Sun, 03 Sep 2023, 17:47
Post subject: Re: Diario de Meigalicix
Pretemporada ( IV e última)
Rematou o tempo de vacacións. E como era de esperar, coa volta ao traballo e teimas domésticas, esta semana os obxectivos quedaron manifestamente sen cumprir .
Aínda bo foi se onte sábado conseguin facer un "Chapela ida e volta dos de sempre". Tendo en conta o calor do mediodía e os días de desentreno, non me queixo do rendemento. Creo que me daría un aprobado. Polo lado atlético non hai moito máis que dicir.
Pero no relativo ao censo de viandantes tiven unha experiencia que non sei se calificala de paranormal... Estaba xa no tramo final cando vexo parado no arcén do meu lado da rúa a alguén que parecía unha personaxe saída do diarios de Freaky ou Larpeiro , transmutada aquí na Favela: Home de mediana idade, hiperbronceado, porte fino e atlético, pantalón corto deportivo azul non moito máis grande que os que usan as xogadoras de bolei praia . Camiseta salmón, mochila pequena e funcional ao lombo. Como agardando por alguén para facer unha sesión de deporte saudable... Ata aí todo correcto. O que non tivo desperdicio foi ver que na man lucía un tremendo pedazo de reloxo ( con pinta de ser un Rolex de ouro dos de medio kilo) e que entre os dedos desa man había un auténtico cigarro puro a medio fumar.
Quedei un tanto descolocada , polo impactante do adobio deportivo tan cheo de contrastes , e sobre todo polo maldito fume e o cheiro do puro que me tiven que tragar durante unha boa chea de metros ... Vivir na favela que bonito é, xa o dí a copla.
Pecho o informe desta semana , e vou agora mesmo a tratar de expiar os meus pecados de omisión atlética desta semana, facendo un pouco de dor de corazón e propósito da enmenda na bici estática, con sesión de pesas, planchas e abdominais .