Mér, 22 Xan 2020, 18:52
Asunto: Re: XII Medio Maratón Coruña 21 (16/02/20 )
memphis_ESP escribió: |
JuanBellas escribió: |
xb74 escribió: |
Para organizar unha carreira non se poden tomar solo "intereses deportivos", o turismo deportivo é tan importante coma a propia media. É mais, a organización deberia de atopar a maneira de involucrar a cidadania, dende o meu punto de vista esto é bastante complicado. |
Está claro que un evento, do tipo que sexa, en canto se vai facendo mais popular, maiores son as súas consecuencias, neste caso económicas, para o lugar que o organice.
Teño claro que debe partir dunha boa organización deportiva (non me consta que se falle aquí) e adecuada difusión cara a captar mais participación (aquí sí que xa vexo lagunas).
E en canto a involucrar mais á cidadanía....é algo realmente complicado.
Tendemos a ser moi individualistas (xeneralizando moito, que xa sei que non é o adecuado), e cada vez teño mais claro que as cousas, se non se fan porque un quere realmente facelas, van durar tres días. |
Para discrepar... vés dicindo o mesmo que estamos dicindo Falta organización/turismo/publicidade ou como lle queiras chamar.
E sobre o individualismo... de ahí tamén a razón para meter o retorno económico para "motivar" á xente. Xa sexa porque tés un bar/super/taxi/tenda e fas caixa, como que gracias á participación estranxeira teñas máis destinos no aeroporto para viaxar. Todo polo prezo de cortar as rúas 5h. |
No fondo estamos a dicir o mesmo: mirar de organizar deportivamente unha proba que pode traer beneficios económicos para a cidade.
Eu n o que discrepo é no que se di mais enriba acerca de que tiña que estar organizada pola concellería de turismo, e non pola de deporte.
Entendo que un evento deportivo debe levarse a cabo pola xente con responsabilidade e coñecementos na materia.
¿Que ese evento acarea beneficios económicos?, ¿que se poden facer as cousas de maneira que eses beneficios sexan maiores?, perfecto, pero sempre partindo a base de que é un evento deportivo, e a auténtica finalidade do mesmo é a práctica do deporte de quen se apunta a él, non os beneficios económicos que veñen con dito evento.
Pero vamos....que cada un o ve á súa maneira, claro.