Tue, 19 Mar 2024, 19:57
Post subject: Re: XXVI MEDIA MARATON ZARAGOZA 17/03/24 (CRÓNICA)
Imos facer a crónica desta media e do finde que pasamos en Zaragoza, encantoume a cidade.
Chegamos o venres antes de xantar tendo tanto o venres coma o sábado repleto de actividades turísticas, deixando incluso o museo Goya para o Domingo despois da carreira.
A carreira a unha hora temprana, como xa recollera o dorsal o día anterior deixeime quedar no hotel ata as 8:15, xa que tiña molestias no lombo e pescozo, por que o sábado antes das 4 da tarde, cando iamos a unha visita nun bus urban, outro bus chocounos por detrás bastante forte, así que despois de acudir o hospital as 8 da tarde e tomar 2 ibuprofenos a noite e pola mañán, tirei cara a Praza do Pilar a 500 mts. do hotel. A muller quedou xa que ela saiu bastante peor parada ca min, cun par de moratóns nun brazo a parte dunha forte contractura no pescozo.
Mañán soleada pero sen calor a esas horas, gran ambiente o que se respiraba con 3000 inscritos, despois de que me botaran reflex no lombo fun cara o 3º caixón de 1h30/40, ainda que non houbo que acreditar marca, había voluntarios mirando que a xente que entrara en cada caixón fora o seu.
Despois de 5 minutos dan a saida e tras 36" activei o crono. Saida en lixeira subida e buscando coller ritmo, en seguida se pode correr ben xa marco o 1º en 4'45" e no 2º a 4'37, sei que vou demasiado rápido, pero non teño molestias, o percorrido componse de 2 voltas non iguais e moitas idas e venidas polo mesmo sitio, como no Km. 3 e 5 pasabamos por diante do hotel deixeille unha camiseta a muller que levara de abrigo nese momento levaba algunha molestia, pero conforme fun quentando atopeime mellor, o percorrido non é chan de todo pero é rápido, xa que o pouco que se sube, baixamolo despois. Cruzamos o río Ebro por unha ponte e despois voltamos a cruzala pola ponte de pedra, vaia ambientazo que había alí.
Eu sorprendido cos meus ritmos, varios Kms. por debaixo de 4'30, todos antes de chegar o Km 16, (ahí un patinador botoume reflex, máis por precaución que por dor) a partir de ahí imos a unha das zona máis feas da carreira, xa que nos alonxamos do centro e o sol xa nos da de cheo, ahí xa se me empezan a ir os tempos por riba de 4'40, facendo incluso o 20 en 4'50, acelerando un pouco para rematar con forza no Pilar e baixar polo meu crono de 1h39". e posto 747 de 2639 chegados a meta 30 corredores menos que o ano pasado.
Bolsa post carreira moi completa que complementaba a que me deron a tarde anterior na recollida do dorsal.
Primeira media do reto provincial que corro en Aragón, a de Teruel o ano pasado foi en Novembro (3 voltas) e a de Huesca dende a pandemia non a voltaron a facer.