Wed, 21 Mar 2012, 23:08
Post subject: Re: carrera de pascua de padron 2012
Hola.
Os pego aquí el reglamento de esta carrera. En breve se colgara en el foro . Animaros a participar!!:
XXXIII CARREIRA POPULAR PASCUA PADRÓN 2012
A Concellería de Deportes de Padrón organiza o sábado 7 de abril de 2012 a partir das 10:45 horas, a XXXIII edición da súa Carreira de Pascua que se disputará na proba absoluta sobre unha distancia de 13,3 km. As probas levaranse a cabo na localidade de Padrón e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) . As probas estarán suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo, Delegación en Santiago de Compostela.
2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PITUFOS: atletas nados no 2008 e posteriores
PREBENXAMIN: atletas nados nos anos 2005, 2006 e 2007
BENXAMIN: atletas nados nos anos 2004 e 2003
ALEVIN: atletas nados nos anos 2002 e 2001
INFANTIL: atletas nados nos anos 2000 e 1999
CADETE: atletas nados nos anos 1998 e 1997
XUVENIL: atletas nados entre 1996 e 1995
JUNIOR/PROMESA/SENIOR: atletas nados en 1994 e ata veteráns
VETERÁN A MASCULINO: atletas nados entre 1977 e 1967
VETERANA A FEMENINO: atletas nadas entre 1977 e 1967
VETERÁN B MASCULINO: atletas nados entre 1966 e 1957
VETERANA B FEMENINO: atletas nadas en 1966 e anteriores
VETERÁN C MASCULINO: atletas nados en 1956 e anteriores
3. DISTANCIAS E HORARIOS:
A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ SITUADA NA PRAZA DE MACÍAS na localidade de Padrón. Os horarios das probas e distancias resúmense no seguinte cadro:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:45 h PITUFOS 200 m aprox.
11:00 h PREBENXAMÍN 500 m aprox.
11:07 h BENXAMÍN 500 m aprox.
11:15 h ALEVIN – INFANTIL 2000 m aprox.
11:30 h CADETE – XUVENIL 4000 m aprox.
12:00 h JUNIOR / PROMESA / SENIOR e VETERÁN 13,3 km aprox.
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS (PRAZA DE MACÍAS)
O percorrido da proba absoluta estará indicado, controlado e sinalizado cada kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.
4. INSCRICIÓNS
ADULTOS: ata o xoves 5 de abril ás 14:00 horas na web
www.championchipnorte.com (forma única de inscrición). Se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que desexes.
PROBAS ESCOLARES (ata xuvenil): ata o xoves 5 de abril ás 14:00 horas na dirección de correo deportespadron @ yahoo.es ou no teléfono 627 008 584 en horario de 10 a 14 horas indicando os datos requeridos a continuación (o xoves 5 de abril non se atenderán inscrición telefónicas).
Non se aceptarán inscricións fora do prazo establecido, con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios, os cales serán: nome e apelidos, data de nacemento, teléfono e correo electrónico de contacto (se o ten), localidade de procedencia, provincia, colexio ou clube co que participa e número de licencia federativa ou seguro escolar (se a/o ten).
> O PREZO da inscrición (a proba absoluta estará controlada a través dun CHIP) será o seguinte:
CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
PROPIETARIOS CHIP AMARELO CHAMPIONCHIP: 2,00 €
CORREDORES SEN CHIP AMARELO CHAMPIONCHIP: 3,00 €
A pre-inscricion non se completará se non se fai o pago no momento de inscribirse na web
www.championchipnorte.com. Calqueira dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 982 816 884. Calqueira dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse ó teléfono 627 008 584 en horario de 10 a 14 horas.
5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba nunha carpa situada no PASEO DO ESPOLÓN a partir das 10.00 horas e ata media hora antes do inicio de cada proba.
CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SUA PROBA (agás propietarios de chip amarelo). AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.
DESCALIFICACIÓNS: Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será descalificado a criterio do Xuiz Árbitro da Competición.
TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
6. TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS
Medallas e Agasallos según disponibilidade e ata fin de existencias
PROBAS ESCOLARES:
Trofeos aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría establecida por idade e sexo.
PROBA ABSOLUTA
Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
TROFEO ESPECIAL DE PASCUA aos 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta + agasallo doado por Naútica A Poutada.
OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS (agás os dos corredores/as locais)
PREMIOS ESPECIAIS
Trofeo ao 1º/1ª corredor/a local.
TROFEO PARTICIPACIÓN o colexio/clube con máis corredores inscritos que logren finalizar as probas.
Trofeo benxamín o corredor/a de menor idade que logre finalizar a proba.
Trofeo Superveterán o corredor de maior idade que logre finalizar a proba.
Trofeo Superveterana à corredora de maior idade que logre finalizar a proba.
OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS (agás os dos corredores/as locais)
ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase ó finalizar a derradeira proba (13:15 h aprox.) na Praza de Macías. Poderase solicitar o DNI se a organización o estima oportuno para a recollida dos premios.
En caso de mal tempo a entrega de premios realizarase no pavillón polideportivo do GRUPO ESCOLAR (Pavillón novo) informando deste feito con antelación.
TODOS OS ATLETAS SERÁN CONVIDADOS A CHOCOLATE
E CHURROS O FINALIZAR AS PROBAS
A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
Haberá Servicio de Duchas nos Polideportivos do Souto (só para homes) e do Grupo Escolar (para homes e mulleres). O horario de apertura de ambos será de 11:00 h a 14:00 h.
Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:
www.championchipnorte.com
www.atletismogalego.org
www.fgatletismo.es/santiago/
www.correrengalicia.org
El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).