Xov, 30 Abr 2020, 13:41
Asunto: Re: Me han multado por correr durante el estado de alarma
Para min o debate está claro: non existe.
Temos unha normativa que cumprir e que, de non facelo, nos expoñemos á multa. Pois xa está.
Eu tamén sei que no coche por unha zona limitada a 50 non podo ir mais rápido, e si non pasa nadie aproveito para pisarlle un pouco mais (que todos o temos feito, penso eu) sei que me expoño a unha multa.
Non ten sentido abrir un debate en torno a si está ben ou non que me multen. Poderíamos entrar noutro debate distinto acerca de si nesa zona é conveniente ou non esa limitación, ou se nese monte non pasan nin os cans e se pode abrir a marxe de acción por él, pero iso xa é outra cousa, que non é o que temos hoxe en día.
O que temos é a prohibición de saír a correr (e a algúns estanos custando o ceo, asegúrovolo), e como tal temos que cumprila.
O resto son ganas de matar o tempo falando.
Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com