Mér, 14 Ago 2019, 18:36
Asunto: Re: Media Maratón 21 Lunas y Media - Ponferrada (13-07-19)
Pois penso que esta media vai ser unha das miñas fixas no calendario en vindeiros anos. O tempo acompañou e quedou unha noite perfecta para correr.
Algo tarde(as "vacacións" de correr tamèn incluíron vacacións do foro jejeje) pero fago a miña pequena crónica da carreira.
O primeiro,a bolsa do corredor: EXCELENTE. Bolsiña de tela, gominolas,xeles, camiseta Joma e ata unha botella de viño tinto. E de postre medalla finisher e botelo con arroz de cea. A única "pega": ter que recollela tan cedo(límite 19:30) comezando a carreira ás 22:00.
Aparcamos preto da chegada e subimls andando ata a saída. Quentamento pola zona,algunha fotiño e á faena.
Saída rápida e volta pola zona vella PRECIOSA (xente de època con cirios facendo pasillo) e moita xente animando.Baixada do castelo e chegada á cidade. Mètome nun grupiño e pregunto se teñen tempo obxectivo. A resposta è boa para min, sendo optimista e quedo con eles ("hasta donde aguante y con vuestro permiso chavales"). E así van pasando os km, con moi bo ambiente no grupiño,o que se lle vai unindo xente desde atrás e algúns que sairon moi "alegres" e van quedando (chegamos a ser 13). Moi coordinados nos avitus e moita camaradería ofrecendo o que cada un collía antes de desbotalo). Non miro o reloxo porque estou a disfrutar moito da "compaña" e así van pasando,5-10-15. A partires dahí a cousa ponse seria, pouco a pouco o grupo vaise desfacendo e a xente comeza a rezagarse. Quedamos soamente 3 (o que tirou dende o principio, un amigo seu e mais eu). Sácanme uns metros no avitu do 15 e márcoos. Vou con algo de respeto pola falta de km pero a verdade è que me atopo xenial. Pouco a pouco o amigo vaise quedando e colloo,aguanto un pouco con el e anímame a tirar e alá vou. O cabeza de grupo vaise indo pouco a pouco e comezo a notar a fatiga (imos polo 18 s xa comeza a pesar todo). Miro o reloxo e doume conta que vou en MMP de longo e con marxe de facer o meu resultado mais optimista. Así que toca apretar eses 3 km que faltan e tirar de cabeza e saber sufrir. A chegada ó estadio (case paso o cruce porque xa ía xustiño e nin vía jajaja) e 3/4 de volta para entrar en meta e mellorar case 5' o meu tempo da media de Coruña. Exausto pero super feliz pola carreira,polo ben que o pasei no grupo e pola super marca obtida. Non o cría jejeje.
Sesión de fisio sen apenas facer cola, duchiña e botelo de cea.Quedamos á entrega de trofeos e de volta para o meu pobo. Cansiño pero feliz.
Abur meus