Foros ›
XX Carreira Popular Concello de Pontecesures
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 12 Xan 2020, 19:21
Asunto: Re: XX Carreira Popular Concello de Pontecesures

Mañán moi fría en Pontecesures, como levaba sen ir a ningunha carreira dende a Sin-Son, decidimos ir a esta.
Un pequeno quecemento e para a saida, situamonos alí uns minutiños antes, e a saida ainda se demorou un pouco da hora.
Eu como son diesel, xa non procuro ir a carreiras de menos de 10kms, así que saida dende a metade do grupo máis ou menos e alá que imos 1ºKm. moi rápido e sae en 4'15", pero no 2º xa ven a dura subida cara o campo de futbol, menos mal que ainda ten un descansiño, e despois unha boa baixada para despois llanear e dar por rematada a 1ª volta en 16'37", sorprendeume a de "galgos" que se apuntaron ós 4 Kms., notase que algúns equipos tiraron de estratexia ó facer conxunta a clasificación de equipos entras 2 carreiras.
Como vou moi cómodo e xa me coñezo o percorrido decido aumentar considerablemente o ritmo, km5 a 4'00, o 6 de subida procuro levalo o mellor posible, e despois todo o que queda e moi favorable o 7 tamén a 4' e os 760 mts. finais, sairon a un ritmazo para min de 3'56", así que 2ª volta en 15'58", case que 40" máis rápida que a 1ª.
Jorjum

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/12/19
27 Carreiras
52 Mensaxes
SDC
Respostar citando Envío Lun, 13 Xan 2020, 10:34
Asunto: Re: XX Carreira Popular Concello de Pontecesures

Primeira vez que competía e a verdad, que gustoume moito. Corrín na proba de 8K e tiven a sensación que había un ritmo algo alto, non sei si era que os de 4K tiraban do pelotón....jajajaja
Calquer caso, bo ambiente e gran iniciativa doar o recaudado aos peques Fernando e Hugo.
Espero repetir o ano que ven.

Por certo, hai galería de fotos? Non vin nada por internet.
concellocesures

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/05
0 Carreiras
144 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Xan 2020, 11:55
Asunto: Re: XX Carreira Popular Concello de Pontecesures

Imos pechando a proba deste ano e queremos primeiramente darvos as grazas primeiramente a tod@s vos, que fixechedes que a proba de onte fora un éxito total. Esta carreira con ese caracter solidario recaudou 3250 € para eses nenos que están pasando unha traxedia vital. De verdade, moitas grazas de corazón... ogallá nunca mais teñamos que facer este tipo de raucadións.

Tamén agradecer o apoio de patrocinadores e empresas colaboradoras, pois a súa achega económica foi importante para o sustento desta proba.

Queremos destacar o apoio dun grupo de veciños colaboradores que nos botaron unha man no reparto de dorsais, e de novo a todos/as os/as participantes, que viñéchedes con tempo dabondo a recollelos.

Agradecer tamen o apoio das agrupacións de Protección Civil que colaboraron, xunto cos vixiantes municipais, para a seguridade no cirtuito.

E respecto as imaxes, pasamosvos un enlace ó albúm da proba. Pinchade nel e buscadevos.

ENLACE O ALBUM DE FOTOS

Jorjum

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/12/19
27 Carreiras
52 Mensaxes
SDC
Respostar citando Envío Lun, 13 Xan 2020, 13:00
Asunto: Re: XX Carreira Popular Concello de Pontecesures

Gracias polas fotos!!!!
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 13 Xan 2020, 13:57
Asunto: Re: XX Carreira Popular Concello de Pontecesures

Gracias por todo, Bonita mañana de domingo a pesar del frio
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 13 Xan 2020, 14:09
Asunto: Re: XX Carreira Popular Concello de Pontecesures

grazas polo traballo realizado e o recaudado para a causa Aplauso

-- Chámame "ghose"
concellocesures

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/05
0 Carreiras
144 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 14 Xan 2020, 7:09
Asunto: Re: XX Carreira Popular Concello de Pontecesures

Graciñas polo aviso das fotos de menores. Inda que o album foi publicado dende a conta Google dun particular (non do concello directamente) procedemos a borrar todas das carreiras escolares, así coma dos podiums deles.

Non queremos ocasionar malestar a ninguén. Moitas grazas polos comentarios, e calquera cousa que querades destacar, sobre todo que vexades que nos pode servir para o futuro, non dubidedes en poñela por aquí. teremola en conta para a edición XXI, que será a principios de 2021.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos