Sáb, 16 Xan 2016, 19:10
Asunto: Re: Diario de maillotamarillo.
CAreira contra o cancro en Pontecaldelas, sensacións regulares, non collín ritmo desexado e fun de máis a menos.
5,3 kilómetros, 22:01 min, ritmo 4:09
Posto 31 de 164 participantes, non estivo tan mal, porque había moita xente en plan paseo, pero non poiden baixar dos 4 min/km coma en Vigo. Para min quédame unha sensación de oportunidade perdida, pero hai máis carreiras. Supoño que con tanta chuvia non puiden adestrar todo o que debía, o deporte indoor non é o mesmo. Ou tal vez o esgotamento da longa ruta do xoves en bici afectou algo.
Cronica