Mar, 22 Out 2019, 12:10
Asunto: Re: Trail Nocturno de Boborás 02/11
Boas tardes.
A 9 días para o peche de inscricións, lembramos a seguinte información sobre o Trail Nocturno de Boborás:
HORARIOS, LUGAR DE SAÍDA e META. O Trail Nocturno de Boborás terá os seguintes horarios e lugares de saída/meta:
18:30 h SAIDA TRAIL NOCTURNO - 16,7 km aprox. desde a Ponte da Cruz
(Pazos de Arenteiro);
META
Polideportivo Municipal de Boborás
Os participantes no TRAIL NOCTURNO serán trasladados en autobús desde a zona ubicada a carón do polideportivo municipal do Concello de Boborás ate o punto de SAÍDA ubicado na parte inferior da Ponte da Cruz a partir das 17:30 horas.
MATERIAL OBRIGATORIO
Será obrigatorio o uso de luz frontal e teléfono móvil con batería cargada.
Establecerase un control de saída para revisar este material. Ninguén poderá
participar sen este material obrigatorio. Recoméndase ademáis levar hidratación propia, inda que non será obrigatorio pois a
organización establecerá un punto de avituallamento intermedio e outro en meta.
A animarse que xa queda menos!!
eventos.emesports.es/i...ion_datos/ .