Mar, 02 Set 2014, 19:34
Asunto: ANDAINA DE PORTO DO SON - [21/09/2014] - 9:00 h - 30 Km
Con esta andaina queremos "pechar o círculo" que se abreu no mes de xuño ca Andaina da Costa do Son, e na que fixemos a parte sur do Concello do Son; agora imos pola costa norte, ata Portosín e Miñortos, pasando polas praias de Aguieira, O Pozo, Ornanda, Coira, os lugares de interior, coma Queiro, Nebra, A Silva, ou Resua. Cada un co seu encanto, e ca súa identidade.
Aquí vos queda a información principal que podedes ampliar na web, con mapas, perfiles, regulamento, avituallamentos, etc.
Esperamos que a disfrutedes.
Día: 21 de setembro de 2014
Hora: 09:00 h.
Hora límite: 15:30 h.
Distancia: 30 km.
Saída e chegada: A Atalaia - Porto do Son
Organiza: Arousa Natureza e Ocio e Concellalía de Deportes de Porto do Son
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio e Oficina de Deportes do Concello de Porto do Son - Atalaia, s/n.
Plazo de inscrición: 1 de setembro ao 18 de setembro do 2014
Custo da inscrición: 6 €
Páxina web oficial:
www.arousa.com
E-mail: contacto @ arousa.com