Foros ›
VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.
Forum Index / Andainas
Reply to topic

Author
Message
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13519 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Tue, 12 Feb 2013, 18:00
Post subject: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

Amig@s andareg@s:

O Sabado 13 de Abril,temos a ledicia de presentarvos a 6ª edición da Andaina Bisbarra do SAR.

Coma sempre as TERRAS de IRIA e maís o río SAR, fontes de inspiración de Rosalía Castro, volven a ser os protagonistas do percorrido.

Este ano de novo mudase o percorrido. Consta de 2 aneis e o maís doado de todas as edicións. Co pulo de popularizar ao máximo o evento, poderase recuncar a facelo en B.T.T.

Como ben sabedes non corren tempos doados, pois as axudas cada vez son mais pequenas para organizar este tipo de eventos, pese a elo a organización mantén os prezos de inscrición do ano pasado.

Temos por certo que o esforzo da organización non valería de moito se non contásemos co mais importante: a confianza dos participantes que, ano tras ano ca vosa presenza, axudades a que Andaina Bisbarra do SAR sexa xa unha referencia no calendario das probas de 50 Quilómetros en Galicia.

Para rematar, desexar que disfrutedes o máximo a vosa estancia nestas terras.

Sorte e a polos primeiros Cincuenta da tempada.

Graciñas.
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13519 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Tue, 12 Feb 2013, 18:11
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

1. Características do percorrido.

Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (26+24), que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado.
Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.
Punto encontro: Polideportivo Municipal do Souto (PADRON) de 8:00 a 8:45
A saída será as 9:00 da maña dende a Praza de Macías de Padrón.


2. Como facer a proba.
A organización posibilita facer o percorrido de 3 formas diferentes:

A/ Camiñando: Haberá retencións nos controis. Entre 7:45 e 12:00 horas
* Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro pra “ Copa Galega de Andainas 2013 ”.
(Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 4 probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2013)
* Os/as camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de Km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas.
* Descalificaranse aos que corran ou troten na modalidade camiñando.

B/ Sen retencións: Non serán detidos nos controis. Este ano danse 15 minutos maís. Tempo máximo: 6:30 h.
Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 3:30 houras no Km: 26: De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse a modalidade camiñando, ou abandonar.

C/ Mountain bike (BTT) Non haberá retencións. Este ano danse 30 minutos maís. Tempo máximo: 5:00 h.

* No modo “sen retencións” e “BTT” haberá un tope de 150 prazas (75+75), sendo as 350 restantes para os inscritos en “camiñando”.
* A organización, en caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.
* Os/as que completen a proba nas modalidades de “Sen retencións” e “BTT” no tempo establecido, daránselle un diploma de participación co tempo empregado.
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13519 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Tue, 12 Feb 2013, 18:14
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

3. Inscricións.-
Onde:
Cubrindo os campos das fichas na web: www.andainabisbarradosar.com.
Como:
Ingreso (efectivo ou transferencia) na conta da LA CAIXA (Padrón):
ASOC. COLECTIVO REMONTE: 2100 2820 31 0200092790

De obriga:
Enviar xustificante do ingreso a:
FAX- 981.811.782 ou e-mail. bisbarradosar @ gmail.com

Prezos:
Prazos *
3 Xaneiro ao 3 Marzo
Non federados: 13 €
Federados Montaña: 10 €

4 Marzo ao 11 Abril
16 €

Ata esgotar o total de prazas dispostas pola organización

4. Participantes.
* Terán que recoller os dorsais entre as 8:00 e as 8:45. A saída será as 9:00
* Como os primeiros 500 metros non teñen fitas, aqueles que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba completa.
* Aqueles que so queiran facer o 2 anel deberán recoller o dorsais entre as 13:30 e as 13:45. A saída será as 14:00.
* Aconsellase levar unha pequena mochila con útiles, como: chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, … e calzado que suxeite ben o pe.
* Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.
* Aos participantes en BTT darase na entrega do dorsal unha bolsa co avituallamento.
* É de obriga entregar o dorsal ao remate do percorrido, para poder participar no sorteo de agasallos. No percorrido, levarase posto en lugar visíbel.
* Os que abandonen por vontade propia, terán que entregar o dorsal e avisar no control mais preto ao persoal da organización.
* Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.
* Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances, nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
* Tódolos participantes polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13519 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Tue, 12 Feb 2013, 18:15
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

5. A organización.
* Para o bo control da marcha establecerase un máximo de 500 participantes. A saída será ás 9:00 da maña.
* Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
* Os menores de 14 anos terán a obriga de ir acompañados por adultos.
* Os organizadores, resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes, que entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, ou ben que excedan os tempos máximos estipulados.
* Así mesmo, poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenrolo da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.
* O listado oficial farase a medida que os reinscritos vaian facendo o correspondente ingreso. Ata finais de Febreiro actualizaranse cada 15 días, logo cada 7.
* Salvo urxencia, os organizadores recollerán os participantes que abandonen nos puntos de avituallamento e controis. No caso dos participantes na modalidade de BTT, so en situación de accidente, recolleranse as bicicletas nos puntos anteriores (sempre despois de que pasen os membros da organización que actúen como escobas e xa foran evacuados tódolos participantes)
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13519 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Wed, 13 Feb 2013, 14:50
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

MOI IMPORTANTE

1º/ Quen faga o ingreso deve especificar o nome ou nomes dos participantes. Confirmado o pago, o inscrito/a aparecera no listado oficial.
2º/ Aos federados poderase-lle solicitar a presentación da licencia en vigor na recollida do dorsal.
3º/ Caso de non recibir o pago nun máximo de 7 días dende a pre-inscrición, a solicitude será cancelada.
4º/ O importe da inscrición non será reembolsable en ningún caso. Non se aceptan pagos o día da proba.
5º/ O feito de fazer a inscrición conleva acatar toda-las condicions expostas póla organización.
Corneira

Montañés
Montañés
20/10/10
0 Carreiras
291 Posts

Reply with quote Post Wed, 13 Feb 2013, 15:20
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

Tiñalle ganas a esta proba, e viña ven como preparacion do ultra. Pero se o ano pasado caiu o dia aterior o Xalo,este e o aterior a Galiñeiro.
Aver se para o ano.
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13519 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Wed, 13 Feb 2013, 16:00
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

Corneira escribió:
Tiñalle ganas a esta proba, e viña ven como preparacion do ultra. Pero se o ano pasado caiu o dia aterior o Xalo,este e o aterior a Galiñeiro.
Aver se para o ano.

Vaia por Deus,témola nejra contigo!!! Muro
Pero é unha mágoa que te perdas a VI Andaina Bisbarra do Sar,pois é unha proba 5 estrellas na guia Michelin. Very Happy
rande

Montañés
Montañés
18/07/09
0 Carreiras
134 Posts
redondela
Reply with quote Post Wed, 13 Feb 2013, 18:15
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

BOAS LESTROVE DIS QUE ESTA E MAIS SUAVE CA DO ANO PASADO POIS ESA FOI ESPECTACULAR EN PAISAJE E RECORRIDO, PERO IMOS DISFRUTAR IGUALMENTE , E ESPERAMOS VERTE ESTE ANO POR FIN, UN SALUDIÑO E APUNTARSE E UNHA ESPERIENCIA INOLVIDABLE .
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13519 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Wed, 13 Feb 2013, 18:38
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

rande escribió:
BOAS LESTROVE DIS QUE ESTA E MAIS SUAVE CA DO ANO PASADO POIS ESA FOI ESPECTACULAR EN PAISAJE E RECORRIDO, PERO IMOS DISFRUTAR IGUALMENTE , E ESPERAMOS VERTE ESTE ANO POR FIN, UN SALUDIÑO E APUNTARSE E UNHA ESPERIENCIA INOLVIDABLE .

rande,ti nunca fallas carallo!!!.Eres dos fijos ano tras ano.Mereces un diploma especial a constancia. Aplauso
E xa que me botades tanto de menos,Lestrove este ano comprométese a estar a carón voso. Smile
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13519 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Wed, 20 Feb 2013, 11:41
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

19 inscritos de momento.A cousa vai lenta pero segura. Wink
Vamos andaregos,corredores,montañeros,non faltedes a esta magnífica e excelente VI Andaina Bisbarra do Sar!!!. Aplauso
E recomendable por 9 de cada 10 entendidos na materia. Very Happy
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13519 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Sat, 23 Feb 2013, 11:20
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

Xa temos os 60 primeiros inscritos....Bieeeen!! Very Happy

andainabisbarradosar.b...ritos.html
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13519 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Fri, 08 Mar 2013, 2:12
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

Vamos,vamos,non deixar a inscrición para última hora. Smile
De momento o ritmo de camiñantes vai vento en popa. Razz
rande

Montañés
Montañés
18/07/09
0 Carreiras
134 Posts
redondela
Reply with quote Post Fri, 08 Mar 2013, 9:47
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

Eu levo 18 amigos inscritos, algun xa foi o ano pasado e o pasaron en grande ,animadevos. Un saludiño.
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13519 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Fri, 08 Mar 2013, 11:15
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

rande escribió:
Eu levo 18 amigos inscritos, algun xa foi o ano pasado e o pasaron en grande ,animadevos. Un saludiño.

Gracias amigo rande Aplauso
lestrove

Experto no foro
Experto no foro
4/05/06
1224 Carreiras
13519 Posts
Lestrove
Reply with quote Post Tue, 12 Mar 2013, 1:56
Post subject: Re: VI Andaina Bisbarra do Sar.Concellos de Padrón e Rois.

180 inscritos...bien!!! Aplauso
Vamos que non vos pesará participar nesta Andaina.Os que xa nela participaron,falan maravillas dela. Very Happy





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum