Sun, 10 Mar 2024, 21:30
Post subject: Re: IX CIRCUITO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.
Primeira carreira desta edición disputada, climatoloxicamente moito mellor do que daban as previsións, só nos caeron 4 gotas xusto antes da saida e ós 5 minutos de rematar eu, empezou a chover novamente pero pouca cousa, algo de aire nalgúns tramos e tamén sol na longa subida despois do km 5.
Esta carreira todos os anos ten o mesmo problema, é a 1ª do circuito e formanse unhas colas enormes para a recollida do dorsal, cando chegamos nos 1 h. antes a fila daba a volta a todo o interior do local de entrega, menos mal que os 10 minutos abriron outra mesa e axilizouse bastante o tema.
Un pequeno quecemento e para a liña de saida, non sei cal foi o motivo (sería a entrega de dorsais) pero a saida demorouse algo máis de 10 minutos.
Cando dan a saida, estaba da metade hacia atrás, intento recuperar posicións no tramo do paseo marítimo, xa que en canto empezase a subir pola rua estreita que tira cara o pabellón un xa vai atrancado un bo treito, eu subindo moi cómodo nese primeiro e longo tramo de subida, despois ven un rompepernas ata chegar a pista de terra que vai cara o Cabo Vilan, que ben arranxada está, daba gusto correr, obra recente, ahí é basicamente baixar con un par de tramos que pican cara arriba, pero en canto chegamos o km 5'100 atopamos a longa subida de máis dun km., por un estrada recén asfaltada e na que nos batía de frente un sol que molestaba bastante, en canto rematamos só queda llanear e a dura pero corta subida que está a menos de 600 mts. da meta.
Eu sen querer cebarme nen nas subidas e sobre todo nas baixadas, xa que no 2022 lesioneime aquí nunha situación similar a que estou agora, o finde seguinte ia correr unha media maratón, polo que non quixen arriscar.
O final un tempo de 43'51" neto e 20 segundos máis no oficial, para uns 9'5 Kms. e posto 117 de 275 finalizados, faltaron casi 100 dos inscritos, imaxino que a mala previsión climatolóxica influi na ausencia de tanta xente.