Foros ›
Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas
Foros de debate / Diarios de adestramento
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mér, 25 Mar 2020, 18:57
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Mércores, 25 de marzo de 2020 // Día 65 // km 25 da semana (entre correr e rolo) // 72,0 kg

CADA DÍA QUE PASA MÁIS A GUSTO CORRENDO POLA CASA

Hoxe era o terceiro día que tocaba facer uns km de pasilling polo piso. Inicialmente a idea era seguir nos 6 km que fixera da vez anterior (que aumentara 1 á súa vez da anterior), pero o que estou a notar é que cada vez me sinto máis cómodo correndo polos pasillos e habitacións da casa.

Máis cómodo tendo en conta, incluso, que tamén vou aumentando o ritmo, ao coller máis confianza niso de colarme en diagonal polas portas das habitacións, e tamén porque variei algo o trazado inicial, procurando facer diagonais máis rectas e longas posibles, eliminando puntos nos que había que virar en redondo moi lento, a costa de que as voltas sexan algo máis curtas, duns 50 metros aproximadamente agora.

Pero é certo, ao estar rematando os 6 km, pensei que sería unha boa idea continuar 1 km máis. E así foi, ata o punto de que os km pasan cada vez máis sen que me decate.

Algo que noto é que esta maneira de adestrar ten algo de positivo con respecto ao que estaba a facer antes por fóra, e é que cada pouco tempo estou a pegar pequenos sprints de 3-5 metros tentando aproveitar esas diagonais que agora trazo.

Concretamente son 4 por cada volta. Realmente son 2, pero con ida e volta de cada vez. Tendo en conta que hoxe fixen unhas 140 voltas ao piso de 50 metros nos 7 km, saen uns 560 sprints pequenos de 3-5 metros, algo que, nin por asomo faría por fóra.

Non....se ao final vaime resultar proveitoso isto de adestrar na casa. De feito xa estou pensando que cando recuperemos a normalidade, e podamos saír por fóra, meter, algún día á semana carreira polo piso.

Incluso pensara mercar unha cinta de correr para eses días que chove e que quedas na casa sen poder saír....pero facendo este tipo de sesións pois como xa case sobra...

Hoxe tocaba darlle algo a os ferros na casa traballando peito e bíceps para logo correr. Un pouco seguindo o plan que levaba no Gym hai anos cando ía a él no que te turnabas de grupos musculares por días:
-Luns. abdominais, pectorais, bíceps
-Mércores: abdominais, dorsais, tríceps
-Venres: abdominais, ombro, perna

Xa que isto parece que vai para longo, mellor faríamos en irnos organizando ben ao longo da semana.

Amais....agora xa non temos a desculpa de que poda chover....

A sesión en Strava:
https://www.strava.com/activities/3217438339

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Xov, 26 Mar 2020, 19:28
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Cando parecía que isto de correr polo piso empezaba a coller forma, correndo cada vez máis rápido e con mais confianza para facer máis km....teño que parar e cambiar de rutina.

Fago demasiado ruído e os veciños, con razón, non teñen porqué soportalo, que xa bastante fan con terse que quedar todo o día na casa.

Hoxe tocaba facer máis cousas, avanzar un pouco máis no adestramento caseiro, pero vinme un pouco abaixo polos problemas ocasionados.

Mañá será outro día, seguro.

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 30 Mar 2020, 21:25
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Luns, 30 de marzo de 2020 // Día 66 // km 5 da semana // 71,6 kg

TRATANDO DE ORGANIZAR A SEMANA

Eu son persoa á que lle gusta organizar a semana cando se trata de correr ou facer exercicio.

Non me gusta "saír por saír", prefiro pensar que o que vou facer hoxe é complementario ao que fixen onte e, a súa vez, ao que farei mañá.

É por iso que ao comezo da semana xa sei, ou case, o que vou facer os distintos días.

Ocorre que este confinamento na casa está a provocar que teña que reorganizarme de arriba abaixo.

Pretendo combinar o correr polo piso con días de rolo, alternándoos.

Hoxe tocaba facer algo de pesas combinado con un pouco de aeróbico.

A idea é facer pesas os luns, mércores e venres, distribuíndo os grupos musculares como xa dixen anteriormente. Hoxe tocaba algo de abdominais, pectorais e bíceps, para logo correr uns 5 km polo pasillo de casa.

Correr que, como xa dixen antes, teño que modificar, por mor de non molestar aos veciños có ruído que fago, que xa bastantes problemas temos estes días como para crear eu un novo.

Como non hai mal que por ben non veña, estou aproveitando para facer algo de técnica de carreira/pisada.

Se a baixo ritmo son capaz de non talonear, cando aceleres, con máis motivo talonearás menos.

Mañá tocará algo de rolo.

Agora teremos todo o tempo do mundo, xa que a nosa empresa tamén parará, no noso caso ata o 14 de abril, cando se pensaba que as electrointensivas e siderúrxicas manteríanse ao marxen da parada xeral do país.

Mellor así, que debemos eliminar cantas mais posibilidades de contaxio mellor.

A actividade en Strava:
https://www.strava.com/activities/3235996978

No tipo de actividade do Garmin 945, en vez de "Carreira" como de costume, escollín "Pista cuberta", paréceme máis acertado para reflexar unha actividade nun piso, no que non ten moito sentido o seguimento por GPS das actividades normais....e tampouco atopei "Correr polo piso" Guiño
Por iso non sae nin trazado nin altura subida/baixada (como non me suba aos sofás e á cama....)

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mér, 01 Abr 2020, 9:43
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Mércores, 1 de abril de 2020 // Entrada no Diario de non adestramento

O ASPECTO PSICOLÓXICO É IMPORTANTE

Onte era día para facer algo de rolo na casa. Incluso cheguei a montar na bici e iniciar a aplicación no PC:


Non vos podedes imaxinar o moito que me rebenta ter unha partición no disco duro dedicada especialmente para windows e poder executar aí aplicacións que só van nese sistema, como esta de Bkool, xa que eu son incapaz de montar no rolo simplemente escoitando música ou vendo a tele...., ou a de Garmin, para poder pasar mapas e demais ao reloxo ou o Edge da bici....pero ese é outro debate.

O problema onte non era ese.

Eu son persoa que sofre con certa frecuencia dores de cabeza. Non sei se migraña ou que, pero a verdade é que xa estou habituado a que, cada certo tempo, volvan a min.

A solución, normalmente, é tomar unha pastilla de ibuprofeno, e pasada media hora adeus dor.

Pero claro....entre que agora din que o ibuprofeno non é o mais adecuado de cara a posibles síntomas de coronavirus, e que me pillou un pouco o touro sen máis medicamentos na casa....

Eu xa son de usar poucas medicinas, por iso tampouco teño máis aló do básico na casa.

E, amais diso, está o feito que lle empezas a dar voltas á túa cabeciña...se ese dor non terá algo que ver có coronavirus este....e, ao final, acabas por virte un pouco abaixo e deixar de ter ganas de facer nada.

E iso foi o que fixen onte: baixarme da bici e sentarme no sofá a deixar pasalas horas....

Hoxe parece que xa estou un pouco mellor. Veremos como avanza o día, e a ver se podo facer algo.

O plan semanal segue o seu curso e hoxe toca algo de pesas e voltas e mais voltas pola casa.

Perdoade que veña a contar isto aquí. Este espazo debería ser un lugar no que compartimos experiencias no deporte....pero, en certo modo, ao ser un diario, un tamén se ve empuxado a poñer o que lle vai acontecendo no seu día a día e que, dalgunha maneira, tamén ten que ver có deporte.

Moito ánimo, e moita forza a tod@s!.

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 01 Abr 2020, 11:26
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Enfócalo mejor Juan. Hay miles de cosas por internet que puedes hacer en casa, y más ahora. No te ciñas al rodillo y a la carrera. Yo hago sesión doble, de mañana lo aeróbico (rodillo) y de tarde lo de fuerza (gimnasia). Haz una especie de jornada partida, con gimnasia más de suelo y luego en otro momento del día haces el rodillo, pero un rato para mantener caja.

Ánimo hombre. Y nunca te disculpes por lo que pones aquí, sólo faltaba, que hubiera que hacer un diario al estilo americano, de esos de somos marines, siempre sonreímos y luego en casa nos mazamos a burbon.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 06 Abr 2020, 5:11
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Venga Juan, que malos días tenemos todos. Días de esos en el que el cuerpo, la cabeza o el espíritu no van pero esos días también se pasarán. Doblar sesiones es una solución como dice el Sr. Freaky: hacer dos cortas pero intensas, una suave en ayunas y otra fuerte, dos deportes en la misma sesión,.....y descansar. Yo no soy de correr por casa. Veo que incluso esa practica puede ser lesiva ( ojo. opinión personal).
Animo y fuerza
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Lun, 06 Abr 2020, 5:43
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

JuanBellas escribió:
A solución, normalmente, é tomar unha pastilla de ibuprofeno, e pasada media hora adeus dor.

Pero claro....entre que agora din que o ibuprofeno non é o mais adecuado de cara a posibles síntomas de coronavirus, e que me pillou un pouco o touro sen máis medicamentos na casa....

Eu xa son de usar poucas medicinas, por iso tampouco teño máis aló do básico na casa.

E, amais diso, está o feito que lle empezas a dar voltas á túa cabeciña...se ese dor non terá algo que ver có coronavirus este....e, ao final, acabas por virte un pouco abaixo e deixar de ter ganas de facer nada

Juan, a día de hoy la OMS no ha dicho que no se pueda tomar ibuprofeno. Fue un bulo de estos que circuló por Internet
twitter.com/WHO/status...7997189128

JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 06 Abr 2020, 10:48
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Grazas a tod@s.

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
gefreiter

Experto no foro
Experto no foro
18/11/05
0 Carreiras
4245 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Lun, 06 Abr 2020, 16:12
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Los diarios son para compartir nuestras experiencias cotidianas, y a la fuerza tienen que incluir momentos de desánimo. Todos pasamos por ellos y son los que le dan sentido a la mayoría de los días, que son esos en los que el deporte nos hace más felices. Estoy con Freakyrunning en que esa obsesión americana por aparentar optimismo y euforia permanentemente es contraproducente.
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Mér, 08 Abr 2020, 21:23
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Finalmente parece que vou ter que parar un tempo de correr pola casa.

Demasiados viraxes, demasiado forzar as miñas maltreitas rodillas.

Toca repousar de correr e facer outras cousas menos lesivas coas miñas articulacións.

Facer rodillo parece que pode ser a alternativa, pero é mais un tema psicolóxico o feito de saber que debo parar de correr pola casa.

En fin....é o que toca.

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Xov, 09 Abr 2020, 6:18
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Ola compañeiro, vexo que a moral anda algo baixa e hai obstáculos no camiño.

Non todas temos 10 ferrados pegados a casa para dar voltas ao aire libre, e hai que apañarse como se pode. Mal de moitos..., si xa sei Disimulando , pero é o que toca e como che din arriba sempre se pode variar as rutinas que temos. Coñeces o refrán "o que cas mans non pode, cos dentes acode". En inglés dinlle "where there's a will, there's a way"

Cando vin que a xente corría dando voltas nos pisos pareceume curioso, eu non ía caer tan baixo Mr. Green ... e aquí me tes, dando voltas da cociña ao cuarto Chupete (non a diario). Hai unhas semanas subir ao rodillo era case por obligación, agora case é divertido. Case.



Xa sei que non é tema de tratar aquí, pero eu uso esto para meterlle os mapas ao garmin (edge 520), sen windows Guiño garmin.openstreetmap.nl/ Con bkool e similares non che podo axudar.




En último extremo tampouco hai que romper a cabeza con esto de facer deporte, que realmente axuda a estar e sentirse mellor e é moi recomendable e todo eso, pero a maioría da xente non fará nada, engordará 10kg, a tensión e o azucre rampantes,... e rematará o encerro (cando remate) e tan panchos a vivir-la-vida. Entende esto que digo como se depois tardamos 3 meses en correr "decentemente", pois tres meses sexan, que non pasa nada. Vente arriba! Fai pilates, TABATA, salta a corda, zumba, un vídeo de jane fonda, inventa sesións variadas no rodillo, ou unha destas "single set to failure", ... where there's a will, there's a way.

Est.2008
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2020, 12:23
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Vamos Juan, un día menos. Moito ánimo chaval
alejo4

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/06/18
30 Carreiras
69 Mensaxes
Pontedeume
Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2020, 13:47
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Ánimo Juan
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Lun, 13 Abr 2020, 21:14
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Ánimo Juan, estamos todos igual. Giros, quiebros, derrapes, salir con bien de un traspiés con los siempre temibles flecos de las alfombras... A ver si abren un poco la mano y nos dejan salir a los runners a la calle. Iba a decir que nos tratan como a perros. Ojalá. Los perros pueden salir. Yo me dejaría llevar de una correa si es preciso... Es más, me dejaría un bigote como el del mandamás de los maderos. Hasta ese extremo estoy dispuesto a llegar.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Xov, 07 Mai 2020, 20:48
Asunto: Re: Diario de Noa....perdón, de Juan Bellas

Diario de adestramento // Xoves, 7 de maio de 2020 // Día 67 // Km 12 da semana

A IMPORTANCIA DE IR AMODO

Hoxe é o terceiro día que salgo a correr tralos dous do sábado e domingo pasados.

Neses dous días un estaba como ese can que tes atado e, de súpeto, sóltalo e sae escopetado....ata que te das de conta que está a facer mal as cousas, tratando de ir máis rápido do que aconsella o momento tras estar parado varias semanas.

As consecuencias diso foron varios días (ata hoxe) cunhas maniotas que dificultaban moito moverme, sobre todo baixando/subindo escaleiras.

Estaba mais que avisado de empezar moi suave os primeiros días tras botar varias semanas sen facer nada. E así foi ao principio, pero atopábame tan ben, sen problemas de respiración e coas pernas soltas que....decidín apertar un pouco máis...gran erro.

Pero ben...pasados estes primeiros días xa vamos a recuperar o tono, pouco a pouco.

Algo que me chamou poderosamente a atención o primeiro día foi o valor tan alto de pulsacións por minuto. Uns valores que, por moito que me esforzara meses atrás, xamáis me acercaba nin de lonxe, tendo como máxima rexistrada un valor de 178 na última costa da carreira de San Xoan de Piñeiro, en Mugardos.
E o sábado, levando un esforzo non demasiado alto, xa estaba en números demasiado elevados para min, xa incluso ao empezar a correr, sobrepasando os 180 con facilidade, e sin aparente esforzo real.

Algo terá que ver coa capacidade aeróbica perdida nestas semanas.

Porén hoxe xa notei diferenzas, xa rexistrei valores un pouco mais acordes ao que soía facer uns meses atrás. Aínda un pouco altos os valores, pero nada que ver cós do sábado pasado.

De tódolos xeitos, aparte de que, tras unha parada e conveniente empezar moi suave e con distancias non moi longas, tamén está o tema de que non se vislumbran carreiras a curto prazo, entón se andamos a forzar xa agora....igual temos que parar para cando empece a tempada de carreiras....

A actividade en Strava.
3 km de quentamento seguidos de estiramentos dinámicos e 8 km de carreira contínua. A primeira parte en zona fácil de potencia Stryd (219 w 5:44 min/km) e rematando en zona media (242 w 5:02 min/km)
https://www.strava.com/activities/3415212539

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos