Foros ›
S.D. Compostela Atletismo
Forum Index / Kedadas e grupos
Reply to topic

Author
Message
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
31 Posts

Reply with quote Post Sun, 23 Oct 2022, 17:02
Post subject: Re: S.D. Compostela Atletismo

· Amador Pena asinou un novo record galego en Milla no Campionato de España Máster



· Título galego de Media Maratón para Jordi Carrasco en categoría M45 e subcampionato F40 para Shaila Muñiz



· Finalizou o Circuíto de Carreiras da Costa da Morte con premiacións para María Tarrío, Elena Veres e Yago Iglesias en Fisterra


Amador Pena acadou este domingo, unha nova xesta na súa carreira ao bater o record galego de Milla M40 cun tempo de 4:34.91. Amador Pena e Emilio García foron os representantes galegos da SD Compostela Atletismo no Campionato de España Máster celebrado en Estepona onde, tanto Pena como García, participaron na proba de Milla M40 e M45, respectivamente. Ademais de facer record galego, Amador levou a medalla de bronce como 3º clasificado da súa proba. Pola súa parte, Emilio, que fixo unha excelente carreira, foi 6º da súa proba; nunhas posición que se decidiron por escasos segundos.


Mentres, en terras galegas, os nosos atletas brilaron con luz propia nas diversas probas en que defenderon as cores branquiazuis. Dende a Media Maratón de Pontevedra, que tamén foi Campionato Galega, e a súa correspondente proba de 10K; ata Fisterra, coa derradeira proba do Circuíto Correndo Pola Costa da Morte, que puxo punto final na vila de Fisterra.

En Pontevedra, Jordi Carrasco levou o título galego de Media Maratón na súa categoría, M45 cun tempo de 1:15:22, entrando no 14º posto da clasificación xeral. Jordi subíu ao máis alto do caixón na súa terra, logo de que o resultado doutro atleta non contara para Campionato e só para a Media Maratón de carácter popular. En canto aos resultados femininos, a nosa Shaila Muñiz acadou o 2º posto da categoría 40F (11F) con 1:41:15, conseguindo deste xeito o subtítulo de Galicia de Media Maratón da respectiva categoría. Daniel García e Fran Méndez foron outros dos nosos representantes na distancia de 21.097 quilómetros de Pontevedra, que Daniel completou en 1:36:32 (81M 14M35) e Fran en 1:41:16 (229M 86M2M).

Entre os participantes da proba 10K que se desenvolveu paralelamente á Media Maratón estiveron: Alejandro Montero (11M) cun tempo de 34:51 e Juan Carlos Raviña (23M) con 37:20.

En Bergondo desenvolveuse o II Urban Trail Polígono de Bergondo; con victoria da nosa Julia Salvado en Sub18, terceiro posto para Hugo Otero en Sub16 e premiacións como 2o e 3o para Marcos Barcala e Xoel Otero na proba Sub12.

Unha mañá típica do outono galego, con chubascos intermitentes e refachos de vento puntuais, recibíu aos nosos atletas na derradeira proba do Circuíto da Costa da Morte, desta volta en Fisterra. Yago Iglesias repetíu como o atleta xuvenil máis rápido, cun tempo de 10:05 nos case 3 quilómetros que formaban o percorrido. Entre os atletas máis novos atopábase a nosa Ariana Iglesias, que participou da proba Alevín.







Na proba curta dos 3 quilómetros houbo ampla representación feminina, con premiación como 3ª muller máis rápida para María Tarrío (12:24). Laura Botana (F6) con 14:21, Malena Amigo (F9) con 15:48 e Patricia Túñez (F18) con 17:12, completaron a lista de participantes da SD Compostela Atletismo.

A carreira absoluta de case 10 quilómetros, con saída da lonxa de Fisterra ata o Faro de Fisterra e regreso, puxo a proba a capacidade dos atletas branquiazuis alí presentes. Damián Espasandín chegou en 35:51 e foi 14º da xeral - 5º Senior, mentres que Elena Veres asinou un tempo de 42:05 e foi a 5ª muller en atravesar a meta, 2ª da categoría Senior. Tamén participaron os nosos Juan Luis Botana (M93 27M50M) con 48:34 e Nuria Mejuto (F25 12 SF) con 50:39.

Tres citas centraran a atención dos nosos atletas a vindeira fin de semana. Dunha parte, a carreira solidaria “Relevos no camiño” que as nosas atletas féminas desenvolverán durante toda a xornada do sábado. Trátase dunha actividade deportiva solidaria, consistente en completar correndo os 115 quilómetros que separan a vila de Sarria de Santiago de Compostela polo Camiño de Santiago. Toda a recadación será destinada á Asociación Aspas

No Campionato de España de 5K en Ruta que se celebra na localidade madrileña de Pinto estarán Amador Pena, Emilio García e Antón Ruanova.

E o domingo estaremos na XXI Pedestre de Ames, Campionato Galego de 10K en Ruta, cunha representación de atletas de todas as idades.
sdcompostelaatletismo

Novo foreiro
Novo foreiro
18/12/19
0 Carreiras
31 Posts

Reply with quote Post Sun, 23 Oct 2022, 17:06
Post subject: Re: S.D. Compostela Atletismo

Se a pasada fin de semana tivemos como citas máis importantes as de Estepona e Fisterra, na anterior coma sempre tamén tivemos ampla representación, incluso entre semana aproveitando a festividade, somos tan inquietos que case non temos tempo a contarvos por eiqui todo o que facemos, pero si:

Xa a golpe de Mércores o noso descanso foi participar na popular de Lestrobe, ata alá se deprazaron unha boa recua de atletas do Compos tanto adultos como cativos, entre estes úlitmos especialmente Ainoa Gontán como gañadora absoluta da carreira.



Clara Leis en Sub12, Xeila Mateos nos pitufos e Xan Vilas nos sub10 foron os nosos menores xunto con ago Mateos que novamente faría un novo podium en Sub16.

Nos menos nenos tivemos a:
Pablo Diaz 5º da xeral tras liderar gran parte da carreira e primeiro Sub20.
Manu Castiñeiras 20º
Gonzalo Cao 22 e 1º sub18.
Gerardo Cachafeiro foi 37º
Dani García 45º
Ainoa Gontán 1ª Sub18 e gañadora absoluta da proba
Julia Salvado 2ª sub18 e 8ª absoluta.
Roi García 65º
Laureano Varela 81º
Nuria Mejuto foi 17ª muller absoluta e medalla de chocolate Senior.

E o Sábado fomos a Dombate:

Cuarto triunfo nesta proba para Amador Pena e terceira posición para María Tarrío en Cabana de Bergatiños onde houbo ampla representación compostelanista

· Segunda posición para Alejandro Montero na Rota do Románico de Pantón
As cores azuis e brancas reluciron en Cabana de Bergatiños o Sábado pola tarde coa presenza de máis de 20 atletas da SD Compostela na popula de Dombate, unha carreira fantástica a beira do importante megalito de Borneiro.



Amador Pena resultou vencedor absoluto da VII Carreira Dolmen de Dombate e María Tarrío levou a medalla de bronce en categoría feminina. A popular proba da vila de Bergatiños reuníu a centenares de atletas que participaron, tanto na proba curta dos 3k, como na carreira longa de 10k e nas diferentes probas para categorías menores. Entre os nosos atletas máis novos;
Iago Mateos destacou en 3ª posición Cadete
Marcos Barcala foi o corredor alevín máis veloz. Tamén o alevín Xoel Otero fixo unha magnífica carreira.
Paty Tuñez foi a única das nosas representantes na carreira curta, que completou en 17:49.
Na proba que acaparou a meirande parte da atención, a dos 10k, Amador chegou en primeiro lugar con 34:05 preto do seu propio récord da proba.

Martín Abelenda (M13) e Manuel Castiñeiras (M18) foron os seguintes atletas composteláns en cruzar a liña de meta por detrás do míster con 37:33 e 38:42, respectivamente.

Antonio Vázquez levou premiación na súa categoría ao chegar en terceira posición dos V50M cun tempo de 38:46.
Daniel García (M45) en 42:45,
Jorge Castro (M56) en 43:32,
Laureano Varela (M84) en 46:57,
Juan Luis Botana (M105) en 50:17 e
Francisco Pena (M128) en 55:36 tamén participaron desta excepcional proba.
Como representantes da sección feminina do club; éxitos para
María Tarrío, que foi terceira absoluta cun tempo de 44:25.
Nuria Mejuto (F13) e un tempo de 51:26 e Malena Amigo (F28) que chegou en 1:02:20, firmaron excelentes participacións.

Esta foi, sen dúbida, unha gran xornada deportiva, que rematou cunha cea de equipo en terras da Costa da Morte.

Cores azuis e brancas tamén no caixón de podio da XX Rota do Románico do Concello de Pantón, onde o noso Alejandro Montero foi subcampión da proba. O atleta ourensán levou a medalla de prata logo de completar os case 6,5 quilómetros de distancia en 21 minutos e 16 segundos.

Forza Compos que veñen máis campionatos autonómicos en pista e ruta ademáis do nacional de Pinto e os relevos no camiñoooo





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum