Foros ›
XXXV Carreira Popular de Pascua de Padrón (19/04/14)
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
yomismo

Experto no foro
Experto no foro
16/12/05
0 Carreiras
5678 Posts

Reply with quote Post Mon, 07 Apr 2014, 18:00
Post subject: XXXV Carreira Popular de Pascua de Padrón (19/04/14)

Bueno, me acaban de pasar el reglamento y ya os puedo decir que hoy mismo se abrieron inscripciones. Copio y pego y lo mando ahora mismo al calendario de correrengalicia.
¡A ANIMARSE TODOS A ESTA GRAN CLASICA DE PADRON!!!! Y que no falte luego el pulpo y las orquestas!!! Bailar Fiesta!!! Padrón de nuevo, una vez más, con el atletismo Aplauso

XXXV CARREIRA POPULAR PASCUA DE PADRON
A Concellería de Deportes de Padrón organiza o sábado 19 de abril de 2014 a partir das
10:45 horas, a XXXV edición da súa Carreira de Pascua que se disputará na proba absoluta
sobre unha distancia de 13,3 km. As probas levaranse a cabo na localidade de Padrón e
estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en
Santiago) . As probas estarán suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación
conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo, Delegación en Santiago de Compostela.

2. CATEGORIAS DE PARTICIPACION:
PITUFOS: atletas nados no 2010 e posteriores*
PREBENXAMÍN: atletas nados nos anos 2007, 2008 e 2009*
BENXAMÍN: atletas nados nos anos 2005 e 2006
ALEVÍN: atletas nados nos anos 2003 e 2004
INFANTIL: atletas nados nos anos 2001 e 2002
CADETE: atletas nados nos anos 1999 e 2000
XUVENIL: atletas nados entre 1997 e 1998
JUNIOR/PROMESA atletas nados entre 1996 e 1992
SENIOR: atletas nados en 1991 e ata veteráns
VETERÁN A MASCULINO: atletas nados entre 1969 e 1979
VETERANA A FEMENINO: atletas nados entre 1969 e 1979
VETERÁN B MASCULINO: atletas nados entre 1959 e 1968
VETERANA B FEMENINO: atletas nadas en 1968 e anteriores
VETERÁN C MASCULINO: atletas nados en 1958 e anteriores
* As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ SITUADA NA PRAZA DE MACÍAS na localidade de
Padrón. Os horarios das probas e distancias resúmense no seguinte cadro:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:45 h PITUFOS 200 m aprox.
11:00 h PREBENXAMÍN 500 m aprox.
11:07 h BENXAMÍN 800 m aprox.
11:15 h ALEVIN – INFANTIL
2000 m aprox.
11:30 h CADETE – XUVENIL 4000 m aprox.
12:00 h JUNIOR-PROMESA / SENIOR
e VETERÁN 13,3 km aprox.
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS (PRAZA DE MACÍAS)

CONCELLO DE
PADRÓN


O percorrido da proba absoluta estará indicado, controlado e sinalizado cada kilómetro. A
organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán
o tráfico ao longo do percorrido.

4... INSCRICIONS
 ADULTOS: ata o xoves 17 de abril ás 14:00 horas na web
www.emesports.es (forma única de inscrición).
 PROBAS ESCOLARES (ata xuvenil incluido): ata o xoves 17 de abril
ás 14:00 horas na web www.emesports.es,
Información tamén nas webs www.carreirasgalegas.com,
www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org.
Teléfono de información: 627 008 584 en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Non se aceptarán inscricións fora do prazo establecido, con datos incompletos ou
sin todos os datos obrigatórios.
> O PREZO da inscrición (a proba absoluta estará controlada a través dun CHIP)
será o seguinte:
- CATEGORÍAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil): GRATUITA
- CATEGORÍA ADULTOS (de junior/promesa a veteranos): 5,00 €
A pre-inscricion non se completará se non se fai o pago no momento de inscribirse na web
www.emesports.es. Calqueira dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó
teléfono: 627 36 61 34. Calqueira dúbida relacionada coa organización da proba poderán
dirixirse ó teléfono 627 008 584 en horario de 9 a 14 horas.

5... RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba nunha carpa situada no PASEO DO ESPOLON a partir das
09.45 horas e ata media hora antes do inicio de cada proba.
CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que
se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na
zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR
A SUA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON
ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.
DESCUALIFICACIÓNS: Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal
ben visible colocado na zona anterior do corpo ou que incumpra as normas establecidas
nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será descalificado a criterio do
Xuiz Árbitro da Competición.
TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA
COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da
proba en cuestión.

6... TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS
Entregarase unha camiseta conmemorativa do evento a cada participante.
› PROBAS ESCOLARES:
- Trofeos aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría establecida por idade e
sexo. Medallas ata fin de existencias.
› PROBA ABSOLUTA
› Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
› Trofeo os três primeiros clubes da clasificación final da proba absoluta.
› TROFEO ESPECIAL DE PASCUA aos 3 primeiros/as clasificados/as da proba
absoluta.
› PREMIOS ESPECIAIS
- Trofeo ao 1º/1ª corredor/a local.
- TROFEO PARTICIPACION o colexio/clube con máis corredores inscritos que
logren finalizar as probas.
- Trofeo benxamín o corredor/a de menor idade que logre finalizar a proba.
- Trofeo Superveterán o corredor de maior idade que logre finalizar a proba.
- Trofeo Superveterana á corredora de maior idade que logre finalizar a proba.
OS PREMIOS NON SERAN ACUMULATIVOS (agás os dos corredores/as locais).

PREMIOS EN METÁLICO A CLUBES
› 1º Equipo Clasificado: 250 €
› 2º Equipo Clasificado: 200 €
› 3º Equipo Clasificado: 150 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores en
cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos
acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente. Os
equipos poderán ser mixtos.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN
METÁLICO, que terán que remitir o listado dos atletas co selo oficial da Federación
Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente ó correo
FGAsantiago @ gmail.com no prazo de inscrición da proba absoluta. Na confección do
clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo. Os
atletas deberán estar previamente inscritos individualmente na web www.emesports.es.

ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase ó finalizar a derradeira proba (13:15 h aprox.) na Praza de
Macías. Poderase solicitar o DNI se a organización o estima oportuno para a recollida dos
premios.
En caso de mal tempo a entrega de premios realizarase no pavillón polideportivo do
GRUPO ESCOLAR (Pavillón novo) informando deste feito con antelación.
TODOS OS ATLETAS SERÁN CONVIDADOS A CHOCOLATE
E CHURROS O FINALIZAR AS PROBAS



A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o
descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento. A
organización reservase o dereiro a modificar o mesmo de cara a garantir
o correcto desenvolvemento da proba
Haberá Servicio de Duchas nos Polideportivos do Souto (só para homes) e do Grupo Escolar
(para homes e mulleres). O horario de apertura de ambos será de 11:00 h a 14:00 h.

Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:
www.carreirasgalegas.com
- www.fgatletismo.es/santiago/
- www.atletismogalego.org
- www.emesports.es
- www.correrengalicia.org
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Mon, 07 Apr 2014, 18:17
Post subject: Re: XXXV CARREIRA POPULAR DE PASCUA DE PADRON

Tardou en salir pero aquí a temos,a clásica de Pascua!! Smile
basibasi

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/03/10
219 Carreiras
595 Posts

Reply with quote Post Mon, 07 Apr 2014, 19:48
Post subject: Re: XXXV CARREIRA POPULAR DE PASCUA DE PADRON

Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso
Pestortos

Maratoniano
Maratoniano
2/12/13
23 Carreiras
136 Posts

Reply with quote Post Mon, 07 Apr 2014, 22:29
Post subject: Re: XXXV CARREIRA POPULAR DE PASCUA DE PADRON

Apuntado. Esta quédame perfecta.
sisi83

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/04/13
1 Carreiras
205 Posts
corrubedo
Reply with quote Post Tue, 08 Apr 2014, 11:00
Post subject: Re: XXXV CARREIRA POPULAR DE PASCUA DE PADRON

Ali estaremos
orion764

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/13
18 Carreiras
829 Posts
Santiago Compostela
Reply with quote Post Sun, 13 Apr 2014, 18:52
Post subject: Re: XXXV Carreira Popular de Pascua de Padrón

Amigos
No sé aún seguro si estaré por aquí en Semana Santa o no, pero por si estoy y me apunto a última hora, alguien pude decirme un poco como es este circuito?. Hay mucha subidas?. Por comparar con alguno que ya conozca, es más o menos complicado que el de Batalla de Cacheiras?.
Gracias por anticipado.
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Sun, 13 Apr 2014, 19:14
Post subject: Re: XXXV Carreira Popular de Pascua de Padrón

orion764 escribió:
Amigos
No sé aún seguro si estaré por aquí en Semana Santa o no, pero por si estoy y me apunto a última hora, alguien pude decirme un poco como es este circuito?. Hay mucha subidas?. Por comparar con alguno que ya conozca, es más o menos complicado que el de Batalla de Cacheiras?.
Gracias por anticipado.
es mucho más fácil que la de Cacheiras,con diferencia,es prácticamente llana y una carrera recomendable sin lugar a dudas.
orion764

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/13
18 Carreiras
829 Posts
Santiago Compostela
Reply with quote Post Sun, 13 Apr 2014, 19:42
Post subject: Re: XXXV Carreira Popular de Pascua de Padrón

correro escribió:
orion764 escribió:
Amigos
No sé aún seguro si estaré por aquí en Semana Santa o no, pero por si estoy y me apunto a última hora, alguien pude decirme un poco como es este circuito?. Hay mucha subidas?. Por comparar con alguno que ya conozca, es más o menos complicado que el de Batalla de Cacheiras?.
Gracias por anticipado.
es mucho más fácil que la de Cacheiras,con diferencia,es prácticamente llana y una carrera recomendable sin lugar a dudas.

Muchas gracias por la información Correro. Siendo así, intentaré apuntarme con mi hijo, si finalmente quedamos por aca. Y esperemos que el tiempo esté mejor que en los 10K de la semana pasada.
Pestortos

Maratoniano
Maratoniano
2/12/13
23 Carreiras
136 Posts

Reply with quote Post Sun, 13 Apr 2014, 21:23
Post subject: Re: XXXV Carreira Popular de Pascua de Padrón

Dan choiva para o sábado. Sad
yomismo

Experto no foro
Experto no foro
16/12/05
0 Carreiras
5678 Posts

Reply with quote Post Sun, 13 Apr 2014, 21:43
Post subject: Re: XXXV Carreira Popular de Pascua de Padrón

Pestortos escribió:
Dan choiva para o sábado. Sad

No jodas! Enfadado
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1625 Carreiras
14100 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Sun, 13 Apr 2014, 21:51
Post subject: Re: XXXV Carreira Popular de Pascua de Padrón

yomismo escribió:
Pestortos escribió:
Dan choiva para o sábado. Sad

No jodas! Enfadado

Si, 0,1 mililitros metro cuadrado. Smile

www.eltiempo.es/padron.html
Baralloco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/14
3 Carreiras
366 Posts

Reply with quote Post Mon, 14 Apr 2014, 13:12
Post subject: Re: XXXV Carreira Popular de Pascua de Padrón

Estou pensando en apuntarme, pero carai... Saída as 12:00 e entrega de premios as 13:15...
Para os que somos populares populares, si se nos fai dura, ¿non chegaremos co control pechado? ¿e que non nos quede nin una mazá ou ainda peor nin un churro?
Pestortos

Maratoniano
Maratoniano
2/12/13
23 Carreiras
136 Posts

Reply with quote Post Mon, 14 Apr 2014, 14:55
Post subject: Re: XXXV Carreira Popular de Pascua de Padrón

lestrove escribió:
yomismo escribió:
Pestortos escribió:
Dan choiva para o sábado. Sad

No jodas! Enfadado

Si, 0,1 mililitros metro cuadrado. Smile

www.eltiempo.es/padron.html

Pois menos mal, estaba a moza dicindo que chovía a esgalla.
yomismo

Experto no foro
Experto no foro
16/12/05
0 Carreiras
5678 Posts

Reply with quote Post Mon, 14 Apr 2014, 16:10
Post subject: Re: XXXV Carreira Popular de Pascua de Padrón

Baralloco escribió:
Estou pensando en apuntarme, pero carai... Saída as 12:00 e entrega de premios as 13:15...
Para que somos populares populares, si se nos fai dura, ¿non chegaremos co control pechado? ¿e que non nos quede nin una mazá ou ainda peor nin un churro?

No t preocupes por eso Baracollo. El año pasado el ultimo participante llego a las 2 horas mas o menos en medio de una gran ovacion d todos los alli presentes, mientras en la misma plaza se estaban dando los premios. Ten encuentra q tampoco se puede esperar mucho a dar los premios si no nollegamos a tomar el pulpo, jeje, asi q se empieza ya con los escolares a esa hora y los premios d la absoluta un poco mas tarde
juli74

Maratoniano
Maratoniano
8/12/09
0 Carreiras
51 Posts
Pontevedra
Reply with quote Post Mon, 14 Apr 2014, 22:02
Post subject: Re: XXXV Carreira Popular de Pascua de Padrón

Allí estaremos por partida doble.
Bailar Bailar





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum