Lun, 12 Xan 2009, 23:57
Asunto: Canicross en.....Boborás
Resulta que eu estaba apuntado na web na cross de Boborás, e o ver que hai a posibilidade de correr co can , chamei para decir que pretendo participar na modalidade de canicross.
Todo deporte que poda facer xunto co meu Todd, resultame mais gratificante.
Aparte de correr , tamén practicamos agility en Santiago e pastoreo con vacas cachenas en Boimorto a diario.
Según parece imos correr todos xuntos, pero os que imos co can saindo dende mais atrás.
As veces que participei co can: Boimorto e Lalín, a saída non era común, pero esta de Boborás si.
Nas que participei quedei sempre de último, polo que para coller fondo para a liga galega de canicross, acudín as pedestres de Santiago, Negreira, Mesoiro,Valga,Boiro, O Condado,etc, quedando sempre mais ou menos na metade, facendo tempos de 4:30.
Carreiras co can hai unhas sete ou oito en Galicia nada mais, e tamen sete ou oito os tolos que corren "enjanchados no can".
O día 1 de febreiro será en Rodeiro o campeonato galego de canicross, nun circuito de 15 km por pistas, e se prevee a participación dos mellores competidores nacionais, pois a proba e valedeira para o campeonato de España.
O motivo da miña mensaxe e de decirlle os demais atletas que non teñan medo de correr xunto dos cans, que ademais de ser poucos, están adestrados.
¿Vai ún mais veloz co can que sen él ?
Pois é posible que si, pero non polo que tira, que no meu caso non o noto, senon polo "efecto lebre", que che fai ir o máximo.
Eu poñerei empeño en facer boa marca, ainda que no caso do cross os tempos son superiores que no asfalto.
Vémonos logo en Boborás, correlegas, e se queredes saber mais acerca do canicross en Galicia:
www.acade.blogia.com