Lun, 22 Xan 2007, 10:54
Asunto:
Moi boas:
Pois aí vai a miña crónica. Cheguei xunto ca miña familia o sábado pola tarde, despois de xantar e facer algunhas compras en Valença, paseo pola cidade, e a agardar a castinheiras e a sua familia. Chegan, imos ao noso aloxamento, e outro paseo pola cidade e a buscar o dorsal. A cidade gustounos moito, unha zoa vella moi ben conservada e unha zoa estupenda para pasear ao borde do limia, ainda que non había moito ambiente, pouco movemento. Recollida do dorsal e a durmir. O día seguinte, levantámonos cedo, pequeno alomorço, recoller un pouco e a quentar. A saida puntual, penso que me coloquei un pouco atrás, porque dan a saida e despois dun ratiño, ainda non me movo. Comezo a correr bastante lento, hai adoquíns e un montón de xente. Despois de xirar na primeira rontonda e vir de volta, saudo a castinheiras, e vexo o mais impresionante, paralelamente a meia maratona organizan unha minimaratona e unha caminhada de 4 kmts., parece coma se toda a cidade se botara a andar, impresionante... Paso o primeiro kilómetro en 5 minutos, vou moi lento, hai que apurar un pouco mais, ainda que trato de non pasarme para non sufrir moito ao final. Segundo kilómetro, miro o reloxio e xa millorei o tempo, agora a levar ese ritmo ata o final. Despois de levar varios kilómetros (xa fora de viana), pasa o primeiro, e un rapaz en silla de rodas, que velocidade...
. Despois doutro treito de subidas e baixadas, vexo a cabeza de carreira, que caña... 8O. Chego ao kilómetro dez, agora volta cara a viana, miro o cronómetro 44 minutos, atópome ben, a manterse. Despois do kilómetro 14, comezo a apurar un pouco, recordo o que lín no foro, agora toca todo baixada... Chego o kilómetro 18, creo que vou ben, xa hai tempo que non quero mirar o reloxio, para non agobiarme. Dende aquí ata o final é un calvario, subes-baixas bastante duros e continuos, os derradeiros kilómetros fanse eternos... Chego a meta, 1 h. 31 minutos, está ben, ainda que na parte final sufrín bastante. Recollo a bolsa de corredor (!viño!, auga, powerade, zumo, gorra, tres camisetas... ainda que serían millores se foran da miña talla, bueno malo será que non as poida aproveitar alguén...). En resumo, estupenda carreira, moi ben organizada, bo recorrido (ainda que os tres derradeiros kilómetros son duros...) e moi recomendable cidade, creo que para o ano toca voltar...
Ah! noraboa para castinheiras, polo seu estreo na media e por conquerir o seu obxectivo. ¡Estupendo campion!, agora a polo maratón...
Un saudo para todos.