Foros ›
[DU] IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA - (01/012/2013) - 10:30 h
Foros de debate / Tríatlon e Duatlon
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Nov 2013, 17:36
Asunto: [DU] IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA - (01/012/2013) - 10:30 h

Día: 1 de decembro de 2013
Hora: 10:30 h.
Saída e chegada: Camping Ría de Arosa II-Balteiro-Ribeira
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto @ arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 15 km. en BTT + 5 km. Trail
Custe inscrición: 12 €
Data límite inscrición: 25 de novembro (ou ata completar as plazas)
Límite de prazas: 200


Queremos presentarvos a segunda edición do DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA que terá lugar o vindeiro DOMINGO día 1/12/2013 ás 10:30 h. no lugar de Balteiro (San Martiño de Oleiros) de Ribeira.

Respetamos o formato do ano pasado, con dúas probas:
15 km. en BTT
5 km. de Trail

Eso si, hai un par de cambios de cambios respeto á edición anterior:
- A entrada na transición xa non se fai pola carretera principal que leva ó camping, senon baixando directamente das Lobeiras e logo de cruzar o Rego das Lobeiras, que uns metros mais arriba forma unha fervenza que vos obligará a virar a cabeza (non moito tempo que a cousa vai rápida) Moi feliz
- A chegada da carreira a pé tamén a sacamos da carretera e faise por unha entrada lateral do camping, logo de chegar de facer un tramo de trail puro e duro (a cantidade de "duro" xa a contaredes cando remate a proba) Moi feliz

O mais importante, e que a "filosofía" da proba non cambia: seguimos mantendo o caracter "popular", para que tod@s podades participar cunha mínima esixencia física pero que vos deixe "vacios" ó rematar a proba. Os tempos de corte están en 1:20 h. para os 15 km. de BTT e en 2:00 h. o cómputo global (40 min. para os 5 km. Trail).

De tódolos xeitos na web www.arousa.com tedes toda a información que se irá actualizando a medida que vaian xurdindo novidades.

[align=center]
trasno061

Foreiro infantil
Foreiro infantil
7/03/10
0 Carreiras
103 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Nov 2013, 1:04
Asunto: Re: IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA-1/12/2013-10:30 h.

Pois eu estou intentando inscribirme pero na web no apartado inscripcion so sae un listado vacio. Non hay formulario de inscripcion.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Nov 2013, 8:22
Asunto: Re: IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA-1/12/2013-10:30 h.

A inscrición ábrese hoxe día 8 e ata o 25 (ou completar as 200 plazas). Xa está operativo na web dende fai uns minutos.
erpvp

Foreiro infantil
Foreiro infantil
5/04/11
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Nov 2013, 11:06
Asunto: Re: IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA-1/12/2013-10:30 h.

Enhorabuena por animaros a organizar pruebas de este tipo.

Una cosa que veo es que los tiempos de corte son algo exigentes. A los más fuertes no les afectan, pero los que vamos un poco más justitos corremos el riesgo de pinchar o tener que parar 10 minutos a arreglar una avería y ya estaríamos fuera de carrera por tardar más de 1hora 20 minutos en el tramo de bici.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Nov 2013, 12:12
Asunto: Re: [DU] IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA - (01/012/2013) - 10

Igual que na edicion anterior teremos un servicio de asistencia no tramo BTT, ofrecido por Sportbike. Ogallá ninguén precise del. Pero ahí estarán.

Incluso cunha pequena demora por algún tipo de avería o tempo de 1:20 h. é o mesmo que o do ano pasado e pasou todo o mundo.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Nov 2013, 12:13
Asunto: Re: [DU] IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA - (01/012/2013) - 10:30 h

Apenas 4 horas que levamos ca inscrición aberta e xa hai case 50 plazas ocupadas. Lembramosvos que temos tope de 200 plazas.
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
715 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Nov 2013, 12:39
Asunto:

Fixen a preinscripción, pero non me chegou o email, para facervos o ingreso, como podo solventalo? necesitaba o numero de conta e todo eso.

Lecop returns

Este ano penso acabala, Noraboa pola organización e gracias de anteman Aplauso Aplauso
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Nov 2013, 19:42
Asunto: Re: [DU] IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA - (01/012/2013) - 10:30 h

Unha vez que cubres o formulario na resposta que se xenera aparece o número de conta e a outra forma de pago.

Måndoche un privado ca conta.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 23:36
Asunto: Re: [DU] IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA - (01/012/2013) - 10

Como ainda queda tempo para todo, aquí un pequeno video dun par de transicións da edición do ano pasado. Bailar

Dalle marcha ao corpo
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 13 Nov 2013, 19:32
Asunto: Re: [DU] IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA - (01/012/2013) - 10:30 h

Como na anterior edición e noutras probas que celebramos alí o Camping Ría de Arosa, pon a disposición dos que o desexen as súas instalacións con un prezo especial para o día da proba (ou toda a fin de semana).

Aquí queda a información que acabamos de colgar na web:

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE
Dende o Camping Rural Ría de Arosa 2, achégannos a seguinte información para facilitar o aloxamento dos participantes que o desexen:

Bungalow para 2 una noche 40 € dos noches 60 €
Bungalow para 4 .....................60 € .................... 100 €
Bungalow para 6 .....................70 € .....................120 €
Bungalow para 8 .....................80 € .....................140 €
En albergue una noche ...........8 € ..... dos noches 15 €
Furgoneta, coche-cama ó tienda: 16 € la noche (2 adultos, instalación, coche y luz)
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 16 Nov 2013, 12:11
Asunto: Re: [DU] IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA - (01/012/2013) - 10:30 h

Só quedan 10 prazas dispoñibles para o Duatlón Trail de Ribeira.

Unha vez cubertas as 200 dispoñibles, os seguintes entrarían en "lista de espera" por si houbera algunha anulación.

Parece que ainda que o prazo de inscrición se peche o día 25, vaise esgotar antes a dispoñibilidade de prazas.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Sáb, 16 Nov 2013, 21:11
Asunto: Re: [DU] IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA - (01/012/2013) - 10:30 h

o dia 15 fixen o pago da inscripcion, pero non logro ver si estou inscrito e non me chega nada o correo.
alguen mo pode confirmar???

o camping Arousa II e de onde saleu o UltraTrail o pe da Curota??
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 16 Nov 2013, 21:42
Asunto: Re: [DU] IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA - (01/012/2013) - 10:30 h

CesGti escribió:
o dia 15 fixen o pago da inscripcion, pero non logro ver si estou inscrito e non me chega nada o correo.
alguen mo pode confirmar???

o camping Arousa II e de onde saleu o UltraTrail o pe da Curota??

Mira no apartado "INSCRITOS" (un botón na parte de arriba da web www.arousa.com) si apareces sombreado en laranxa e "confirmado", senon envía un correo a contacto @ arousa . com co teu nome, apelidos e a data aproximada do pago e xa o localizan (enviaches o mail ou fax co xustificante do pagamento? as veces o banco tarda en reflexar na conta as transferencias e dese xeito -co xustificante- xa o damos por feito antes de que chegue o apunte bancario). Guiño

Respeto á segunda pregunta: SI, é o mesmo sitio da saida da Ultratrail do Barbanza e do duatlón do ano pasado. Sorriso Sorriso
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 16 Nov 2013, 21:45
Asunto: Re: [DU] IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA - (01/012/2013) - 10:30 h

Acabamos de chegar a os 200 inscritos que tíñamos como límite, nembargantes vai seguir aberta e inscrición cunha "lista de espera" por si alguén cancela a reserva ou non fai o pago nos prazos establecidos, e así daríaselle "movimiento" á lista.

Guiño
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Dom, 17 Nov 2013, 20:36
Asunto: Re: [DU] IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA - (01/012/2013) - 10:30 h

Edu_Iglesias escribió:
Acabamos de chegar a os 200 inscritos que tíñamos como límite, nembargantes vai seguir aberta e inscrición cunha "lista de espera" por si alguén cancela a reserva ou non fai o pago nos prazos establecidos, e así daríaselle "movimiento" á lista.

Guiño

esto e o que me preocupa,que se acabaron as plazas e eu xa fixen o ingreso o viernes.
pode ser que ainda non realizaran o ingreso,posto que fixen unha transferencia desde outra entidade.
si pincho lo LINK de inscritos ponme esto:
LISTAXE INSCRITOS IIº DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA

Lembra que para facer efectiva a reserva debes ingresar -facendo constar o teu nome- o importe da cuota (12,00 €) na conta 0049-2948-21-2895034221 do Banco de Santander nun prazo máximo de 3 días e enviar o xustificante do pagamento a contacto @ arousa.com; ou ben abonala en efectivo na Rua Lustres Rivas, 3 - Baixo de Ribeira (A Coruña).

co cal dou por feito que non recibiron o ingreso.
si ainda chega o pago ahora que estan as prazas cubertas manteño a miña ou como vai esto??





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos