Mér, 23 Xan 2008, 15:08
Asunto:
No meu caso, e a pesares de non ter claro qué iba facer na carreira, moita satisfacción co resultado. Para comezar, teño que decir que cheguei abafando a recoller o dorsal porque tiña na cabeza que a carreira empezaba ás 10 horas (portuguesas) en vez de ás 10:30
e me peguei un carreirón sen sequera quentar, claro... cousas de andar ás minchas.
Unha vez recollido o dorsal, tería que voltar ó coche a buscar imperdibles, pero por sorte algúns foreiros me cederon un par deles... menos mal, porque se fago outro carreirón xa non saio a correr. En fin, que falamos un pouco, quentamos o xusto (ou mais ben menos do xusto) e para a saída.
Saída horrorosa... estamos moi atrás (a carón do primeiro ministro José Sócrates... así que absolutamente apelotonados) e tardamos máis de 30 segundos en dar siquera un paso. Primeiro km. sorteando xente e máis xente... ¡qué horror!. De súpeto miro a
Marola e
Jabelo e consigo aguantarlles o ritmo ata o km. 2 (¡¡na miña vida!!) onde decido que vou baixar un pouco porque así non chego ao km. 5
Sigo a bó ritmo pero de súpeto me chaman dende detrás
Fema,
Barrachina e
Vouamodo e deduzo que baixei moito o ritmo, así que pego un tirón ata que atopo unha bóa lebre
desas que da gusto mirar
(por certo,
Urko, a miña era española). Como non me vai o seu ritmo, pego outro tirón, e aguanto un ratiño, pero volvo a baixar porque me colle ela e mais o seu acompañante. De feito a miña carreira foi unha sucesión de tiróns (moitas veces forzados por min para ver ata ónde pode chegar o meu corpo... de cara á maratón) e baixadas de ritmo... que logo me pasaron factura.
En fin, que me adiantaron todos: a lebre e máis os compañeiros do foro... e no km. 12 o meu cuádriceps esquerdo dixo que iba tocado de carga laboral... mantiven o ritmo cercano aos 5' km. ata o 14,5 para, finalmente (en á vista de que ainda me quedaba un resto de forza) esprintar ata o que me dera o corpo... adiantando a 4 persoas nos derradeiros 150 metros coa axuda e os ánimos da muller de
Vouamodo. Tempo final polo meu crono 1: 10: 32 a un ritmo de 4'42''... todo un éxito, xa que nunca aguantara tantos kms. a ese ritmo... nótase o entrenamento para a maratón de Barcelona ¿eh?
à chegada a compañeira
Xolinhavotoume unha man co chip e déume moitos ánimos... saudei a unha compañeira súa (e nosa, que non estaba moi satisfeita, pero que penso que o fixo moi ben... e que hai xente que se esixe demáis, penso eu) e xa para fora da zona de meta, onde atopo á gran familia de CorrerenGalicia... sempre un pracer.
Bolsa de corredor impresionante, como xa comentaron por ahí (o viño verde xa o estrenei o mesmo domingo ao chegar a casa) e pouco máis, xa que como tiña á muller doente na casa cos nenos non me quedei a comer (co que me gusta o bacalhao á braz). Unha magoa non terme quedado tampouco a ducharme
. Vémonos por ahí xentiña... a alguns supoño que xa directamente en Barcelona, carreira na que ando moi centrado seguindo o meu entreno ó pé da letra (salvo o domingo pasado, claro)
P.D. Mensaxe a
Poetinmotion e
Charly... os do
CarSantiago déronme un detalliño para vós... a ver cándo volo paso (¿o domingo 27 no CARMA?)