Foros ›
XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
ezeq

Foreiro Senior
Foreiro Senior
23/10/07
98 Carreiras
785 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 10:18
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

Yo creo que las liebres tenían un tabajo difícil en esta edición. Por un lado el viento no sé como les afectaría por el tema de llevar un globo dando bandazos, y después está que es difícil mantener un ritmo constante, porque lo que hay que mantener constante es el esfuerzo más que ritmo, para intentar no desfondarse. Al alternar tramos con viento a favor y otros en contra es lógico que una persona que va sobrada pueda mantener la velocidad a costa de un incremento de esfuerzo, pero a los que van justos les supone un esfuerzo por encima de sus pulsaciones óptimas de carrera y "te saca de punto".
Supongo que las liebres intentarían regular pero tienen que elegir entre ritmo y esfuerzo y se hace difícil compensar.
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
0 Carreiras
364 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 10:19
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

galaxian escribió:
Si a alguien le interesa descargar la clasificación, y alguna que otra estadística de la carrera, lo puede obtener en el siguiente enlace

www.racetecresults.com...mp;RId=296

Gracias galaxian moi útil. Como curiosidade, onde e como atopaches isto?
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
0 Carreiras
364 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 10:57
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

JuanBellas escribió:
Temos un puto crack no foro como un planeta de grande.
Enorme Simón hoxe na C21.
Parabéns campión!

Avergoñado Avergoñado Avergoñado

Enormes todos, co día que estaba foi duro para todos, así que noraboa, e os que fixeran marca pois mellor aínda! Aplauso
gugon

Maratoniano
Maratoniano
10/01/11
24 Carreiras
259 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 10:59
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

Hola a tod@s¡

Estupenda carreira coma todos os anos.

Unha pregunta, alguén sabe algun sitio en coruña onde grabar a medaia, o ser de madeira, ha de ser un sitio especial, como si queimaran as letras.

Sabedes?

Gracias¡
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 11:44
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

Ben, pois primeira vez que corría esta carreira, e como tódalas primeiras veces, sempre levas algo de incerteza acerca de como irán as cousas.

Seguindo o meu particular ritual "pre-carreiras", sácome da cama unhas 3 horas antes da mesma. Dese xeito dáme tempo a deixar o arroz preparándose, ducharme, e afeitarme, nese preciso orde....maniático que é un....

Salgo ás 8 da casa xa que quedara cuns amigos en Laraxe para ir xuntos cara á Coruña no mesmo coche.

Xa na Coruña, aparcamos na explanada de Riazor, como me recomendara algún por aquí, sen problemas. Aproveitamos que chegáramos algo cedo para ir a tomar o café de rigor. Din que a cafeína fai efecto entorno a unha hora mais tarde, pero logo de tomalo, eu sempre un espresso solo, doume de conta de que, para que realmente fixera efecto habería que tomar un café maior, case tipo americano, debido a que precisaría unha maior cantidade de cafeína para ser efectivo.

Necesitaría que fixeran un café de pota....

De volta cara ao coche xa nos listamos para ir quentando camiño cara a saída que, por certo, non sabíamos ben por onde quedaba, pero isto é coma nas películas, que cando están perdidos non teñen mais que seguir o curso da auga, pois nosoutros seguíamos o curso da xente, sobre todo da que xa vías uniformada para a ocasión Guiño

Aproveito nesa media hora previa para ir dando sorbos, sen bebelos, soamente para aclarar a boca dunha solución de hidratos. Teño probado nos adestramentos, e realmente funciona, ou eu así o sinto, xa que activa no cerebro unhas neuronas receptoras que fan que sintas como se os beberas.

O certo é que na seguinte hora, ou así, notas como máis soltura nas pernas....ou parécemo a min, vaia.

Aparte de que si bebo neses momentos, danme mais ganas de ir ao baño e logo levo unha bolsa de auga aí dentro que me vai rebotando no estómago. Paso.

Xa na saída, non sei se porque era a miña primeira vez aquí, ou porqué, pero non vin os caixóns acordes a cada ritmo previsto. Soamente que a xente foise arrexuntando cara á liña de saída sen mais.

Ben, tranquilidade, Eu tiña claro a que ritmo debería saír, buscando esa fronteira da hora e media final e listo.

Se algo vas aprendendo nas carreiras é que debes buscar e tratar de atopar o teu ritmo adecuado o antes posible, sen deixarte levar pola emoción do momento, ou por como vaian correndo o resto de persoas que van ao teu lado.

Na saída, a verdade é que a música de ambiente fai que te motives un pouco mais. Sempre digo que hai un momento para cada música e unha música para cada momento, e eu, que son mais de Silvio Rodríguez, Aute, Serrat ou Sabina, recoñezo que a música de AC/DC, neses momentos, motiva un ovo.

Dan a saída é, como era de esperar, o primeiro km, ou mais aló, vaise facendo con moita xente ao teu arredor.

Coindideume nunha veira, pegado aos conos separadores, e había que andar con coidado de no chocar con algúns, aínda que ás veces tiveras que saírte dalgún, claro.

O que si me chamou a atención, eu que non son moi coñecedor da Coruña, foi a cantidade de furados, cubertas de alcantarillado mal colocadas ou piso da carreira en mal estado. En non poucas veces algún dos que levaba diante avisaban deste feito, ou eu mesmo aos que viñan detrás.

Entre o km 2 é 3, atópome coa lebre da hora e media. Vou correndo un pouco detrás dela.

Aí xa te das de conta da xente que vai con esa idea, xuntándose un grupo bastante numeroso.

Recoñezo que non pensara nese detalle antes da carreira. Sabía que habería lebres, si, pero non reparei no detalle de correr detrás de unha en concreto. Sempre me pareceu que iso era quitarlle moita emoción á proba. Algo así como firmar o resultado dun partido xa antes de comenzalo.

Prefiro a idea de saír a facelo o mellor que poda sobre un obxectivo base e, logo xa veremos como sae, tanto se o fas mellor do que pensabas, como se o fas peor.

Entre outras cousas porque o ritmo que ti buscas, aquel có que te sintes ben nos distintos momentos da carreira, non ten porque ser o da lebre, xa que igual eres mais de empezar amodo para rematar forte, ou ao revés....

O caso é que o ritmo que levaba aquela lebre pareceume un chisco mais lento do que eu buscaba. Notei que un pouquiño, non moito claro, mais rápido do que iban era un ritmo perfectamente asumible por min, polo que decidín deixalos atrás, eso sí, pouco a pouco.

Por certo, despois toparíame cun rapaz que me preguntou a que ritmo íamos. Algo me soaba a súa cara. Ata que me dou de conta de que era a lebre da hora e media, pero sen o globo....

Camiño do primeiro avituallamento xa cometín un erro.

Gústame visualizar a carreira xa antes de correla (de aí a dificultade de cando vas por primeira vez), e unha das cousas nas que pensara era a estratexia de hidratación/xeles.

Tras moito batallar, e vista a dificultade que sempre teño para beber dos botellíns de auga sen parar de correr, este ano levaba nun cinto dúas botellas de 150 ml. desas que se ven moito nos trails, que só sae auga se apertas ben.

Nesas botellas ía tamén un xel en cada unha. A idea era tomalas antes do avituallamento dos 10 km unha, e dos 15 a outra. E digo antes dos avituallamentos porque quería aproveitar a auga que daban aí para axudar a pasar o líquido dos xeles. Inda que non puidera beber ben das botellas que daban os voluntarios, ai polo menos me serviría para axudar a pasar o xel.

Nese primeiro avituallamento, o dos 5 km, a idea era tomar soamente auga, da que ofrecen na carreira, pequenos sorbos, simplemente por mollar un pouco a boca, pero pilloume un pouco de sorpresa e, cando quixen darme de conta xa estaba pasando de longo.... Chorando

Aí xa ves que a carreira xa se vai estirando. Eu ando nos ritmos previstos, pasando a unha media de 4:12 por ese punto.

De tódolos xeitos, tamén teño que dicir que, como ando en plena reconversión de mentalidade, cada vez adaptándome mais a correr por potencia e non tanto por ritmo, marcárame un obxectivo que tamén estaba cumprindo, pasando por ese punto a unha media de 294 w.

Tamén pasa outra cousa. O vento que pegaba esa mañá facía un pouco imprevisible o ritmo ao que poderías correr, mentres que tentar de manter uns valores de potencia (esforzo) por ti asumibles sería moito mais adecuado, xa que si empeza a soprar o vento en contra non vas poder seguir a ese ritmo de min/km, pero si poderás manterte nos niveis de esforzo adecuados para ti.

Por iso tentei de manterme toda a carreira (dentro do posible claro) nuns valores de potencia asumibles, que eu sabía adecuados para esta distancia.

Seguen a pasar os km e seguimos no obxectivo de esforzo para poder baixar desa hora e media final andando por uns 296 w e 4:12 min/km de media polos 10 km, calcado ao paso dos 5 km.

E aí xa cometín outro erro. Realmente a miña cruz son os avituallamentos.

Levaba a idea de tomar antes o xel da botella que eu levaba e logo beber algo mais das botellas que ofrecían os/as voluntarios/as.

Para iso debería ser capaz de beber antes da botella que eu levaba. Algo que me gusta dela é que non é moi grande, cóllese ben coa man mentres corres, e vas dando pequenos sorbos, condición imprescindible para min, xa que non son capaz de beber moita cantidade de golpe mentres corro.

Pero o caso é que empecei a bebela moi tarde, xa case onde estaba o posto de bebidas, polo cal pasei por el coa miña botella na man, inda sen rematar de bebela, polo que non collín a botella de auga que ofrecían, e non é que o xel non pase ben, pero si noto que 150 ml non é moita cantidade de líquido.

Este tema dos avituallamentos e a miña materia pendente cara ao futuro. Xa non digo nada se realmente quero correr a maratón da Coruña de outubro....

Ben seguimos adiante, xa coa xente moi estirada, e pasamos polos seguintes 15 km a 294 w e 4:13 min/km de media total, con parciais cada 5 km de:

294w 4:12 min/km
297 w 4:11 min/km
292 w 4:17 min/km

Neste último parcial de 5 km (do km 10 ao 15), xa se nota outra pequena baixada produto da miña mala execución á hora de beber. Demoro moito o ritmo no feito de abrir a cremalleira do cinto, sacar a botella, que estaba apretuxada ao lado da outra e non saía ben....volver a facer a mesma manobra para gardala.... e iso pasoume polo km 10 e polo 15, onde se ve como baixo o ritmo neses km. Pequenos detalles que fan que se note no resultado final, claro.

Volvo a repetilo, teño que practicar mais este punto e buscar a fórmula que me demore o menos posible sen deixar de hidratarme ben. Se teño en mente poder facer a maratón completa non podo deixar estes puntos soltos, un pouco ao azar....

No tramo que vai entre o km 15 e o 20, ou practicamente o final, foi onde se fraguou o non baixar realmente de hora e media, xa que a última subida, xunto con ese vento que pegaba fixo que baixara o ritmo con parciais de 4:29, 4:27 ou 4:21 min/km.

Eso sí, tratando de manter a potencia, xa que sabía que sei intentaba ir aí mais rápido e, polo tanto desenrolando maiores valores de esforzo, logo ía ser complicado rematar ben a proba na última recta final.

Eu son persoa que lle gusta rematar as carreiras aumentando ben o ritmo no ultimo km, non me sinto nada ben comigo mesmo se non me vexo con forzas de facelo.

Pero, para iso, tes que ser capaz de gardar algo. Ben é certo que nese último tramo, sabedor de que xa queda nada, acabas sacando forzas de onde non as tes, pero é importante (outra cousa mais que aprendes a base de ir a carreiras) non desfondarse nos km previos.

Non sei....pero da unha satisfacción persoal moi gratificante o poder rematar unha carreira de xeito rápido, entrando na liña de meta como si estiveras disputando a vitoria final.

Supoño que será un pouco algo así como a pequena consolación daqueles que non vamos ganar, pero que tamén temos dereito ao noso minuto de gloria.... Guiño

Por certo, relativo ao tempo final e á distancia percorrida, eu pensaba que, ao ser unha proba homologada, axustaríase bastante á distancia dos 21,1 km. Xa sei que non pode ser exacta exacta, que os GPS tamén teñen a súa taxxa de erro, pero chamoume a atención ver que a todo o mundo que puden comprobar saíalles distancias todas por enriba.

A min saeume 21.360 m, pero a moita xente deulle incluso algo mais 500 ou 600 metros mais.

Por iso, o tempo que me marca, dende que lle din a Star ao pasar pola liña de saída, ata que parei ao pasar pola meta, no meu caso eran eses 21.360 m dando un tempo de 1:30:30, pero tomando a distancia exacta de medio maratón, xa me marca Strava un tempo de 1:29:24, có cal pódese dicir que cumprín o obxectivo de baixar de hora e media nesa distancia Guiño

Medalla de madeira de carreira rematada (odio os americanismos tipo "finisher"), algo de bebida e froita e misión cumprida.

Outro punto que teño que ter en conta para futuras veces é o de traer algo de roupa e deixala no gardaroupa da carreira, xa que desde que remataba, bebías algo e comías un pouco de froita, ata que chegaas ao coche na explanada de Riazor pasaba un bó tempo e enfriabaste ben. Unha chaqueta viría de perlas. Anotado queda.

A carreira en Strava:
https://www.strava.com/activities/3105043909

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com


Última edición por JuanBellas o Mar, 18 Feb 2020, 14:59; editado 2 veces
jotaeme

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/06
0 Carreiras
1056 Mensaxes
OURENSE / A CORUÑA
Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 12:47
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

JuanBellas escribió:

Por certo, relativo ao tempo final e á distancia percorrida, eu pensaba que, ao ser unha proba homologada, axustaríase bastante á distancia dos 21,1 km. Xa sei que non pode ser exacta exacta, que os GPS tamén teñen a súa taxxa de erro, pero chamoume a atención ver que a todo o mundo que puden comprobar saíalles distancias todas por enriba.

A min saeume 21.360 m, pero a moita xente deulle incluso algo mais 500 ou 600 metros mais.

Por iso, o tempo que me marca, dende que lle din a Star ao pasar pola liña de saída, ata que parei ao pasar pola meta, no meu caso eran eses 21.360 m dando un tempo de 1:30:30, pero tomando a distancia exacta de medio maratón, xa me marca Strava un tempo de 1:29:24, có cal pódese dicir que cumprín o obxectivo de baixar de hora e media nesa distancia Guiño

A carreira en Strava:
https://www.strava.com/activities/3105043909

… En primeir lugar.. noraboa pola marca. O día de onte, non era o máis adecuado para facer marcas persoais..

… en segundo lugar, decirche que a proba está homologada e a distancia é exacta, tanto nos 10 km., que si estás federado verás na web da FGA que che contará como marca oficial, como na distancia total. A diferencia, aparte da maior experiencia que teñamos en seguir a trazada perfecta, está no sistema de posicionamento. Si ves en detalle (aumentado o que podas)o teu trazado no mapa de strava, xa comprobarás como che marcou o teu percorrido, (por curiosidade.. o xiro do km 18 fixéchelo máis alá da acera e o teu sprint final fixéchelo polo medio das árbores dos xardíns.. Guiño ).. No meu caso, corrín 21,64 km.. Mr. Green Mr. Green

Un saúdo
vacatola

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/08
0 Carreiras
498 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 12:52
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

Ola, pois tócame a min.

Fixen unha carreira desastrosa de principio a fin.

Primeiro baixei cun cortaventos e papei un frío de cara**o mentres collía o dorsal.

Despois tocou café pre-carreira pero como había cola na cafetería non fun visitar a roca pensando en facelo fóra nos wc portátiles. Gran erro, a cola de fóra era moito máis grande así que veña a trotar ata o porto de ocio. Miña nai querida o Palexco parece unha zona "okupa" nin servicios, nin escaleiras, nin no parking, nin arriba, nin abaixo. Nada, nadiña volvemos aos portátiles que "malo será" e malo foi seguía exactamente a misma cola.

Vale, no pasa nada podo aguantar vou calentar un pouco..."plas, plis, plos...ráfaga de vento que me tira as vallas e a min case con elas. Non pasa nada, troto un pouco en contra do vento, un moito a favor pero nada nin consigo ritmo, nin calentar, nin ost*** así que me dan as 10 case buscando o caixón e atando as zapatillas. Aínda que con "inconvintes" nada salientable.

Saímos e o vento empeza a toca-lo kara**o dende o primeiro quilómetro, pero ata o cinco máis ou menos vou un pouco do ritmo obxcectivo pero nada do outro mundo. Sáltome o primeiro avituallamiento por facer o caneco, vale non pasa nada. Busco unha "lebre particular" e imos achegándonos ao ritmo obxectivo antes do quilómetro dez, e volvo a saltar o avituallamiento e aínda que baixando os "parcias" xa intiuio que vou ter que apretar máis na segunda parte se quero entrar por debaixo de 1.30. En fins, aínda que empeza a costar sigo coa miña lebre particular, seguimos pasando corredores e vendo o globo-non globo pero na segunda pasada por Oza xa me costa moito seguir apretando, aínda así sigo como podo (xa haberá tempo de parar) e desta vez sí, por fin collo un aquarius e bebo coma se non houbese un mañá...no paso polos cantóns vou tocadiño pero apreto dentes e seguimos ahí albiscando, cada vez menos, as posibilidades do sub 90 pero están vanse defintivamente no Parrote.
Fenómeno increíble o vento deunos á ida e á volta, cando facemos o último xiro xa vexo que, unha vez máis, vai ser que non...así que levantamos o pé e facemos os dous últimos quilómetros lentos que non suaves (porque a min costáronme case tanto coma os outros) e nada desexando chegar, repoñer e pensar en C 10 porque esta carreira non saiu ben, nin de lonxe.
ZANCADILLA

Maratoniano
Maratoniano
10/10/11
1 Carreiras
1852 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 13:18
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

JuanBellas, podes falar con Netflix, dividir o teu relato por capítulos e facer unha serie, pero é broma, noraboa pola carreira.
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 13:49
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

jotaeme escribió:

… En primeir lugar.. noraboa pola marca. O día de onte, non era o máis adecuado para facer marcas persoais..

Grazas!, que tampouco é que estivera mal para o meu nivel, pero sempre hai que tentar de mellorar Guiño

jotaeme escribió:

… en segundo lugar, decirche que a proba está homologada e a distancia é exacta, tanto nos 10 km., que si estás federado verás na web da FGA que che contará como marca oficial, como na distancia total. A diferencia, aparte da maior experiencia que teñamos en seguir a trazada perfecta, está no sistema de posicionamento. Si ves en detalle (aumentado o que podas)o teu trazado no mapa de strava, xa comprobarás como che marcou o teu percorrido, (por curiosidade.. o xiro do km 18 fixéchelo máis alá da acera e o teu sprint final fixéchelo polo medio das árbores dos xardíns.. Guiño ).. No meu caso, corrín 21,64 km.. Mr. Green Mr. Green

Un saúdo

Non...se eu entendo que diferenzas ten que haber, o que pasa é que noutras carreiras, homologadas ou non teño tido bastante menos diferenza na distancia final, e chamoume a atención que a todo o mundo lles daba por enriba...
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 13:53
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

vacatola escribió:
Gran erro, a cola de fóra era moito máis grande así que veña a trotar ata o porto de ocio.

Dou fe que a cola de fóra era bastante grande....ata me daban pena por momentos....

O día non se prestaba a moitas cousas...xa viran mellor dados Guiño

En C10 teremos outra oportunidade!

Un saúdo.
JuanBellas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
21/08/18
57 Carreiras
1181 Mensaxes
Cedeira
Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 13:54
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

ZANCADILLA escribió:
JuanBellas, podes falar con Netflix, dividir o teu relato por capítulos e facer unha serie, pero é broma, noraboa pola carreira.

Moi feliz Moi feliz Moi feliz

Grazas! Guiño

Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com
galaxian

Foreiro Senior
Foreiro Senior
30/11/15
121 Carreiras
404 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 14:09
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

Simom escribió:
galaxian escribió:
Si a alguien le interesa descargar la clasificación, y alguna que otra estadística de la carrera, lo puede obtener en el siguiente enlace

www.racetecresults.com...mp;RId=296

Gracias galaxian moi útil. Como curiosidade, onde e como atopaches isto?

Hola, pues la verdad es que esta página la tengo localizada hace ya más de 4 años, de hecho las carreras de la federación, aparte de en los resultados oficiales, las busco aquí
www.racetecresults.com...?CId=16479
Incluso en algunas de las que hice, tenían posiciones relativas en los puntos de control.
Con el excel que te puedes bajar por ejemplo de la carrera de ayer, puedes hacerte si quieres y de manera sencilla un aproximado de las posiciones relativas en cada punto de control (y digo aproximado porque realmente los tiempos son en horas, minutos y segundos. Si hubiese más precisión décimas/centésimas se podría hacer incluso perfecto).
Me alegro que te sea útil, de hecho cuando son las carreras tipo C10, o esta, pues siempre la busco por ahí y la suelo publicar en el foro de la carrera correspondiente.

Por cierto enhorabuena por tu carrerón !! Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 14:27
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

Me aclaran que las semillas del dorsal son de manzanilla. Por si lo queréis plantar...

www.youtube.com/watch?v=sPZmHx7xe_g
Eloy

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/11/14
116 Carreiras
322 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 14:56
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

Amina escribió:
Me aclaran que las semillas del dorsal son de manzanilla. Por si lo queréis plantar...

www.youtube.com/v/sPZmHx7xe_g
Menos mal, con el acierto ecológico mostrado ya sólo faltaba que fueran de eucalipto. Moi feliz
Jbgan

Novo foreiro
Novo foreiro
1/10/15
56 Carreiras
3 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Feb 2020, 15:41
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )

¿Sabéis dónde puedo encontrar fotos de la carrera?





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos