Dom, 28 Feb 2021, 20:24
Asunto: Re: Diario de Meigalicix
Catorce días dan para moito.
E os excesos de Antroido páganse en Coresma.
Os trotes dos días 13 e 14 non tería traído mais consecuencias. Pero se a eso lle sumamos as horas de pe facendo orellas e filloas, os recados polo centro dos días 15, 16 e 17, trotando tamén algúns quilómetro de paso, porque total estabamos de boa racha... Ata que o 18 rachei. Ben, non de todo, pero comezaron a encenderse as alarmas de turno: Dor nocturno, pinchazos na zona interna do xeonllo, a sensación de ter unha goma apretada arredor da perna despois de medio turno de traballo de pe... Así que tocou parar, tomar Celecobix tres días, tratar de retomar as táboas de exercicios pola mañá (cousa que só logrei dous días en toda esta quincena)
O que si non deixei foi de contar os pasos diarios con Garmin , e aínda que só estiven apuntada 25 días no desafío que me propuxera Ghose, logrei facer en conxunto esa media diaria de 10.000 pasos, mitificada por uns e discutida por outros. Realmente eu sei que son un fedello, que non paro quieta, e que fixen moitos máis pasos, pero son unha toupa usando o Garmin para rexistralos. En fin, queda bonito iso valorar o que chegamos a facer cada día, por pequeno que sexa.
Esta fin de semana, coa chegada do sol , o corpo pedía volver a actividade. De momento só andaina, e evitar impacto na perna ata que vexa que non hai ningún sintoma. Así que retornei a dar un par de voltas , sábado e domingo, polo circuíto da Guía, cos seus 140 metros de desnivel, e unha costas empinadas coma as das pelis de San Francisco, e a volver a ensaiar esa técnica do que eu chamo andar ao estilo Groucho Marx. Curiosamente hai momentos en que vou igual de rápida marchando que cando vou trotando, o que da idea do nivel de rendemento atlético no que ando ultimamente.
O caso é moverse , e manter a articulación do xeonllo baixo control.
Censo de hoxe : Grao 8 de abarrotamento na "escala Sacapuntas". Demasiadas bicis de nenos e maiores, e cans e parellas da terceira idade pola zona , aínda que fose ás 11 da mañá. Non quero imaxinar como estaría xa na hora do vermut...