Foros ›
III Trail Naturfest (Rois)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Dom, 28 Xul 2019, 17:51
Asunto: Re: III Trail Naturfest (Rois)

pasou o dia,e pasou a romeria.
eu xa estou co desmarcaxe.

contademe que vos pareceu,que votachedes en falta....
Maistrote_diego

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/11/13
114 Carreiras
143 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 28 Xul 2019, 19:46
Asunto: Re: III Trail Naturfest (Rois)

Boa carreira. Tes un bo recorrido en Rois, con moita carballeira. Si podo volverei para o ano que quedei con ganas de facer as baixadas a tope. Da post-carreira pouco que comentar que tiven que marchar a fume de carozo, pero os melindres estabanche bos! Guiño
ManuelCR

Maratoniano
Maratoniano
21/12/14
0 Carreiras
218 Mensaxes
PontepicosTrail
Respostar citando Envío Dom, 28 Xul 2019, 20:50
Asunto: Re: III Trail Naturfest (Rois)

Pues te queda mucho trabajo con el desmarcaje, el recorrido muy bien señalizado.
Un bonito trail, durillo pues no daba tregua, o subias o bajabas, zonas de bosque muy guapas.
Los aparcamientos de primera y buen avituallamiento final.
Lo que fué una pena es que no habia nadie en el recorrido para una foto de recuerdo (Al menos yo no la ví).
Por lo demás muy buen trabajo. Gracias.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Xul 2019, 7:52
Asunto: Re: III Trail Naturfest (Rois)

Boas, ó meu modo de ver o trazado (pese o día que fixo) estivo moi bén. Un continuo sube e baixa o que o facía bastante durecho. O mellor a zona de bosque. A marcaxe moí bén e o avituallamiento final moi completo.
A única pega, que xa comentaron antes, e que non había fotógraf@s no recorrido. Unha pena pq había zonas moi bonitas para sacar fotos....
Agardo ser da partida o ano próximo.
Saudos.
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
873 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Xul 2019, 12:38
Asunto: Re: III Trail Naturfest (Rois)

CesGti escribió:
pasou o dia,e pasou a romeria.
eu xa estou co desmarcaxe.

contademe que vos pareceu,que votachedes en falta....
Chapó Sr. Ces, chapó...
Bonito, bonito. Prometiches que sería serrucho rompepernas e así foi. Estabamos avisados.
Coincido cos outros foreros tanto polo bonito dalgunhas zonas (correr polo medio da fraga é o mellor do mundo) e que se botou de menos algún tira-fotos, aínda que coa que estaba caendo a ver quen sería o valiente... Mr. Green
Ben marcado e sinalizado (os letreiros avisando de zanjas top), simpatiquísimas as rapazas do avituallamento, gritándonos e animándonos á nosa chegada. Flipoume a zona con rampas para btt. Si podo voltarei non sólo a correr por aló, tamén a deixar os fuciños nalgún salto deses.
O speaker¿? un cachondo, foi unha festa que nin o tempo estragou, de feito ata se agradeceu mollarse nalgún momento da carreira cando íamos sudando coma xabaríns.
E de postre duchas quentes e pincholo final rico rico.
Noraboa e por moitos anos máis!! Aplauso
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Lun, 29 Xul 2019, 14:58
Asunto: Re: III Trail Naturfest (Rois)

CesGti escribió:
pasou o dia,e pasou a romeria.
eu xa estou co desmarcaxe.

contademe que vos pareceu,que votachedes en falta....

Encántame que sexa un dos organizadores o que pida que lle demos a nosa opinión sobre o trail Aplauso Aplauso Aplauso

Foi a miña primeira participación, e fun animada, asesorada e acompañada por outro foreiro (Ajacast) que me contou maravillas deste trail. Inscribinme o mércores no último intre, que por certo, chamoume moito a atención que a hora de peche de inscripcións fose as 22.00 e non as 23.59 como soe suceder. De feito, sei do caso dunha persoa que quedou sen ir o trail por pensar que o peche era a media noite.

Chegamos con tempo abondo á zona de saída, e debo dicir que non so o trail estaba ben marcardo, tamén había carteis de sobra na estrada indicando a localización do Naturfest. O aparcadoiro estaba a pé de saída, a recollida do dorsal foi moi fluida e regaláronnos uns manguitos que serán moi útiles na tempada invernal.

Vimos sair e animamos os da andaina, que partiron 30 minutos antes. Logo un pouco de quecemento e xa nos puxemos na saída.

O percorrido foi súper bonito, e certamente un rompepernas. ¡Menudas costas! Era duro subilas e igualmente duro baixalas. De feito fun parte do camiño cun indio da Tribu Trail e cando cheguei a meta tiven que ir a felicitalo polo ben que baixaba as costas. Eu adiantávao cando subíamos e logo él quitábame as pegatinas cando baixábamos.

Como dixen xa antes, todo moi moi moi pero que moi ben marcado, ¡¡¡e con pintura rosa!!!, así da gusto correr polo monte Razz (superpunto para Manuel Ces polo traballo!!).

Avituallamento final abuntante, do que deu boa conta todo o mundo e mesmo un canciño branco que andaba arrepañando o que caía no chan. Ainda botei unha boa risa, recordoume a miña cadela que morreu o ano pasado que era igualiña, comía de todo coma un porquiño.

Tamén o de ducharse con auga quentiña agradeceuse mil, porque tivemos un día que parecía inverno total de toda a auga que nos caeu.

En resumo, todo de 10: voluntarios, organización, speaker (que caña de tío, tiña resposta para todo o que lle dicían), e mesmo fotógrafa, que aunque non tiñamos ninguén no percorrido para inmortalizarnos, sí que había unha rapaza tomando fotos na zona de meta antes da saída e tamén na chegada. Espero que publiquen ese álbume axiña Sorriso Gracias a todos!
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Lun, 29 Xul 2019, 16:53
Asunto: Re: III Trail Naturfest (Rois)

bueno,o tema das fotos...

estaba previsto ter unha fotografa,que de feito estudiou para eso e o fai moi ben, no descenso de btt,xusto antes do avitualla.
pero o dia que saleu complicounos a vida bastante a nivel organizativo,e o final acabamos cometendo erros coma ese.

logo puxenme eu a tirar fotos co movil o lado do 4x4, pero chamaronme doutro lado,e tiven que parar a faena.

de veras que o sinto,e algo que como trailero,entendo perfectamente.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Xov, 01 Ago 2019, 16:54
Asunto: Re: III Trail Naturfest (Rois)

fotos no apartado de fotos.
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 01 Ago 2019, 19:45
Asunto: Re: III Trail Naturfest (Rois)

Percorrido moi bonito. Non esperaba esas baixadas tan divertidas entre carballos. Balizaxe de 10. Avituallamento postcarreira sobresaínte. Seguro que repetirei percorrido algún día para adestrar.
CesGti

Montañés
Montañés
9/12/09
666 Carreiras
1302 Mensaxes
ROIS
Respostar citando Envío Ven, 02 Ago 2019, 16:46
Asunto: Re: III Trail Naturfest (Rois)

memphis_ESP escribió:
Percorrido moi bonito. Non esperaba esas baixadas tan divertidas entre carballos. Balizaxe de 10. Avituallamento postcarreira sobresaínte. Seguro que repetirei percorrido algún día para adestrar.
esta aberto practicamente todo o ano,e o meu patio de recreo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos