Dom, 07 Xul 2019, 16:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Primeira semana de vacacións na favela:
Luns: físio, descarga a tope nos xemelgos ata case ver as estrelas
Martes: ximnasio con Gonzalo. Exercicios asequibles pero cos electrodos máis a tope do habitual, e as conseguintes maniotas nos glúteos despois
Mércores, xoves e venres : traballo intensivo do tren superior, coa podadora Sthil e as tesoiras manuais. Demasiados minifundios e moita herba pendente desde o inverno. Aínda me queda outro tanto para a vindeira semana.
Sábado: 15 minutos de bici estática, 3 rutinas de abdominais e reforzo de glúteos, por aquelo de tranquilizar a conciencia, e porque despois de tanta xardinería e horticultura o corpo non daba moito máis
Domingo: para compensar a escaseza de kilómetros desta semana, tocaba facer algo significativo. Non por necesidade atlética, senón anímica. Hoxe facía falta correr para honrar á mañá de sol, agradecer o feito de estar viva e ter folgos para calzar as zapatillas. Correr por quen xa non pode correr. Correr para gañar forzas e poder compartilas cos que andan sen elas. Correr polas costas duras de Teis, para encaixar o esforzo físico co esforzo anímico que supoñen as costas vitais das ausencias inevitables... E así foron indo un por un todos os kilómetros da 10k de Teis, os que xurara en febreiro que noi ía volver a facer de golpe ata dentro dun ano. Pero que volvín a correr hoxe porque a ocasión o esixía. Coma unha especie de Memorial Isabel Varela, que rematou onte, esforzada e valente, a súa particular carreira pola vida.