Lun, 02 Xuñ 2008, 22:36
Asunto: Re: I Ultra Trail Geira Romana / Via Nova
Vou facer a crónica e creo que se me vai ir das maos, mal empezamos con esta idea…
Bon, o primeiro da-la noraboa a todos os que participáchedes, é incrible, e se a acabas xa é de máis...
O sábado saio de Ourense ás 8 PM e a viaxe perfecta ata a fronteira, a Portela do Homem... porque despois, ao chegar a un desvío que puña Campo de Gerês 6 km, comezaron os meus problemas...
Resultou ser unha pista en bastante mal estado que me fixo facer ese traxecto en ¾ de hora, cando ata ahí só levaba 1 hora e pouco. O peor era que tiña pensado voltar por ese camiño (non coñecía outro) para durmir en Riocaldo (moi cerca da chegada... a familia da miña nai é desta zona) e claro, para voltar sería de noite, e pensar en ir co meu pobre saxito pola pista esa outra vez sen ver ben os baches...
Mal que ben, cheguei a Campo de Gerês á hora da cea, a eso das 10, as 9 en Portugal, ceo no Camping, pregunto se teñen sítio para durmir sen tenda, e merda, non quedan... Xa é noite...
Marcho a buscar o sítio da presentación e cando o encontro xa estaban rematando, entendín algo sobre o aparato co que nos ían tomar os tempos nos puntos de control e pouco máis... non vexo a ninguén do foro, non era que coñecera a moitos o día antes pero só que fora por fotos debería recoñecer algún... Collo o dorsal e o utensilio ese controlador e marcho, xa son as 12 h españolas...
Qué carallo fago? Busco máis sitios pa durmir ou marcho???? Qué fagooooo?
O de agora non llo contei a ninguén, ainda me da vergoña agora...
Vamos que decidín durmir no coche, total para o que quedaba...
Fatal, apenas durmín, buf, que noite!, adiante atrás sentao doblao, calor co saco, frío fora, vaia animaliño que son... e que pequeno é o saxito...
Xa pola mañá, e vou tentar resumir que estosemevadelasmanos, e sen almorzar, fago os preparativos, mallas, camiseta, vaselina e protector solar, e para levar barritas e bidón na riñonera. Todo esto comodísimo dentro do coche, telojuro. Alamierda ,estaba desexando largar dalí...
Monto no autobus, unha cara conocida QUÉ ALEGRÍA, Barrachina, que me empeza a presentar, moito gusto Lentoperoseguro (igual me lío cos nicks...). Entra Easywind e me presento, encantao e aínda que non nos vimos nos 45 alégrome dese rato xuntos...
Tardamos 1 hora en chegar á saída, qué emoción...
Na saída coñezo a Castinheiras, non sei que tal estará ese que deixou a perna nun barrizal, jejejeje... Tamén a Barbanzón, Vouamodo, Gallego... non sei se acerto ben...
Ala, que xa se da a saída, saúdo romano e parriba, todo parriba, collo un ritmo e vexo que se van alonxando algúns recén coñecidos... e dubido... Queda moito e teño pouco entrenamento, déixome caer para atrás e cóllenme Marola e Barrachina. Boa decisión, a primeira que daba a dereitas...
Imos collendo un ritmo bon, eu non contaba con correr tanto, o ano pasado en Penedos non corrín tanto nin moito menos:
Penedos
• Caminar 12,68 km
• Trotar 11,98 km
• Correr 15,56 km
Geira
• Caminar 3,46 km
• Trotar 23,36 km
• Correr 19,68 km
Coñezo ao pouco ao outro compañeiro de Geira, Pepe, era un mal compañeiro de viaxe, facía a goma e esprintaba ao final fijo jejejeje.
Nestas iamos disfrutando das preciosísimas vistas cando Barrachina empeza a ter problemas. Fazemos un grupo de 7 con 4 portugueses que tamén se vai desfacendo pouco a pouco.
Iamos correndo ben cando de repente aparece un barranco tremendo aos nosos pés... pero é por aquí???? Estes romanos están tolos. Case de cabeza nos lanzamos ao abismo e alaaaaa, veña kms.
Despegámonos un pouco Marola i eu antes de chegar a Campo de Gerês, o xusto para ver un tremendo rebaño de cabras (e cabrós) que non nos deixa pasar, menos mal que o pastor déunos paso, mirándonos con cara de están loucos estes rapazes... entrada triunfal no Museu da Geira, é o que ten entrar con Marola, e habituallamiento sólido importante.
Eu como non almorzara estaba algo acojonao cos sólidos a inxerir e fun picoteando todo o camiño.
Chega Pepe e formamos o terceto definitivo, algún hachazo de Marola, pero non a deixamos marchar soa, jejeje.
Saímos de Campo para o encoro de Vilarinho da Furnas, preciosísima presa de montaña, e ao subirmos á pista empezan os meus problemas musculares, Pepe di de estirar e me apunto rápidamente, Marola vai como unha rosa. Estiro gemelos, intento cuádriceps e latigazo de isquios, primeiro sempre os isquios dirame Pepe despois...Por aquí cruzámonos cos andarines...
Seguimos, eu xa co medo do corpo aos calambres... e trotamos o que podemos con cambios andando cando se puña feia a cousa, Marola sobrada...
Metémonos para o camiño e descubro que dándolle con auga fría ás pernas, éstas parecían mellorar... Estamos na mata da Albergaría...
Subimos cara a Portela do Homen dignamente, cando nos atopamos coa corda... mi madriña... era o momento de meter as pernas enteiras no rio Homem, aí melloraron bastante os calambres... A corda era para badear o río, pa meterse unha boa ost...
Chegamos á Portela do Homem sabendo que só restaba baixar e chegar, sei que o tramo non é para correr moito pero polo menos é pabaixo.
Da igual, fáise máis duro, imos trotando pero empezo a dar grititos tipo Nadal cada vez que piso mal, e non me queda o tobillo nunha destas de milagro...
Volto meter as pernas (para chegar ben lavadiño) na Corga da Fecha (cascada con poza espectacular 2 km antes da meta) e estou preparado para o sprint final...
O camiño final é novo, bo para correr, pero non estaba a cousa para apurar e aínda se me fai algo largo, ao final espríntanme Marola e Pepe e quedo 3º, podium, bueno, non está mal... non contaba tardar menos de 6 horas e nin chegamos as 5:30. Marola estaba para as 5 creo...
En fins que DIVERTIDISISISISISISIMO, recomendabilísismo i aiesosí hai que ir bastante preparao que se pode correr realmente moito, non contaba...
Ao chegar, baños de contraste, que frío o río Caldo... poza de auga quente algo sucilla e volta pa fría. Encantao Picapiedra, que coñecín acá. Tamén a Fema.
Logo despois chegan Barrachina e Castinheiras... seguro que me esquezo dalguén... perdón...
Volta a Campo de Gerês dando unha volta da virgen e a comer que son ben horas e ben gaño que está... Ahí estamos todos, non falta ninguén creo, a Marola danlle os presentes e o laurel e non comparte rián de rián... realmente levámola en volandas os 45 km, pedinlle que repartira peeeerooooo voltei sin nada pa casa... sin nada máis que unha gran sonrisa...
Apertas
"Há sítios no mundo que são como certas existências humanas: tudo se conjuga
para que nada falte à sua grandeza e perfeição. Este Gerês é um deles."
Miguel Torga, Diário VII