Foros ›
VIII Carreira Popular de San Sadurniño
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
gutibtt

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/05/14
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Mai 2023, 10:29
Asunto: VIII Carreira Popular de San Sadurniño

San Sadurniño volverá correr polo medio ambiente o domingo 4 de xuño, dentro da oitava edición. A proba ten as inscricións abertas desde hai escasos días a través da plataforma emesports.es, ofrecendo circuítos gratuítos de entre 60 e 900 metros nas categorías inferiores e un trazado de 4,9 quilómetros na absoluta (5€), que este ano modifica o seu percorrido para facela aínda máis espectacular.
O departamento municipal de Deportes agarda que este cambio sexa un aliciente para superar a participación do ano pasado, cando se chegou ás 419 inscricións. Neste sentido, por razóns loxísticas, o límite de deportistas volve estar limitado a un máximo de 500. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA e as saídas e chegadas concentraranse de novo no arboreto galego da Cortiña -ao pé do paseo fluvial do Xubia-, lugar de referencia para todos os eventos multitudinarios que organiza o Concello de San Sadurniño.

As categorías inferiores masculina e feminina SUB14, SUB 12 e SUB 10 correrán de balde -aínda que deberán inscribirse igualmente- por un mesmo circuíto situado xusto no centro do arboreto da Cortiña, coa única diferenza do número de voltas que deberán dar: tres, dúas e unha, respectivamente. No apartado de Peques -nenas e nenos nados de 2016 en diante- habilitarase unha recta de 60 metros no sendeiro principal, facendo varias saídas en grupos de idades similares para evitar caídas.


Na carreira absoluta participarán desde deportistas que nacesen entre 2008-2009 ata os que pasen dos 55 anos, dentro das categorías SUB 16, SUB 18, Senior, Máster 35, Máster 45 e Máster 55, tanto en masculino como en feminino. A saída daráselles sobre as 11:30h calculando un tempo máximo de 50 minutos.

Antes, ás 11:00h, desenvolverase a proba SUB 14 e unha vez finalice a absoluta, a iso das 12:30h, irán encadeándose as carreiras SUB 12, SUB 10 e Peques a razón de unha cada cuarto de hora, co obxectivo de comezar coa entrega de premios sobre as 13:30h.

A popular de San Sadurniño convida a correr “polo medio ambiente” na que é xa unha das citas clásicas para o deporte afeccionado da comarca. O Concello contará coa asistencia técnica da Federación Galega de Atletismo. Ademais tamén colabora a clínica local Fisio-Che-Ben cun servizo de fisioterapia.

Toda a información pode atoparse en carreirasgalegas.com e as inscricións deben formalizarse na web emesports.es. O último día é o 26 de maio (ás 23:30h) e non haberá posibilidade de anotarse o propio día da carreira.
Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
471 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 26 Mai 2023, 23:55
Asunto: Re: VIII Carreira Popular de San Sadurniño

Inscribinme nesta carreira, na que será a miña primeira participación. Ata o de agora sempre escoitei boas referencias así achegareime a San Saturniño para comprobalo por mín mesmo.
pazolesky

Maratoniano
Maratoniano
14/01/13
0 Carreiras
688 Mensaxes
Fenés de adopción, pero de Ferrol
Respostar citando Envío Sáb, 27 Mai 2023, 13:36
Asunto: Re: VIII Carreira Popular de San Sadurniño

Corrín as dúas primeiras edicións e alí estaremos de novo para probar ese novo circuito.
pazolesky

Maratoniano
Maratoniano
14/01/13
0 Carreiras
688 Mensaxes
Fenés de adopción, pero de Ferrol
Respostar citando Envío Dom, 04 Xuñ 2023, 12:03
Asunto: Re: VIII Carreira Popular de San Sadurniño

Pois o circuito pareceume durillo, tanto a costa grande como a recta cando se sae á carreteira. Pero me gustou volver a San Sadurniño, moi boa organización. Parabéns !
Kalimero

Foreiro Senior
Foreiro Senior
7/02/10
0 Carreiras
471 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 04 Xuñ 2023, 16:27
Asunto: Re: VIII Carreira Popular de San Sadurniño

Unha boa mañá para coñecer esta carreira.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos