Mon, 12 Dec 2022, 0:54
Post subject: Re: Diario de Meigalicix
Crónicas da favela : Carreira Érguete e corre 2022
E por fin chegou o día. Os preliminares non foron os mellores. Esta semana só fixen 30 minutos de bici estática o xoves, e un trote de 52 minutos ata Chapela o venres.
As expectativas que tiña este domingo pola mañá eran rematar en 55 minutos e gracias.
Aínda que madruguei, acabei enredando coma sempre en mil cousas e case saio tarde. Así que non quedou outra que marchar a todo trote pola Vía Verde en dirección Vialia para ser puntual. Non viu mal, pois a mañá estaba gris e fría, e tocaba moverse para non quedar aterecida ( e iso que nunca saí tan abrigada para unha carreira na miña vida, cambiando o top e as asas por camiseta de maga longa e outra por riba de reforzo ). Como non quere a cousa, foron16 minutos de quecer musculatura que me peguei, e de paso cheguei puntual para a Carmafoto ( por unha vez).
Xa pouco tempo quedou para estirar e quentar pola explanada do centro comercial. Cando acordéis, xa estaba Don Abel I de Vigo e V de Hong Kong soltando a súa arenga de que somos @s mellores atletas do mundo antes de dar a conta atrás para a saída( xa fede un pouco a frase) .
E menuda saída en rampa pola Vía Norte picando para arriba.
Digamos que a parte boa foi que non houbo molestias do xeonllo esquerdo nin do glúteo dereito. A parte francamente mellorable foi a capacidade pulmonar escasa pola falta de entreno.
Sen chegar a sufrir ata morrer, houbo rampas que se facían interminables... ai esa pasarela de madeira entre a Vía Verde e Vía Norte! Ou esa curva que tocaba facer entre Buenos Aires e a Vía Verde pola rampa de entrada, estreita e con bolardo no medio...
Se os resultados foron dignos pese a todo, foi pola impagable labor de equipo da compañeira
Lúameiga, que estivo á par todo o tempo da carreira, e incluso baixou de ritmo para esperar por min cando no km 9 se me desatou o cordón dereito e tiven que parar 30 segundos.
Pasamos pola xuntas cando o arco marcaba 53 minutos máis ou menos.
Iso viría sendo un ritmo medio de entre 5:19 a 5:22, dependendo de se están ben medidos os 10 km ou é o Garmin o que di a verdade.
En calquera caso, moi por debaixo dos ritmos dos entrenos destas semanas.
Capital de abondo para quedar no posto 5 de 13 na categoría F 3, e de posto 31 de 75 na xeral feminina. Ademais de arrebañar 100 do circuíto, e quedarme con 350 en total polas 5 carreiras que fixen.
Pero o máis importante é ter os músculos vivos e no seu sitio, espero que por moito tempo.
Creo que non lle podo pedir máis a esta tempada do 2022 que xa remata.
Segundo o Garmin, o balance global queda en :
- 825 km de carreira, rozando escasamente a media de 16 km semanais. Está claro que houbo moi poucas semanas de 3 saídas
- 2782 km de pasos rexistrados. Seguramente teño feito máis, pero non sempre me acorda poñer o Garmin no pulso. A media de pasos diarios anual é de 12000 e a deste mes 15.000. Xa que casi non fago nunca táboas de reforzo de glúteos e cuádriceps, polo menos maquillar os resultados e que se vexa que levo unha vida activa.
En xaneiro xa iremos redactando a táboa de boas intencións a incumplir en 2023.
De momento a cousa queda así
Last edited by Meigalicix on Mon, 12 Dec 2022, 23:23; edited 3 times in total