Mér, 25 Mar 2020, 19:57
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas
Diario de adestramento // Mércores, 25 de marzo de 2020 // Día 65 // km 25 da semana (entre correr e rolo) // 72,0 kg
CADA DÍA QUE PASA MÁIS A GUSTO CORRENDO POLA CASA
Hoxe era o terceiro día que tocaba facer uns km de pasilling polo piso. Inicialmente a idea era seguir nos 6 km que fixera da vez anterior (que aumentara 1 á súa vez da anterior), pero o que estou a notar é que cada vez me sinto máis cómodo correndo polos pasillos e habitacións da casa.
Máis cómodo tendo en conta, incluso, que tamén vou aumentando o ritmo, ao coller máis confianza niso de colarme en diagonal polas portas das habitacións, e tamén porque variei algo o trazado inicial, procurando facer diagonais máis rectas e longas posibles, eliminando puntos nos que había que virar en redondo moi lento, a costa de que as voltas sexan algo máis curtas, duns 50 metros aproximadamente agora.
Pero é certo, ao estar rematando os 6 km, pensei que sería unha boa idea continuar 1 km máis. E así foi, ata o punto de que os km pasan cada vez máis sen que me decate.
Algo que noto é que esta maneira de adestrar ten algo de positivo con respecto ao que estaba a facer antes por fóra, e é que cada pouco tempo estou a pegar pequenos sprints de 3-5 metros tentando aproveitar esas diagonais que agora trazo.
Concretamente son 4 por cada volta. Realmente son 2, pero con ida e volta de cada vez. Tendo en conta que hoxe fixen unhas 140 voltas ao piso de 50 metros nos 7 km, saen uns 560 sprints pequenos de 3-5 metros, algo que, nin por asomo faría por fóra.
Non....se ao final vaime resultar proveitoso isto de adestrar na casa. De feito xa estou pensando que cando recuperemos a normalidade, e podamos saír por fóra, meter, algún día á semana carreira polo piso.
Incluso pensara mercar unha cinta de correr para eses días que chove e que quedas na casa sen poder saír....pero facendo este tipo de sesións pois como xa case sobra...
Hoxe tocaba darlle algo a os ferros na casa traballando peito e bíceps para logo correr. Un pouco seguindo o plan que levaba no Gym hai anos cando ía a él no que te turnabas de grupos musculares por días:
-Luns. abdominais, pectorais, bíceps
-Mércores: abdominais, dorsais, tríceps
-Venres: abdominais, ombro, perna
Xa que isto parece que vai para longo, mellor faríamos en irnos organizando ben ao longo da semana.
Amais....agora xa non temos a desculpa de que poda chover....
A sesión en Strava:
https://www.strava.com/activities/3217438339
Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com