Foros ›
IIª ANDAINA DA CHUVIA
Forum Index / Andainas
Reply to topic

Author
Message
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
861 Posts

Reply with quote Post Thu, 21 Mar 2013, 13:37
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

A tod@s @s anotad@s á Andaina da Chuvia, imos modificar o punto de partida, que vai ser igual da zona de Abesadas, pero non do parque como estaba previsto, senon do bar A PONTELLA -antiguo EL TIRI- (está na Rua Xosé Ramón Fernandez a uns 30 mts. do punto establecido inicialmente).

A recollida dos carnets de ruta poderase facer a partir das 9 da mañán (a saída da andaina é ás 10), e como hora límite ata as 9.50 h.

O motivo do cambio é que así pódese agardar a hora de saida en sitio quente e tomándolle algo quente que a xornada promete.
abraham

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
18/05/12
0 Carreiras
167 Posts

Reply with quote Post Sun, 24 Mar 2013, 17:08
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

Gracias por la andaina,gracias a Edu e a Manolo por maravillosa mañana de marzo.... Aplauso Aplauso Aplauso
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Posts
Castiñeiras
Reply with quote Post Sun, 24 Mar 2013, 21:15
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

Unha vez máis, todo perfecto, boa organización, bó percorrido, boa sinalización, gran avituallamento final, como sempre de 10 para Arousa Natureza e Ocio. Aplauso Aplauso Aplauso
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
861 Posts

Reply with quote Post Sun, 24 Mar 2013, 22:35
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

Edu e Manolo son as caras visibles, pero non te esquezas de Pachicho (avituallamento do Dolmen) nin de Sil (avituallamento final) ou de Israel que veu pechando a carreira todo o camiño.

Alégrome que vos gustara o percorrido e -polo menos- as boas intencións que se lle poñen.

Xa tendes fotos no flickr de Arousa: www.flickr.com/photos/arousacom/

Mañán con máis calma habilitaremos un enlace directo dende a nosa web.

E pola parte que nos toca felicitar ós participantes que con deportividade, bo humor, esforzo, e mais de un paraugas non dubidaron en embarrarse ata os tobillos para -esperamos- disfrutar da andaina.

Como parte negativa destacar certo tipo de persoas que menospreciando ós demais participantes, despreciando á organización, e chuleandose dunha conducta máis que reprobable. E que cando se lle reprocha ainda teñen máis que dicir. Parece mentira que esa xente organice outras andainas e teña esa actitud con outros que nos consideramos "compañeiros". Alá eles e a súa dignidade, conciencia, e mal obrar.

Hai que ser moi "..." (aquí deixo que cada quén poña o calificativo que queira logo de ler o seguinte), para presentarse no punto de partida da andaina unha hora antes da saida e facer o percorrido aproveitándose que está marcado e que a organización ten todo disposto para aqueles que entenden que para disfrutar dunha ruta organizada hai xente detrás montandoa.

En fin... xa mandarán logo 15 emails recordándonos que eles organizan unha andaina, ou dúas.
castiñeiras

Montañés
Montañés
14/11/05
0 Carreiras
829 Posts
Castiñeiras
Reply with quote Post Tue, 26 Mar 2013, 14:45
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

Actúan como as hienas; van en grupo, aproveitanse do traballo dos demais e vanaglorianse delo.
Estes en concreto non é a primeira que fan, son coñecidos por varias organizacións de probas de sendeirismo pola súa facilidade para facer amigos facendo gala da súa prepotencia, mala educación e total falta de deportividade, o peor é que se teñen por la creme de la creme.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
861 Posts

Reply with quote Post Tue, 26 Mar 2013, 17:08
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

Non todos son iguais, ainda que vaian en grupo, hai UN que chamou para desculparse e lle foron aceptadas as desculpas, o que o honra ainda máis tendo en conta que os demais non o fixeron.

Está claro que ata no inferno podes atopar unha gota de auga.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Posts
Rianxiño
Reply with quote Post Thu, 28 Mar 2013, 21:07
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

Dende a organizacion podedes aceptar as desculpas, cousa que vos honra.

Eu como participante: que me inscribin en tempo e forma e que paguei (como é lóxico) a miña cuota de inscripcion, non acepto as desculpas de esquiroles.

Para min era moi facil, non inscribirme e aparecer 30 minutos antes da saida e aproveitarme da infraestructura da proba (que por certo sen participantes non haberia proba) para realizar un bo adestramento.
Ao mellor o fago para o ano, obviamente coas pertinentes desculpas ao rematar a proba para non ferir a ninguen.

Por favor, un pouco de seriedade. Penso que esta xente non leva dous dias nesto, son xente cun amplio curriculum. Non son ninguns domingueiros.
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Posts
Rianxiño
Reply with quote Post Thu, 28 Mar 2013, 21:08
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

Por certo a proba increible: percorrido, organizacion... Noraboa a Arousa.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
861 Posts

Reply with quote Post Mon, 01 Apr 2013, 17:25
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

anxinho escribió:
Dende a organizacion podedes aceptar as desculpas, cousa que vos honra.

Eu como participante: que me inscribin en tempo e forma e que paguei (como é lóxico) a miña cuota de inscripcion, non acepto as desculpas de esquiroles.

Para min era moi facil, non inscribirme e aparecer 30 minutos antes da saida e aproveitarme da infraestructura da proba (que por certo sen participantes non haberia proba) para realizar un bo adestramento.
Ao mellor o fago para o ano, obviamente coas pertinentes desculpas ao rematar a proba para non ferir a ninguen.

Por favor, un pouco de seriedade. Penso que esta xente non leva dous dias nesto, son xente cun amplio curriculum. Non son ninguns domingueiros.

As desculpas foron aceptadas porque ó parecer (e según dixo e non teño porque non creerlle) sumouse ó grupo no último intre, xa que nun principio lle dixeron que iban a outro sitio, e logo ó final tiraron para Ribeira. Supoño que coma en tódolos grupos haberá quen tira do carro e quen se sube a él.
42195

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/12/05
0 Carreiras
287 Posts

Reply with quote Post Wed, 03 Apr 2013, 21:23
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

Sinto ter que ser totalmente crítico coa andaina. Agardei varios días a ver se me "enfriaba" pero non. É a primeira andaina na que teño que apurar porque non deixan nen desfrutar a admirar a paixase, os camiños, o monte, a choiva e a tranquilidade.
Todo o contrario: presas e máis presas. Para iso facede unha proba competitiva. É a primeira vez que me pasa e non é que sexa un camiñante lento nin novato, todo o contrario.
O triste é chegar a un avituallamento e non poder nen desfrutar de un plátano enteiro (daban medio) nin da comida propia (¡¡andando que hai que seguir!!!).
Eso sí, cando cheguei a meta comprendín o motivo destas presas (límité máximo 5horas e media) : debe ser máis bonito estar toda a tarde nun bar a cervexas (pagadas coa nosa cuota) e ruido que desfrutar da tranquilidade dun día no monte.
Incrible, así que nunca máis!
Mira que temos andainas e probas competitivas e non competitivas nesta terra para copiar alomenos algunha cousa boa!
De verdade que, repito, sinto ser crítico porque son dos que sempre apoian as iniciativas pero esta só me merece críticas malas.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
861 Posts

Reply with quote Post Fri, 05 Apr 2013, 15:25
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

Grazas pola crítica. Ainda que sexa mala, que desas tamén se aprende.

No noso descargo dicir, que e absolutamente falso que se "dera medio plátano" senon que había unha bandexa cos plátanos cortados para facilitar a retirada da pel. Non creo que ninguén dos que estaba no avituallamento che impedira coller dous, tres, ou catro "medios plátanos". E con tempo suficiente, porque tíñamos pensado pechar ás 13.30 h. e ás 13.15 h. xa pasara todo o mundo. Si precisabas 15 min. para comer medio plátano máis podías facelo con toda a tranquilidade. Incluso abrindo un pouco a man daríache tempo a pelar unha mandarina e sacarlle o envoltorio a un pasteliño (porque no avituallamento non só había medios plátanos).

Si cando chegaches á meta comprendiches o motivo das presas debiches ler o regulamento antes, porque xa se especificaba que o tempo máximo era ese. Ainda que houbo quen chegou máis tarde, e sempre houbo xente na meta esperando ó último.

As cervexas non se pagaban ca vosa cuota. As cervexas pagábaas cada un do seu peto. Ca vosa cuota pagouse a comida, auga, e zumes. E debeu de dar moito de si, porque sobrou de todo. E bastante.

Para a túa información: houbo incluso algunha rapaza que era a primeira andaina que participaba nunha proba deste tipo e fíxoa no tempo estimado. E segundo nos comentou disfrutaba da paisaxe, da choiva e dos medios plátanos. Ainda que ela coma os outros participantes anotáronse para ir camiñar, non par ir de merenda co mantel e a sombrilla.

Pero xa che digo: crítica aceptada, ainda que veña de parte de alguén que ten algo distorsionada a visión da proba. De todo se aprende. A partir de agora: plátanos enteiros.
Güaja

Foreiro infantil
Foreiro infantil
6/01/12
22 Carreiras
52 Posts

Reply with quote Post Fri, 05 Apr 2013, 16:16
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

Estoy totalmente de acuerdo con Edu, nosotras éramos tres amigas, y una de ellas era la primera vez que participaba en una andaina, llegamos dentro de los límites establecidos y eso que tuvimos que parar varias veces para esperarla. La persona de la organización encargada de cerrar la andaina, nunca nos metió prisa, al contrario,se preocupaba de como se encontraba. De la comida,no creo que haya quejas,porque en el avituallamiento cogías lo que querías y no te ponían tope. y respecto al bar, estaban sirviendo comida continuamente. Eso que nosotras fuimos de las últimas. El recorrido estaba perfectamente señalizado. Los cinco euros de la inscripción estuvieron bien invertidos. Estamos esperando por la siguiente. Aplauso
abraham

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
18/05/12
0 Carreiras
167 Posts

Reply with quote Post Fri, 05 Apr 2013, 21:19
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

Es verdad,a mi sólo me dio tiempo de comer 7 plátanos,4 pastelitos y 5 vasos de zumo,es que iba sin desayunar... Rolling Eyes Rolling Eyes Rolling Eyes
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Posts
Rianxiño
Reply with quote Post Sat, 06 Apr 2013, 21:18
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

Eu penso que 42195 foi un dos que se aproveitaron da organizacion e circuito e realizaron a proba pola sua conta antes de empezar a proba oficial e pensaba que lle tiñan ainda por riba que tiña dereito aos avituallamentos.

Ou iso ou ten unha vision da realidade moi subxectiva e particular.
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Posts
Riveira
Reply with quote Post Mon, 08 Apr 2013, 10:47
Post subject: Re: IIª ANDAINA DA CHUVIA

Eu tamen quero por unha queixa.....que rayos ¡¡¡¡
A muller berroume ao chegar a casa....a ver pa quen fajo eu de comer.....decíame Wink e que pillei unha enchenta aupa ....jalupín que e un Wink
Estou totalmente en contra dos medios plátanos¡¡ eu queros enteiros, e os pasteliños que mos dean sin o envoltorio, e os zumos cun embudo.....dos de cambiar o aceite o coche....que así trajo mais... e a empanada....e o polo....e a ensaladilla...e os rebozados ...e...xa me perdín.....
eso sí...as 2 1906 que lle metín pagueinas na barra
Si non se percibe o sarcasmo....sano, eso sí, poreino con maiúsculas.

42195....un poquito de "por favor" que a estas alturas andamos con chupetes naturales....non de joma Cool





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum