Foros ›
Autor
Mensaxe
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Sáb, 21 Set 2019, 9:59
Asunto: Re: STRAVA



gracias Guiño pola explicación da súa función, xa me parecía que non o vira antes

-- Chámame "ghose"
moosix

Novo foreiro
Novo foreiro
2/11/19
0 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 02 Nov 2019, 19:16
Asunto: Re: STRAVA

Oye no punta mal esa app, yo uso imapMyrun + y estoy muy contento con las últimas actualizaciones pero esta parece tener nuevos features. Vamos a probarla!
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 17 Dec 2019, 7:15
Asunto: Re: STRAVA

para quen guste máis do aspecto estatístico que do social o/ de estas apps, existe unha extensión para Chrome/Chromium que se chama Elevate

chrome.google.com/webs...ljcgicpckn

pronto terá versión de escritorio (multiplataforma)

thomaschampagne.github.../#/landing debido a discrepancias sobre a evolución de Strava así como da súa relación con outras aplicacións como Relive



-- Chámame "ghose"
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 19 Mai 2020, 5:07
Asunto: Re: STRAVA

supoño recibistes o email dicindo que "escoitaron a comunidade" Moi feliz

Incluso admiten que lles "levou tempo escoitar e entender" Silbar

Simplifican a situación e haberá funcións gratuítas e funcións de pagamento, só UN PLAN de pagamento.

Quitan tamén o dos post patrocinados aos que te podías apuntar (ou algo así).

O da cronoloxía en orde cronolóxica descendente era un clamor (os de FB ou TW nin saberedes o que é eso, pero é o que tes aquí en Correr en Galicia)

Entendo que haberá xente que atope moi necesarias/interesantes algunhas funcións que ata o de agora eran gratuítas e pasarán a ser de pagamento (creo que o dos segmentos).

Qué vos parecen os cambios?

Est.2008
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 19 Mai 2020, 7:53
Asunto: Re: STRAVA

A min os cambios non me parecen nin ben nin mal Silbar

Paréceme positivo que simplifiquen os plans de suscripción, aínda que me parece moi cara para o que realmente ofrece. E iso que eu son suscriptor "involuntario". Levo dous anos aproveitando múltiples ligazóns a ofertas de summit gratuíto por un ou dous meses, pero na última metín a pata e non a din de baixa nada máis collela e o rematar o periodo promocional renovaronme a suscripción anual. Non pasa nada, non me doe pagar por algo que uso pero non era o esperado Confuso

Aínda así, creo que a suscripción non merece moito a pena xa que moitas desas funcións xa as teño en outros sitios. A analise das zonas cardiacas xa a teño en Garmin, por exemplo. Se había algo que valoraba no Strava era esa curva de Fitness que, con as limitacións que ten, dame unha idea xeral da miña condición que correlaciona bastante ben coas miñas sensacións. Pero xa nin eso preciso, xa que a partir dos datos almacenados en Garmin, fixen un script para calcular por min mesmo esa curva de xeito mellorado (considerando o pulso de todo o día e non só das actividades rexistradas como tal). Así que a principal motivo para a suscripción no meu caso, xa non é necesario. Outras das cousas que proporciona, coma o RAP, tamén as podo calcular eu de xeito automático.

O Strava está moi ben no punto de vista social (motiva ver as actividades que fan os teus contactos), ainda que tamen ten eivas importantes nese sentido (a falta de mensaxes privadas entre usuarios, por exemplo). O dos segmentos, buehh, pode ser divertido pero non lle dou moita importancia (aínda que procuro crear os segmentos que creo que poden ser interesantes). Das opcións que máis me gustan está o Flyby, en especial en carreiras, que te permite ver que usuarios estiveron preto teu (por exemplo, permiteme saber que onte casi me cruzo con un contacto meu. Non nos vimos por 10 segundos)

En resumo, que me parece ben o que fagan. Pola miña parte, cando se acabe a suscripción non voltarei a buscar promocións, aínda que me quede sen saber as clasificacións nos meus segmentos favoritos Razz
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 19 Mai 2020, 10:29
Asunto: Re: STRAVA

anpefi escribió:
A min os cambios non me parecen nin ben nin mal Silbar

a min tampouco Moi feliz pero era por falar de algo Mr. Green



E gracias por compartir a opinión! Aplauso


Si, o flyby fai gracia velo Razz


Cita:
a partir dos datos almacenados en Garmin, fixen un script para calcular por min mesmo esa curva de xeito mellorado (considerando o pulso de todo o día e non só das actividades rexistradas como tal)

esto telo que contar polo miúdo Chupete

Normalmente xa un sabe cando está feito unha piltrafilla ou non recuperas ben ou tal, pero ver os números antes de chegar ahí pode ser útil. Ou outras cousas como saber si che cunde o adestramento e progresas, etc., pero vaia a min personalmente case me interesa máis o que digo da recuperación.

Est.2008
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 19 Mai 2020, 13:30
Asunto: Re: STRAVA

ghose escribió:

esto telo que contar polo miúdo Chupete

Normalmente xa un sabe cando está feito unha piltrafilla ou non recuperas ben ou tal, pero ver os números antes de chegar ahí pode ser útil. Ou outras cousas como saber si che cunde o adestramento e progresas, etc., pero vaia a min personalmente case me interesa máis o que digo da recuperación.

Sí, é algo que quero plasmar nun post e que darei a coñecer por aquí, incluíndo o código para que calquera (que sepa abrir unha sesión de R) o poda executar para os seus datos. Aínda me levará algún tempo, xa que tamén quería construiri un modelo de Machine Learning que a partir de varios deses datos poida predecir o meu tempo en carreira Silbar

Sobre o fitness score de Strava, aquí vai un adianto.
Esta é a gráfica que me da o Strava, baseada só nas actividades que están subidas ó mesmo:


E aquí a miña versión baseada nos minutos nas diferentes zonas cardiacas ao longo de todo o día, ademáis dunha liña gris que indica a "forma" pero algo alterada respecto a que calcula Strava (para escalala e suavizala):


O dito, espero que máis cedo que tarde poida plasmar todo isto nun post.
ghose

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/20
0 Carreiras
422 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 19 Mai 2020, 15:33
Asunto: Re: STRAVA

anpefi escribió:
... é algo que quero plasmar nun post e que darei a coñecer por aquí, incluíndo o código para que calquera (que sepa abrir unha sesión de R) o poda executar para os seus datos...

Aplauso Aplauso

gracias

Est.2008





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos