Foros ›
Author
Message
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
0 Carreiras
324 Posts
Burela
Reply with quote Post Mon, 23 Jan 2017, 12:02
Post subject: 2017 Tokyo Marathon

www.marathon.tokyo/en

Saúdos a tod@s. Despois de darlle varias voltas, decidínme a abrir este tema poque creo que de todos os Majors non hai ningún aberto sobre o maratón da capital nipona. Espero que se alguén está interesado en correlo, este post lle axude dalgunha maneira. En parte eu tamén me vin beneficiado da información que outros foreiros publicaron sobre maratóns como o de Berlin, New York e Chicago... así que, que menos!

Ademáis, tamén me valerá a min para ir plasmando un pouco a modo de crónica os pormenores desta viaxe atlética xD

Inscrición
Eu inscribinme a través do programa "RUN as ONE - Tokyo Marathon 2017 “Semi-Elite (Overseas)”, unha selección de 200 corredores (homes e mulleres en total) de fóra de xapón, que acrediten un tempo en maratón de entre 2:21 e 2:55 no caso masculino, e entre 2:52 e 3:40 en femenino.

A marca debía ser realizada no 2015 ou 2016.

O período de solicitude ía dende o 7 de xullo ata o 8 de agosto do 2016.

O xoves 25 de agosto confirmáronme que fora escollido.

E logo hai un período para pagar a inscrición dende ese día ata o 15 de setembro.

Para a inscrición xeral por sorteo o período foi do 1 ao 31 de agosto. Anuncian os agraciados a mediados de setembro.

Cousas diferentes que piden: hai que ser capaz de completalo en 6 horas 40 minutos e ser maiores de 19 anos.

Hai que ter en conta que só aceptan 35.500 corredores aos que hai que restar 100 da categoría elite, 2.700 da semi-elite (sumando overseas e xaponesas e xaponeses), os de cadeira de rodas, e os dorsais solidarios (3.000, que poden solicitalo dende o 1 de xullo) e touroperadores. Creo que este ano recibiron máis de 350.000 solicitudes así que menos dun 10% de posibilidades de que te collan co sorteo...

-------------------

Cambios edición 2017

Despois de 10 anos co mesmo percorrido, nesta edición fixeron uns pequenos cambios para intentar que sexa aínda máis plano, máis rápido e con meta en mellor ubicación, buscando poñelo ao nivel doutros maratóns como Berlin, Chicago ou London.

Antes os últimos 6 km tiñan menos espectadores có resto porque acababan nunha zona da bahía de Tokyo, onde se recollen os dorsais se non me equivoco, algo máis apartado do "centro". Este ano acábase ao lado dos xardíns do Palacio Imperial, zona de Marunouchi ou estación principal de Tokyo así que pode ser apoteósico...

www.marathon.tokyo/en/about/course/

-------------------

Xa irei poñendo máis información sobre outras cousas. E se alguén necesita preguntar algo porque taén quere correr, que o faga sen problema que estarei encantado de axudar se me é posible!
Rama

Foreiro Senior
Foreiro Senior
18/08/09
0 Carreiras
658 Posts
Ponteareas
Reply with quote Post Mon, 23 Jan 2017, 12:17
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

Ola Simón:

Grazas por compartir a túa información e contar a túa experiencia.

Saúdos de Rama desde Ponteareas.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
475 Carreiras
4042 Posts
K-pax
Reply with quote Post Mon, 23 Jan 2017, 13:04
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

Gracias por la info Simón, estaré pendiente de tu experiencia, y suerte

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
seixi

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
22/11/08
0 Carreiras
1016 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Mon, 23 Jan 2017, 14:11
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

Gracias! Vamos tomando nota para dentro de un par de años
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
444 Carreiras
5441 Posts
CdA, Tomiño
Reply with quote Post Mon, 23 Jan 2017, 15:35
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

Lo de entrar por marca va a ser que no, y por sorteo tampoco. Será pasando por caja, pero un viaje a Japón vale la pena. Estaremos muy atentos a la experiencia.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
376 Carreiras
3169 Posts

Reply with quote Post Mon, 23 Jan 2017, 16:33
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

Pois moita sorte para este mesiño que te queda para disfrutala.
Albergg

Maratoniano
Maratoniano
3/08/11
36 Carreiras
191 Posts
Burela/Celeiro
Reply with quote Post Tue, 24 Jan 2017, 10:33
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

Ánimo Simom! Xa queda pouco.
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
0 Carreiras
324 Posts
Burela
Reply with quote Post Thu, 26 Jan 2017, 10:28
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

Moitas gracias a todos, agradécese o interese e os ánimos.

Hoxe recibín o email da organización comunicándome que acaban de enviar por correo (si, postal), os documentos que hai que presentar para recoller o dorsal na Expo do maratón.

E a mediados de febreiro publican a guía do corredor deste ano.
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
0 Carreiras
324 Posts
Burela
Reply with quote Post Fri, 03 Feb 2017, 17:05
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

Esta semana acaban de publicar os mapas da zona de saída e chegada. Cada dorsal ten asignado unha entrada é unha saída correspondente, e hai varios gardarroupa para cada grupo. Ademais, nos mapas xa indican o itinerario a seguir dende a estación de Shinjuku.

De todas formas espero que ao estar nesta categoría semi-elite como a nomean, teña a vantaxe de ter un gardarroupa e un corral específico na saída, se non xa me diredes que clase de privilexio ten?
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
444 Carreiras
5441 Posts
CdA, Tomiño
Reply with quote Post Tue, 07 Feb 2017, 22:46
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

Hola, Simom.

Mi jefe acaba de regresar de Tokyo y me trajo un souvenir.





Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
0 Carreiras
324 Posts
Burela
Reply with quote Post Wed, 08 Feb 2017, 10:36
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

(Ai, estes malditos correctores automáticos... )

Ola Dr.Slump!
Con xefes así da gusto, xa te está invitando e motivando para que vaias nun futuro próximo! Bailar

Por certo, o xoves pasado xa recibín a carta co número de dorsal e a folla de rexistro para recollelo na Expo. Só tardou unha semana dende que me avisaron por email.

Trae ademáis un mapa de Tokyo con liñas de metro e metropolitano e folletos con ofertas varias e suxerencias turísticas, ademáis de mapa das zonas de saída e meta.

Por se alguén trasnoita na madrugada do sábado 25 ao domingo 26, e está interesado, teño o dorsal A8019. Razz
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
0 Carreiras
324 Posts
Burela
Reply with quote Post Fri, 17 Feb 2017, 9:44
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

Ao final pouco estou comentando sobre o maratón... Síntoo! Os días van pasando e entre traballo e os adestramentos finais e reds sociais varias un ten desatendido ao foro Angel

Unha das cousas chulas que ofrecen no maratón é dun dos patrocinadores ou colaboradores, Seixo. Teñen unha web especial para o maratón: www.seiko.co.jp/marath...index.html

- Cun mapa do percorrido interactivo con consellos, elevación, puntos km marcados e as atraccións turísticas e horas de paso estimadas

- Podes escribir nun panel típico das competicións de atletismo en pista a marca que esperas facer, e despois ao acabar o maratón na zona de meta podes esribir o teu resultado e colgarano a modo de exposición nos vagóns do metro...

- Tamén podes descargar un pdf recortable para poñer no brazo cos tempos de paso por km...
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
475 Carreiras
4042 Posts
K-pax
Reply with quote Post Fri, 17 Feb 2017, 9:49
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

vamos simon,que ya no queda nada Aplauso Aplauso

" Corre la primera parte con tu cabeza,la segunda con tu personalidad,y la tercera con tu corazon."

Mike fanelli,entrenador
Albergg

Maratoniano
Maratoniano
3/08/11
36 Carreiras
191 Posts
Burela/Celeiro
Reply with quote Post Fri, 17 Feb 2017, 10:54
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

Con permiso Simom, pero temos que presumir de veciño:

www.lavozdegalicia.es/...6C9995.htm

www.lavozdegalicia.es/...7C8991.htm

Ánimo. Xa falta pouco.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
444 Carreiras
5441 Posts
CdA, Tomiño
Reply with quote Post Fri, 17 Feb 2017, 11:04
Post subject: Re: 2017 Tokyo Marathon

Personalmente considero un privilegio que un atleta de este nivel esté aquí comentando y dando consejos a los populares. Esto no pasa en otros deportes.

¡Mucha suerte!

Voy a hablar con la alcaldesa de Tomiño a ver si le interesa que promocione yo Carregal por esos mundos.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum