Xov, 01 Ago 2013, 7:44
Asunto: XI Andaina 50 km Concello de Riveira
Sábado, 7 de Setembro de 2013
Información
A XI Andaina Popular “Concello de Riveira”, de novo volve a modificar o percorrido habitual dos anos precedentes, buscando novos alicientes que consigan o disfrute dos participantes nesta proba. Nesta edición as novedades principales, son o lugar de salida (Complexo de A Fieiteira), acadándose a máxima altura da ruta nos primeiros 20 km. Por primeira vez nos 11 anos de existencia, non se subirá o emblemático Monte Tahume, pero a cambio acadarase a máxima altura de sempre: os máis de 600 metros do Monte Forcados, coa conseguinte vertixinosa baixada do km. 17 ó 18.
A ruta misturará estes terrenos montañeiros, con novas rutas fluviales, nova subida ó Monte da Cidá, e retomaremos o sendeiro costeiro de Couso. En fin, traballando arreo para que cada ano os participantes se atopen unha andaina nova.
ORGANIZACIÓN
A proba está organizada pola Sección de Sendeirismo da Asociación “As Miñoteiras”, contando coa colaboración do Concello de Riveira, Asociación de Veciños de Carreira, Protección Civil e Asociación Arrecó.
INSCRICIÓN
Prezo dende o 1 de Agosto ata o 3 de Setembro:
· 15 €uros (con camiseta de recordo)
· 10 €uros (sin camiseta)
A partir do 3 de Setembro, haberá un prezo único de 25 euros, sen dereito ó polo de recordo.
Poderá realizarse en:
www.riveira.es
Ingreso en:
* 2091 0339 78 3000030804 (NGB)
* 2100 1840 61 0200046087 (La Caixa)
O número máximo de participantes é de 300 (No intre de alcadar esta cantidade xa non se admitirán máis inscricións)
SAÍDA
¡¡NOVEDADE!! A saída será desde as pistas de atletismo do Complexo Polideportivo de A Fieiteira, ás 9 horas. É preciso estar no punto de saída 30 minutos antes do inicio da proba.
ROTEIRO
Estará convintemente sinalado con cintas blanco/bermellas e pintura amarelo-fosforito, cunha distancia máxima entre sinais de 200 metros.
AVITUALLAMENTO
Ó longo do percorrido haberá cinco puntos de avituallamento coa finalidade de prover ós participantes de auga e comida durante o tempo no que se desenvolva a proba.
CONTROLES DE PASO
Haberá controles de paso, polos que os participantes deberán pasar nuns tempos mínimos e máximos, calculándose os mínimos a razón de 4,2 km/hora, e os máximos a 7,5 km/hora. A organización non se inmiscuirá en como se realicen os tramos entre controles de paso (andando, correndo…) sempre e cando se cumplan os horarios mínimos e máximos, e non se moleste ó resto de participantes.
Os controis estarán situados nos puntos de avituallamento:
· Km. 10: Moldes
· Km. 20: Balteiro
· Km. 26: Dolmen de Axeitos.
· Km. 35: Castro
· Km. 42: Couso
PREMIO DA REGULARIDADE
Como novedade, nesta edición farase entrega do Premio da Regularidade, a aquel participante que acade o maior número de puntos por pasar por controles segredos no tempo que corresponda ó ritmo que a organización indique no momento da saída.
Exemplo: Si na salida se indicase que o ritmo para optar ó premio fose de 10 km/hora, e os puntos de control estivesen nos km 20 e 30, otorgaríanse 10 puntos ós andaríns que pasasen por eses controles nos minutos 120 e 180. Cada minuto que se desvíe (hasta un máximo de 10) restarían 1 punto por cada minuto de desviación.
OBSERVACIONS:
• Haberá dous percorridos:
A) Distancia habitual de 50 km.
Versión reducida de 36 km. que comparte o itinerario coa longa, excepto o derradeiro kilómetro, no que se atalla para chegar á meta, evitando deste xeito os derradeiros 14 km.
• O prezo de inscrición será o mesmo para ambos percorridos, sendo sobre o terreno cando o andarín deberá optar por un deles.
• Obrigatoriedade de portar un bidón ou cantimplora que se irá recheando nos avituallamentos (non se entregarán botellas de plástico nos puntos de avituallamento).
• Asimesmo, será recomendable (para mellorar a seguridade dos participantes) portar un teléfono móvil (coa batería ben cargada!!!) no que poder localizar ós andaríns que non pasen polos controles, ou co que podan avisar á organización en caso de que lle xurdan problemas graves.
· Se en calquera momento da proba algún/ha participante se amosa canso ou sofre algunha lesión importante debe comunicalo a outro participante ou se é posible, achegarse ó control máis próximo. A Organización disporá dun servicio de controis itinerantes para solucionar este tipo de problemas.
· Ó remate da proba celebrarase un sorteo de agasallos e entrega do Premio da Regularidade, así como unha festa con paella e cervexa para participantes e acompañantes.
· Na Fieiteira haberá vestuarios e duchas dende as 15.30h.
RECOMENDACIÓNS IMPORTANTES
Trátase dunha proba de fondo, polo que é moi importante estar ben preparado fisicamente, polo que se aconsella camiñar semanalmente 80kms. dende dous meses antes. Consiste nun percorrido de 50 km. E non son todos de terreos chans, senón que hai desniveis e terreos accidentados que salvar.
A Organización non se fará responsable dos accidentes ou danos que poidan ocorrerlles ós participantes, aínda que tratará por tódolos medios de evitalos.
É recomendable que os participantes dispoñan de licencia federativa ou posúan un seguro para o suposto de calquera accidente ó longo do percorrido. Os menores de 18 anos deberán vir acompañados dun responsable de maior idade.