Dom, 17 Nov 2019, 18:55
Asunto: Re: Media Maratón de Vigo (17/11/2019)
Pois rematada esta "nova media", imos ca crónica.
Chegada en tren a Vigo con 2 minutos de adianto (8:31) e chovendo, así que saio trotando da estación, cando chego a Praza de Compostela, xa vexo que van máis corredores, así que xa vou andando. Había varios buses, eu entrei dos primeiros no derradeiro, as 8:56 estabamos saindo. Chegada ó lugar da saida, no que había un gran despliegue de medios. Recollida de dorsal, preparación para correr e entrega de mochila, quedan 20 minutos e vou quentar un pouco pola zona, xa que non chove nin hai nada de aire.
Situome máis ou menos pola metade, e como vin o globo de 1h35' un pouco adiante, penso en ir con él, pero entre que tardei 13" en pasar polo arco e os primeiros mts. vas algo taponado, escápaseme rapidamente, ata pasar o Km. 2 non pillei ó de 1h40" e eso que os fixen a 4'27" de media polo Gps. O percorrido, da unha volta pola zona, ten varias subidiñas e baixadas, e no Km 6 pasamos outra vez polo arco de saida, e xa tiramos pola costa, en sentido inverso o percorrido da Vig-Bay, xusto ó paso polo 8 pillo a liebre de 1h35", (un crack), ata ahí menos o 1 e o 3 todos de 4'28" para abaixo, vou moi cómodo, xa que podo ir falando. A liebre vainos indicando as subidas e incidencias que podemos atopar.
O chegar a zona de Bouzas o meu GPS, vólvese tolo e xa marca uns ritmos imposibles. Entramos en Vigo, e o grupo vai moi reducido, uns por que se quedan e outros por que tiraron para adiante. Toca agora a zona que menos me gustou, os túneles,
Na baixada do 2º túnel, voume do grupiño sen darme conta, e tiro a bo ritmo para adiante, pero como ben dixeron por aqui a vispera, vaia ca subida de saida ata a rotonda, ahí costoume acabala, pero ó dar a volta recuperamos na baixada, a seguinte subida, a de saida dos túneles dóuseme mellor.
Xa non queda nadiña para rematar, a subida que queda preto da Praza de Compostela, fíxome dano, pero a carreira xa está rematada como quen di.
Chegada a bo ritmo a meta en 1h33'23" oficial, máis que satisfeito ca carreira.
Algunha parte do percorrido non me gustou, pero se hai máis edicións, (túneles, fixéronse eternos) que espero que sí, espero ser da partida.