Foros ›
1ª Carreira ILEGAL d@s Amigo@s de Castrelos - Vigo
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
toijodio

Foreiro infantil
Foreiro infantil
28/12/05
0 Carreiras
125 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 04 Xan 2009, 15:09
Asunto: 1ª Carreira ILEGAL d@s Amigo@s de Castrelos - Vigo

Da idea de un dos compoñentes do noso clube (Clube Atletismo Vigo), preséntovos neste foro, a que denominamos 1ª Carreira ILEGAL d@s amig@s de Castrelos, o vindeiro Domingo 18 de Xaneiro.
A idea, é de pasar un rato xunt@s despois das festas, e xuntarnos nunha pequena pachanga, que só servirá pra que cada un tome os seus tempos, e logo tomar xunt@s, ó que a cada quen lles sobre deste pasado Nadal, ou sexa, que cada un traia unha botelliña de sidra, ou algun turron que sobrou etc., para facer un "piscolavis" de despedida do Nadal 2008.
O día 18 de Xaneiro (Domingo), tod@s aquel@s que queiran participar, nos concentraremos sobre as 9 da mañan en Castrelos, na ponte donde normalmente se fan os estiramentos, pra sair sobre as 9,30 quentando ata San Andres de Comesaña, no paseo do Lagares (Donde están os Coellos).
Dependendo do Nº que sexamos, se fará unha ou varias tandas (por edades) e se pretende facer entre 8 ou 10 Kms.
Todo depende un pouco da aceptación da idea.
Vos contarei máis en días sucesivos, e pretendemos facer un pequeno Cartel caseiro que tratarei de metelo no foro.
Esperamo-la vosa opinion, e por suposto a vosa participación.
Ahhhhh, sin xuices nin controles, etc.

Unha aperta.
Herniado

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/12/07
0 Carreiras
313 Mensaxes
coia,vicus spacorum
Respostar citando Envío Dom, 04 Xan 2009, 19:23
Asunto: Re: 1ª Carreira ILEGAL d@s Amigo@s de Castrelos - Vigo

Ostias que boa tú, pois segue informando segue que pode ser divertido!!

pra pescar o rodaballo, hai que molla-lo carallo!!

celtaatletismo.es/blog/
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 04 Xan 2009, 20:43
Asunto: Re: 1ª Carreira ILEGAL d@s Amigo@s de Castrelos - Vigo

Paréceme unha boa idea para estes "tempos de seca de competicións". O único pero que lle poño é que é o domingo anterior a Meia maratona de Viana e eu tiña pensado un rodaxe de entre 15 e 20 Km suaves. Ao millor, tendo en conta que pode que sexamos varios o que nos imos desprazar a Portugal, podíamos facer un grupo que fixera unha distancia longa.
Mincha

Maratoniano
Maratoniano
23/11/08
0 Carreiras
2137 Mensaxes
Salvaterra de Miño
Respostar citando Envío Dom, 04 Xan 2009, 22:50
Asunto: Re: 1ª Carreira ILEGAL d@s Amigo@s de Castrelos - Vigo

Véxote moi centrado Beauvais para Viana. Se queres lle damos dúas voltas o circuito e xa tes un largo.
Moi feliz

Eu creo que poderei acercarme ata Vigo para correr con vós novamente.

Os do Clube Atletismo Vigo estas que vos saides organizando carreiras. Satisfecho Satisfecho
toijodio

Foreiro infantil
Foreiro infantil
28/12/05
0 Carreiras
125 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 04 Xan 2009, 23:17
Asunto: Re: 1ª Carreira ILEGAL d@s Amigo@s de Castrelos - Vigo

Mincha, isto non é unha carreira, somentes unha xuntanza de amig@s pra pasalo ben, que estamos eiqui 4 días.
Por certo, se me esquenceu ó principio. Cada quen terá que escribir no seu dorsal (imos utiliza-los Nºs que nos sobraron da San Silvestre) o seu nome i edade, pra entregalos ó remate de cada proba, e ( si se pode) facer un pequeno simulacro de clasificación (só sirve pea cada quen, que quede claro)
O importante é facer exercicio pra ir fodenfo ó Colesterol.
banderas

Maratoniano
Maratoniano
13/09/06
117 Carreiras
3316 Mensaxes
Abrir Vigo ó mar ;-)
Respostar citando Envío Lun, 05 Xan 2009, 3:13
Asunto: Re: 1ª Carreira ILEGAL d@s Amigo@s de Castrelos - Vigo

Pois si para entón xa teño ben o meu pé dereito contade comigo (e supoño que con boa parte do CARMA) para facer cando menos o percorrido curto... que non estou precisamente entrenado últimamente.

¡Ah! que me esquecía... estou subindo as fotos da San Silvestre aquí.
Mincha

Maratoniano
Maratoniano
23/11/08
0 Carreiras
2137 Mensaxes
Salvaterra de Miño
Respostar citando Envío Lun, 05 Xan 2009, 14:32
Asunto: Re: 1ª Carreira ILEGAL d@s Amigo@s de Castrelos - Vigo

Eu son o primeiro que me apunto a non competir, que chégame dabondo.
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 13 Xan 2009, 22:29
Asunto: Re: 1ª Carreira ILEGAL d@s Amigo@s de Castrelos - Vigo

Ola a todos! Parece que a idea está un pouco parada. Por se sigue adiante comentarvos que outra vez será porque ao final vou facer rodaxe en Boborás.

Un saúdo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos