Foros ›
Andaina Negreira 27/09/15
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Dom, 20 Set 2015, 17:22
Asunto: Andaina Negreira 27/09/15

O próximo día 27, según o díptico de actividades do concello, celebrarase a tradicional Andaina

www.concellodenegreira...iptico.pdf

Non sei a hora, nin o percorrido Molón Pero supoño que será coma "sempre": uns 25km, sáese do concello ou onde fan a feira os domingos e as 9 da mañá. Moi concreto todo Mr. Green

Hei preguntar no concello. Saúdos

-- Chámame "ghose"
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1928 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Lun, 21 Set 2015, 7:13
Asunto: Re: Andaina Negreira 27/09/15

Isto foi o que atopei no blog de Andainas por Galicia, pero pon que será o día 26 (sábado):


Nome da proba: VIII ANDAINA POPULAR DE NEGREIRA
Organiza: CONCELLO DE NEGREIRA
Modalidade: Andaina
Data: 26/09/2015
Distancia do percorrido: 25 KILÓMETROS
Información: ANDAINA POPULAR DE NEGREIRA (A CORUÑA)
26/09/2015

A 8ª Andaina Popular “Negreira no Camiño de Fisterra” vai ter lugar o sábado 26 de setembro en Negreira, e terá 25 Km. de distancia. Con esta iniciativa preténdese familiarizar aos participantes neste tipo de proba longa, ademáis de potenciar e dinamizar o camiño de Fisterra-Muxia no tramo de Negreira.
REGULAMENTO
1.- ORGANIZACIÓN:
A proba está organizada polo Concello de Negreira
2.- INSCRICIÓN:
Poderá realizarse en:
- Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira
Teléfono: 981.885 886 Fax: 981.885 328
e-mail: cultura.deportes @ concellodenegreira.es

- A data para a inscrición será do 10 ó 25 de setembro ata as 14:00 h.
- A inscrición é gratuita.

3.- SAÍDA E CHEGADA:

Farase dende o Campo da Feira na data sinalada ás 9:00 horas. É preciso estar no punto de saída 30 min. antes do inicio da proba. A Meta situada no Campo da Feira pechará ás 16:00 horas (7 horas despois do inicio).
4.- ROTEIRO:

Estará convintemente sinalado para facer o percorrido andando, non correndo, dende a saída ata a meta, con indicadores e frechas cada certos metros para que non haxa ningunha
posibilidade de perda.
5.- AVITUALLAMENTO:

Ao longo do percorrido haberá seis puntos de avituallamento coa finalidade de prover aos participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba. Estarán ubicados
en:
1.- km. 5, Broño: auga e froita
2.- km. 9, A Pena: auga, froita e bocadillos
3.- km. 20, Broño: auga, froita e bocadillos

6.- MASAXISTA:

Na liña de meta haberá servicio de podoloxía para toda a xente que o necesite.

7.- CONTROIS E CUALIFICACIÓNS:
Os controis estarán situados nos puntos de avituallamento. Tódolos camiñantes que fagan a proba terán como agasallo unha gorra alusiva da proba e entrará nos sorteos que se fagan na meta.
CONTROL: levarase o díptico interior en todo o percorrido, para poderser cuñado nos puntos de avituallamento. Cada participante levará un dorsal suministrado pola organización e imperdibles para suxeitar á camiseta, que se darán na saída e deberán presentalo na meta. Trátase dunha proba de fondo, polo que é moi importante estar ben preparado fisicamente, polo que se aconsella camiñar con anterioridade.
Inscripción: - Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira
Teléfono: 981.885 886 Fax: 981.885 328
e-mail: cultura.deportes @ concellodenegreira.es

- A data para a inscrición será do 10 ó 25 de setembro ata as 14:00 h.
- A inscrición é gratuita.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 21 Set 2015, 7:15
Asunto: Re: Andaina Negreira 27/09/15

si, normalmente facíase o sábado.

gracias pola información e a ver qué me din no concello

edito: desde o concello dinme que si, que o sábado

-- Chámame "ghose"





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos