Mon, 02 Dec 2019, 16:29
Post subject: Re: XXXIV Media Maratón Volta a Ría-Memorial Adolfo Ros 1-
Esta era a miña segunda media maratón. Non a segunda Volta á ría, senón a segunda en total. Empecei o ano pasado animado por un compañeiro de traballo.
É un pouco complicado xa que a noite anterior tiven turno de noite no traballo e non chegas nas mellores condicións, precisamente.
Pero é curioso. Son as tantas da noite no traballo, tes sono, estás cansado e, se pensas nos kms que che quedan por diante velo como algo realmente complicado. Pero non me digades que é, supoño que a adrenalina....ese cosquilleo que se vai apoderando de ti conformes chega a hora da carreira....pero o caso é que no momento de dar a saída xa nin te lembras de sono, cansancio nin gaitas.
Saíndo de traballar ás 7 da mañá, tras afeitarme (sempre corro recén afeitado) quería almorzar algo suave un par de horas antes.
Das múltiples probas que levo facendo, atopo que me vai moi ben un vasiño pequeno de arroz branco (o resto dos días é integral, pero aquí non interesa comer moita fibra, por aquilo de non ter que visitar o W.C. no momento mais inesperado), uns 80 g que preparo na olla express mentres me afeito. Así non se pega nada nin tes que estar pendente de remexelo ben.
A ese arroz, unha vez feito, añádolle dúas claras de ovo un pouco batidas (que teño conxeladas en cubiteiras para así administralas mellor). Mezclas todo ben e pa dentro.
O feito de añadirlle unha proteína responde a que así irá soltando a glucosa mais lentamente (sempre é mellor comer pasta con bonito, por exemplo, que só con tomate).
Ese prato de arroz compleméntoo con algo mais líquido. No meu caso con algo de coseita propia: Chocolátano, e que podedes ver aquí a receita:
https://recetasbellas.com/2016/03/22/chocolate-platano-chocolatano/
Séntame moi ben esa combinación de chocolate é plátano.
Todo iso dúas horas antes de correr. Hai quen necesita mais tempo, 3 ou 4 horas, outros menos...cada persoa é un mundo.
Logo entorno a unha hora antes da carreira éntrame moi ben un té roxo.
Con esas, a iso das 9 pasadas, salgo para a zona da saída, que queda a case 3 kms de casa.
O día amañeceu cuberto, ameazando choiva, pero calmado, inda que daban mellores presaxios para o momento da carreira. Cruzamos os dedos.
O día anterior deixara o coche polas rúas próximas, paro así poder gardar a chaqueta do chándal que levaba mentres ía quentando no traxecto dende a miña casa.
Chegamos aló un pouco antes das 9 e media e aínda están montando un dos pórticos de chegada. Ummmmm.....será alí a chegada, ou será mais adiante?....non vaia a ser que pare entes de tempo....
Pero non, só nun deles hai control do tempo, polo que a cousa está clara.
Empezan a chegar os compañeiros de ruta e damos unhas voltas arredor do concello, cando empeza a caer unha boa 15 ou 20 minutos antes do inicio da carreira....vaia por deus...
Por sorte vai remitindo e xa non volverá en toda a carreira apenas unhas poucas gotas mais adiante.
Cheguei a esta carreira sen moitas esperanzas de nada. Apenas saín a correr ultimamente, e esta é unha distancia que require que aclimates o corpo con antelación a "algo similar", tiradas de, polo menos 15-16 km.
E iso foi algo que eu non fixera ultimamente. Entre a choiva destas últimas semanas e que non andaba moi enriba de ánimos....pois iso, que me plantei na carreira sen demasiadas expectativas.
Si é certo que rondaba a miña cabeza a idea de baixar da hora e media (o ano pasado fixera 1:35), pero para iso necesitaba andar, mais ben correr, por debaixo de 4:20 e non o tiña tan claro.
Empezamos a carreira e, ao ser nunha pequena costa abaixo, é mais fácil que te embales e vaias a un ritmo maior do aconsellable.
Noutra carreira con menos xente, igual sí, pero aquí, ao haber tant@s, 700, e ser a saída algo estreita abarcando só un carril, provoca que vaias bastante preto dos demais, có que resulta máis fácil tamén manter o ritmo.
A cousa vaise estirando e ahí xa vexo que vou a un ritmo adecuado de "catro e pouco"
De tódolos xeitos, estou empezando a correr por potencia, con Stryd, e mais que fixarme no ritmo, que tamén, o que controlaba eran os valores de vatios que ía desenrolando, procurando meterme nun rango do cal tiña unhas alertas no reloxo para que me avisara se me saía.
Este é un circuíto con continuas subidas e baixadas, moi suaves a maioría, e que a dureza que imprimen ao subilas ven marcado mais polo momento no que che toca subilas, xa que cada ano sae dun sitio distinto (o ano que ven sairá de Neda). E por iso que, por exemplo, a subida ao Puntal, entre Neda e Fene, faise mellor este ano que queda a pouco mais de 5 km, que cando salga de Fene, por exemplo, que xa case queda ao final.
Tiña algo de preocupación por como nos trataría o vento, sobre todo pola zona das Pías, inda que tamén por outros lados (o ano pasado en Neda foi tremendo). Todo depende de que lado veña. Pero non....a verdade é que puidemos desfrutar dunha mañá realmente boa, desas que apetece bastante saír a pasear....un paseo de 21 kms....
O primeiro avituallamento estaba en Neda a uns 5 km. Ahí tiña pensado beber algo de auga, para logo tomar un xel xa no segundo, polo km 10 antes das pías.
Eu sempre bebo bastante mal dos botellíns en carreira. Necesitaría parar....pero vai a ser que non. Polo que vin por internet un método que parecía ter sentido: beber por unha palla das que dan nos bares. Dito é feito. Levei unha no bolsillo do pantalón, e teño que dicir que se bebe moito mellor, sen necesidade de parar. Tan só debes vaciar un pouco de auga, colocar a palliña dento da botella e colocar a man como tapando a boca da mesma. Vas dando sorbos e bébese realmente ben e fácil. Moito mellor que con eses soft pack nos que a auga sae a presión, polo menos eu.
Pasado o Puntal sen moitos agobios, procurando que a potencia non se me salga dos márxenes que pretendía, baixando algo o ritmo loxicamente, encaro Fene e xa tomo ahí un xel. Non sabía se tomaría un segundo mais adiante, pero quería aproveitar que no km 10 había outro avituallamento para aproveitar e tomar ese xel e logo beber (coa palliña....)
Todo vai transcorrindo con normalidade, con valores de potencia adecuados, ritmos por debaixo de 4:20, e cruzamos As Pías nun día realmente agradable, nada que ver con outras veces que teño vido por aquí a adestrar, ou mesmamente o ano pasado.
Pasamos Caranza, e eu sempre digo que é unha zoa algo falsa, xa que parece que vas case en chao, pero ten unhas "ondulacións2 que pican o seu, sumadas aos kms que xa traer contigo, uns 15.
É ese momento, entorno ao km 15-16 cando xa empezo a notar algo de flaqueza nas pernas. Supoño que terá que ver có feito de non saír nada ultimamente, pero a partir da zona na que entras por Esteiro xa os ritmos son algo peores, por enriba de 4:20.
Toca subir a costa da porta da antiga Bazán, actual Navantia, costa curta pero moi empinada. Procuro subila con zancadas curtas, tratando de non sumar mais cansancio e buscando saír o menos cansado ao final, que aínda quedan uns kms.
Pero xa noto que as pulsación se me van moi cerca do meu máximo, a valores por enriba dos 170, e ahí a única forma de recuperarte algo e baixar o ritmo tratando de recuperar algo de alento.
Logo está a pequena subida pola Rúa Madalena en Ferrol que tamén me castiga algo.
Pasamos a Praza de España e, curiosamente, ahí si que se nota mais o vento, non moi forte, pero si o suficiente como para meter algo mais de dificultade na carreira, xa con 18 kms no lombo.
Ahí xa noto eu que as forzas non son as que deberan e o ritmo está mais cerca de 4:30 que de 4:20.
Vaime pasando algunha xente, todos novos e que fanme sentir mais veterán se cabe.....
Continúan as ondulacións ata chegar á Ponte das Cabras, no km 20. Sabía que ese último km ía ser tremendo, en subida. Porque é unha subida respetable é porque é o último km.
Pero claro, o que ten de malo tamén o ten de bo, no sentido de que, precisamente por ser ese último km sacas forzas de onde non tes. Así todo subín por alí a ritmo de 5 min/km.
Ao final quedei nas portas de baixar desa hora e media por minuto e medio pero, ao mesmo tempo, saín satisfeito, motivado para prepararme de verdade cara á vindeira media, que será, se nada se torce, a da Coruña en febreiro, que quero aproveitar que estou librando ese día.
Estas carreiras, con tantos kms, teñen algo especial que ven no pack desa dureza que provocan eses kms precisamente. Vívelas dunha maneira diferente, desfrutando desa dureza, por incrible que pareza.
É por iso que cada vez síntome mais a gusto en carreiras de longa distancia, a partir de 10k, ou mesmo Trails, que non en carreiras de 5k, por exemplo.
Agora toca preparar ben a media da Coruña. Temos 2 meses e medio.
Máis lonxe, máis rápido, máis feliz.
www.recetasbellas.com