaba que preto miña, pero non o vía.
A partir de aquí xa basicamente vou so toda a carreira. Km 7 paso en 27:24, vou moi xusto no ritmo, pero me digo que como foi zona de subidas, que vou ben, aínda que non é así, me sinto forzado e as subidas me costan. Paso a Durán na baixada do mercado, cando nos incorporamos a recta.
Km 8 en 3:54, e km 9 en 4:04, na subida a monte porreiro, vou incómodo de caixa, e todo é de cabeza. No xiro de Monteporreiro animo a Suso e Isaac, e lle grito para que sigan, me levan uns 800m, detrás o resto do grupo segue máis ou menos xunto, a uns 400m de min.
Paso o km 10 en 39:10 netos, e o vexo crudo, me faltan forzas. Aínda que o cruzarme cos amigos de Melide lle digo que vou ter que pagar aposta de que fixemos, que @pajaroeu me leva 300m. Aínda que o pasar por o 10, vexo que lle recorto, Dieguez e Pájaro.
Continuo con esforzo, esa ruta en lixeira baixada, e vou pasando a algúns, pero con moito esforzo, os ritmos saen por os pelos, e aínda así paso a moito corredores. Sobre o km 11.5 torzo un xeonllo por ir moi preto da mediana, onde o asfalto xa non é constante, estou uns 300 metros un pouco molesto, pero parece que non foi nada e podo continuar.
No xiro do 12 vexo que Pájaro se queda so, dieguez vai máis adiante, parece que lle recorto, pero segue a unha boa distancia, volve a chegar a subida de Arcebispo Malvar, non aperto, me manteño, pero me pasan dous rapaces como avións na subida. Os cales volto a pasar de alí a 700m, pero me voltan a pasar na mini subida de San Pedro Alcántara, me pasan como se eu fose andando. Volto a pasalos na baixada da zona Vella, o principio, e tamén na metade, paso a Pájaro, o que lle indico que non baixe, que me siga.
Paso o km 16 en 1h:02:28, sego a 3:54, pero xa todo é cabeza dende o km 13, onde so conto os minutos e os pasos para rematar, me digo que so faltan 20 minutos.
Nesta ata na curva do pavillón, un señor me di que apure, que levo a 7 detrás, se me da por mirar para atrás e vexo 7 en fila india, todos detrás miña. Non decido ir máis rápido, sigo igual.
A subida que está detrás do CTGD é horrible, so son 30 metros, pero se atragantan. Xa non miro ritmo, so aperto, pero vou forzado, non vou cómodo, sigo adiantando corredores, e a subida a Monteporreiro se fai mo longa, sobre todo vendo os corredores que van diante túa no outro sentido.
Isaac, vai so, como unha moto, lle dou ánimos.
Suso o segue a uns 300m, e detrás veñen Losada, Maseda e Diéguez .
A min se me fai eterno, aínda que os parciais están saíndo a 3:50, 3:53, xa tiro de orgullo e vontade, pero xa case teño gañas de abandonar e non sufrir. Sigo pasando a corredores, e paso o 19 a 3:55 e o 21 en 3:51. Avanzo e paso corredores sen aumentar, e so me queda 1.1 km, continuo, non aperto, ou iso creo, pero a verdade e que inconscientemente así o fago, pois paso a algún mais, e me sae eses últimos 1097metros en 4:00, pero sen a sensación de haber esprintado.
Chego en bruto en 01:22:00, aínda que despois marca 2s máis e sae 01:21:07 netos.
O chegar alí estaba Suso esperándome, lle dei un abrazo, e me tirei o chan, necesitaba un desando. Alí veu o sanitario e Suso a preocuparse, e xa me levantei, para que non se preocupase, estaban ben.
Todos os que ían diante miña (do grupo) fixeron mmp (menos Losada e eu). Aínda que eu mellorei 25s a miña mellor marca neste circuíto do 2015, e tamén se converte na miña segunda mellor marca en MM Homologada.
Ducha, cervexa cos JackBauers, con rapaces de Melide, vaciles, cañas e pinchos. E nese intre @Amina se decata de que ten premio de categoría. Suso e Maseda a acompañan en un sprint ata a Cerimonia.
Comida e conversas no Italiano cos JackBauers, e os Porriñeses (Maseda, Lihto, Sonsuso, Amina, Dr. Slump, Moncho, Isaías).
So podo dicir que foi un bo día, o pasei ben, me cansei moito, quedei con moitos amigos os que me apetecía darlle un abrazo. A veces non sei se vou as carreira por que me gusta correr, ou porque me apetece saúdar, contar aventuras e tomar unhas cañas coa xente que coñecín neste mundo nos últimos 4 anos. Grazas.
A semana rematou con 2 partidos de fútbol sala, 50km e 1 hora de Bicicleta estática.