Foros ›
IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Set 2013, 21:19
Asunto: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

Outro ano máis, e xa van catro, a organización da carreira PINGA PINGA empeza cos preparativos para esta IV Edición que se celebrará como ata o de agora o segundo sábado de Outubro (12 deOutubro de 2013). Aquí vos deixamos o regulamento da proba e emprazamosvos a que nos sigades no foro, pois iremos dando máis sorpresas da carreira nas vindeiras datas.

REGULAMENTO

1.- XERAL:

Participación:

Poderán participar atletas federados e non federados.

Normativa:

A) A saída darase no recinto da Festa da Sidra e da Mazá, ao igual ca

chegada.

B.) A clasificación será absoluta.

C) Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando

estableza a organización.

D) Non estará permitido o acompañamento dos participantes

mediante o uso de vehículos de axuda. O incumprimento desta

norma suporá a eliminación do atleta acompañado.

E) O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a

corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

F) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais

competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É

unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.

G) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de

cronometraxe ofrecido pola organización.

H) A TODOS OS CORREDORES SE LLE PEDIRÁ O CHIP QUE VAI

GRAPADO NO DORSAL Ó FINALIZAR A PROBA.

I) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables

dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas

ocasione a participación nesta carreira.

J) A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre

calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste

regulamento.

K) Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán

reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do

regulamento da proba.

2.- HORARIOS E LUGARES.

Data: sábado, 12 de Outubro de 2013

Lugar: Campo de Fútbol S.D SANTOMÉ- San Tomé de Piñeiro (Marín)

CATEGORIAS

MENORES:

Menores A:

Hora: 16:10

Idade: Benxamín = 2004/2005

Percorrido: 250 mts aprox.

Menores B:

Hora: 16:20

Idade: Alevín =2002/2003

Percorrido: 500 mts aprox.

Menores C:

Hora: 16:30

Idade: Infantil/Cadete = 1998/2001

Percorrido: 2.000 m – unha volta pequena.

CHUPETES/PITUFOS

Hora: 16:50h

Idade: Chupetes: nados no 2009 e posteriores; Pitufos: nados no

2006-2007-2008

Percorrido: Chupetes: 100mts aprox ; Pitufos: 250mts aprox.

MAIORES (CATEGORIA RAIÑA):

Hora: 17:00h

Percorrido: 8.000m – tres voltas.

Idade: a partir de 15 anos.

Xuvenil, Xunior e Promesa 1991/1997

Senior 1990 e anteriores (ata veteranos)

Veteranos A: De 35 a 49 anos

Veteranos B: De 50 a 59 anos

Veteranos C: A partir de 60 anos

3.- INSCRICIÓNS:

CHUPETES E MENORES: O mesmo día da proba ou mediante o

formulario que está habilitado na web www.pinarium.com (recomendable)

MAIORES: Inscripcións da proba absoluta (Categoría Raiña) na web:

www.cronotec.es. Logo de inscribirse na mesma web procederase ao

pago na pestana "pago online" segundo as indicacións.

A INSCRIPCIÓN DA "ABSOLUTA" CERRARASE CANDO SE CHEGUEN OS 400 INSCRITOS.

4.- PERCORRIDO:

PERCORRIDO MENORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de

Pinga-Pinga – Cruceiro – Baixada cara o Campo de Fútbol de San

Tomé.(1 Volta pequena)

PERCORRIDO MAIORES: Campo de Fútbol de San Tomé – Fonte de

Pinga-Pinga – Bar Stop – Igrexario – Bar o Tobo – Campo de Fútbol

de San Tomé.(3 Voltas).

5.- PREMIOS:

CHUPETES/PITUFOS: Medallas para todos os participantes.

MENORES A/B/C: Os primeiros clasificados de cada categoría recibirán un

trofeo.

MAIORES: Trofeo aos tres primeiros clasificados MASCULINO E

FEMENINO das cinco categorías establecidas, exceptuando os 3

primeiros da categoría absoluta.

Trofeo ao clube con máis participantes na carreira absoluta.

Trofeo para o primeiro e primeira atleta de Marín.

Na carreira absoluta, recibirán os seguintes premios en metálico:

ABSOLUTA MASCULINO

1º - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)

2º - 100 € e Trofeo

3º - 50 € e Trofeo

ABSOLUTA FEMENINO

1ª - 200 € e Trofeo PINGA-PINGA (serie limitada)

2ª- 100 € e Trofeo

3ª- 50 € e Trofeo

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE

CO D.N.I. OU O PASAPORTE.

6.- AGASALLOS

400 camisetas técnicas na categoría absoluta

avituallamento para todos os participantes e regalos varios para os

máis pequenos (MEDALLAS,etc)

Organiza: CLUB DEPORTIVO PINARIUM e CONCELLO DE MARÍN en

colaboración coa Comunidade de Montes de Santo Tomé de Piñeiro, Frutas Sol, Pontevedraviva, Diario de Pontevedra.


Última edición por PINGA-PINGA o Sáb, 12 Out 2013, 20:32; editado 11 veces
antony

Novo foreiro
Novo foreiro
21/09/10
0 Carreiras
26 Mensaxes
Ardan
Respostar citando Envío Mar, 03 Set 2013, 21:27
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

Ya me tardaba Bailar Bailar Hasta ahora no me he perdido ninguna edición. Este año espero ser de la partida tb.
pugagarcia

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/02/11
0 Carreiras
200 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Set 2013, 21:49
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

alí estaremos senn hai novidade.
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2013, 7:57
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

Aí espero estar x cuarto ano consecutivo. Ademáis este ano é festivo e non hai liga de veteranos de futbol. A ver si "lio" a algúns futboleros jeje.
Marcos

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/08/05
111 Carreiras
786 Mensaxes
MEAÑO
Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2013, 12:29
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

Qué janiñas teño de volver a correr a Pinga-Pinga!!!!
Espero estar recuperado para entón.... espero, espero Rezar
Moitos ánimos desde Meaño!!

Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 04 Set 2013, 16:27
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

Unha pena que coincida con outras carreiras fixas para min,a ver para o ano se non coincide e podo ir,sorte
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 06 Set 2013, 18:54
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

Marcos escribió:
Qué janiñas teño de volver a correr a Pinga-Pinga!!!!
Espero estar recuperado para entón.... espero, espero Rezar
Moitos ánimos desde Meaño!!

Marcos a ver si recuperas pronto e ben e podes estar na Pinga Pinga 2013.
O domingo estaremos varios do noso clube en Meaño, unha gran carreira xa consolidada. Un exemplo para nós.
Levaremos algúns trípticos da "nosa" Pinga Pinga xa. O domingo nos vemos compañeiro. Moita sorteee!!!
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 06 Set 2013, 19:02
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

Estes días publicamos o cartel promocional da carreira e como algúns podestes xa comprobar este ano o homenaxeado é: O clube decano do atletismo galego "COMESAÑA SPORTING CLUB". Na nosa opinión este clube ben o merece pola súa historia e polos seus logros. En próximos días máis novedades desta edición.


Última edición por PINGA-PINGA o Sáb, 07 Set 2013, 16:08; editado 1 vez
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Sáb, 07 Set 2013, 16:06
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

Pareceme un acerto o do "Comesaña S.C." como homenaxeado, coa "incombustible" Soledad Castro Soliño á cabeza. A ver si o 12 de outubro nos honra coa súa presencia ela e moitos dos seus compañeiros.
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Sáb, 07 Set 2013, 16:06
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

Pareceme un acerto o do "Comesaña S.C." como homenaxeado, coa "incombustible" Soledad Castro Soliño á cabeza. A ver si o 12 de outubro nos honra coa súa presencia ela e moitos dos seus compañeiros.
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Set 2013, 12:34
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

Só queda un mes para o gran día: IV PINGA PINGA (12 OUTUBRO)

Veña que tendes tempo para preparala, pero non vos durmades nos laureles. Vai ser unha gran tarde. Nos próximos días anunciaremos máis novidades Guiño
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Set 2013, 10:42
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

Abertas as inscripcións de menores (1998 e posteriores) para a IV PINGA PINGA na web: www.pinarium.com.
As inscripcións de maiores abriranse a semana próxima.
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 18 Set 2013, 22:40
Asunto: ABRENSE INSCRIPCIONS PINGA PINGA 2013 (12 Outubro 2013)

Abertas as inscripcions da categoria absoluta para a PINGA PINGA 2013 en www.cronotec.es e para a categoría de menores en www.pinarium.com. Vos esperamos o 12 de Outubro na IV Edición da PINGA-PINGA.
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Set 2013, 14:57
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

Bueno, pois este ano -por fin!!- parece que vamos a comprobar in situ si todo o bo que falan desta carreira é verdade!!! Mr. Green Mr. Green
Un feixe de corredores do Virxe da Guía imos estar o 12 de Outubro por terras de Santo Tomé de Piñeiro, tal como habíamos quedado con Diego, cando se convirteu no primeiro gañador do Cross-Trail de San Roque (Carreira-Santa Uxía de Ribeira), fai xa case un ano.
Vémonos!!!
PINGA-PINGA

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/08/11
299 Carreiras
245 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 19 Set 2013, 15:12
Asunto: Re: IV CARREIRA PINGA PINGA (12 Outubro 2013)

URKO escribió:
Bueno, pois este ano -por fin!!- parece que vamos a comprobar in situ si todo o bo que falan desta carreira é verdade!!! Mr. Green Mr. Green
Un feixe de corredores do Virxe da Guía imos estar o 12 de Outubro por terras de Santo Tomé de Piñeiro, tal como habíamos quedado con Diego, cando se convirteu no primeiro gañador do Cross-Trail de San Roque (Carreira-Santa Uxía de Ribeira), fai xa case un ano.
Vémonos!!!

Unha gran nova Urko!!! Aplauso Aplauso Aplauso

Contavos con vós. Non vos arrepentiredes e ainda quedan algunhas sorpresas desta edición como "colofón". Nos próximos días novidades Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos