Tue, 12 Nov 2024, 7:20
Post subject: Re: XLVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO [10/11/2024]
Eu fixen case uns 40 seg. máis que no 10k de Coruña, por poñer unha referencia. Supoño que é o normal... En canto á comparación co percorrido anterior, non acabo de ter claro se é máis ou menos duro, pero quedoume a sensación de ser bastante rompepernas. O "repeito" antes de enfilar o Progreso, matador, menos mal que compensa co final hacia abaixo.
A min penalizoume moito o primeiro km, por suposto o máis lento. Non acabo de entender como, estando colocado a uns metros da saída (practicamente á altura dos élite), nada máis sair levaba un río de xente diante a ritmos do 2º ou 3º caixón. Hai incluso a veces certa "agresividade" saíndo como miuras para despois frear ós que van detrás. Penso que a zona de saída non axuda (mediana, rotonda...), porque noutras carreiras (tamén multitudinarias), penso que non pasa tanto.