Foros ›
Participación de Nordic Walkers nas carreiras populares
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
XelaBlan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/09/05
0 Carreiras
278 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Sun, 09 Sep 2012, 21:56
Post subject: Participación de Nordic Walkers nas carreiras populares

Hola a todos: Xa que a miña cadeira non me vai permitir correr, se quero aliviar dores e tentar evitar a implantación dunha prótese, empecei a probar o Nordic Walking. A verdade e que me está gustando bastante, O esforzo é mais leve que correr pero fas traballar máis o tronco e os brazos. Mantén a columna nunha boa postura e descarga as articulacións. E necesario un mínimo aprendizaxe da técnica, similar ó uso dos bastóns por parte dos esquiadores de fondo. Nas subidas nótase moitísimo a "axuda extra" que che dan ó impulsar cos brazos, co que subes moi rápido, e nas baixadas estabilizan moito. No chan permiten manter unha boa cadencia con fluidez. Hai que usar uns bastóns especiais, non valen os de senderismo ou trekking, sobre todo por ser diferente a empuñadura e ter unhas correas -chámanse dragoneiras- que permiten que cando abres a man, despois de impulsar e iniciar o adiantamento do brazo, non te impida, cando o brazo xa esté en posición de facer contacto co chan de novo, amarralo de novo. En realidade a forza faina a man coa dragoneira sen apretar demasiado a empuñadura. Non sei si me estou explicando ben. Supoñamos que imos camiñando por unha "calle" delimitada por cordas. Aproveitamos o agarre e tirar de esas cordas para avanzar máis. Cando xa tiraches cunha man da corda, sóltala para collela un puco máis adiante, mentras tiras coa outra man da corda do outro lado. Así imos avanzando maís rapido que si non usáramos os brazos. E lóxico, ¿non?
E un exercicio ou deporte que pode practicar xente en moi boa forma ou xente con problemas de saude, cada un á sua intensidade. Bo para evitar lesións ou recuperarse de elas, despois de operacións, coma rehabilitación, etc.
Pois en outros paises están xa permitindo á xente practicante desta modalidade partipar en carreiras, desde 10 kilómetros hasta maratóns, con clasificacións independentes, incluso. Sería bó que algúns organizadores de carreiras da nosa comunidade se abriran a novos practicantes, como camiñantes, marchadores, nordic walkers, ou marchadores nórdicos, etc. Nin sequera se solen ver practicantes en cadeiras de rodas, pode que porque non os haxa en Galicia, ó estilo das grandes carreiras mundiais, como as maratóns de Londres, Berlín, Boston, Nueva York, etc.
Sei que algúns podrán decir que para iso xa hai unha liga galega de andainas, pero o Nordic Walking é outra cousa distinta, que se fai en escenarios similares os da carreira a pé, asfalto ou camiños de terra, e con similares distancias, non en trazados como os de trekking ou trail running, moito máis abruptos. Ademáis, no caso de problemas de articulñacións, son aconsellables os terrenos lisos e sin moitos desniveis.
Bueno, gostaríame saber as vosas opinións. Saudos.
Alex

Alex
uri

Maratoniano
Maratoniano
16/03/07
0 Carreiras
432 Posts
Santiago
Reply with quote Post Mon, 10 Sep 2012, 9:17
Post subject: Re: Participación de Nordic Walkers nas carreiras populares

Por qué no. Siempre que sea posible dentro de las condiciones de la organización, en cuanto a tiempo empleado, lugar de salida acondicionado,...
helsinki

Maratoniano
Maratoniano
4/04/08
680 Carreiras
264 Posts
o barco
Reply with quote Post Mon, 10 Sep 2012, 11:01
Post subject: Re: Participación de Nordic Walkers nas carreiras populares

Es cierto que en Europa, es común ver a los "nordic" dándolo todo por los parques e incluso participando en maratones y carreras populares, siendo uno de los deportes con mayor proyección para el futuro próximo para la población general. En España vamos todavía con mucho retraso, pero yo estaría a favor de su generalización, convencido de sus efectos beneficioso para la salud y como "refugio" para los atletas a los que la artrosis y la edad nos va pasando ya factura para segir corriendo por el mundo adelante. Aplauso
XelaBlan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/09/05
0 Carreiras
278 Posts
Santiago de Compostela
Reply with quote Post Tue, 11 Sep 2012, 9:47
Post subject: Re: Participación de Nordic Walkers nas carreiras populares

Dende logo, para min sería un estímulo e unha satisfacción poder seguir desfrutando do ambiente das carreiras populares. En canto ó tempo invertido, supoño que un "nordic walker" en boa forma podería entrar antes que bastantes corredores do último pelotón, co que non sería inconvinte para a organización. Máis ainda, creo que moitos dos participantes máis lentos nas carreiras populares, incluido eu mesmo polas limitacións de movilidade da artrose de cadeira, poderían ir incluso máis rápido facendo Nordic Walking que correndo. O outro día comentaba esto co meu entrenador de toda a vida, máis tamén amigo, Mariano García Verdugo, e él estaba totalmente de acordo con esa afirmación. En USA aumentaron os tempos de control para permitir as participación dos camiñantes, ou Marathon walkers, e no Portland Marathon fan un oficioso Campeonato do Mundo de Nordic Walking Marathon, no que gañóu Philip Dunn, antigo olímpico nos 50 kilómetros marcha. A Asociación Europea de Atletismo fixo fai un par de anos un congreso europeo sobre atletismo saudable ou algo así, e dicir, unha aplicación do atletismo para a práctica con fins de saude e recreativo para a poboación en xeral e entre as propostas estaba, ademáis das carreiras populares, a marcha atlética popular, sin tanta esixencia técnica como a competitiva, e máis o Nordic Walking.

Alex





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum