Sat, 15 Apr 2023, 5:30
Post subject: FitTrackee - Rexistro de actividades e estatísticas
Ola,
presento
FitTrackee
Cita: |
Aplicación que che permite rexistrar as túas actividades (adestramentos) desde ficheiros gpx e ter os datos no teu propio servidor. |
para o interese xeral das persoas que lles gusta levar un rexistro das actividades que realiza. Aquí vai de correr

, pero (a día de hoxe) admite ate 13 tipos de actividades (remo, ciclismo, sendeirismo, etc.)
Poño isto porque hai uns días publicouse a primeira
versión que inclúe o
galego (e castelán) para a súa interface
fonte
Existen
ferramentas (programas) para migrar os datos desde copias de apoio de outras aplicacións (garmin, strava...) tanto para ficheiros .gpx como .fit . Personalmente usei
fittrackee-uploader para subir as cousas desde os trebellos garmin (.fit)
Permite
engadir usuarias, cada unha con acceso só aos seus datos, polo que pode ser útil para dar servizo a grupos/clubes. En breve engadirá
características "sociais" para poder compartir/ver o que outras usuarias así indiquen nos seus axustes.
Software Libre GNU AGPL v3
Engado unhas capturas de pantalla
Formulario para engadir adestramentos.

Podes usar un ficheiro .gpx (que descargas do teu trebello ou web ou gravas con Opentracks, FitoTrack, etc.)
Unha das páxinas de estatísticas

neste caso semanais por tempo acumulado
Na administración podes activar/desactivar os deportes que estarán dispoñibles
Lista con tódolos adestramentos
con
filtros para buscar. Tamén dispoñible a busca por
nome do adestramento.
Est.2008 mastodon.gal - Libros "Run&Endurance"