Mér, 28 Xul 2010, 12:12
Asunto: Re: Nova era en Cataluña
Ademais, moita xente se cre que a plataforma PROU o fai cun afán catalanista e independentista. Eu non creo que sexa así, senón que o fai unicamente movido polo interés dos animais (metete na súa web e xa verás o que alí se fala, hai xente de tódolos ámbitos, de esquerda, dereita, cataláns, irlandeses, franceses...).
Eu, aínda que teña as miñas ideas sobre Galicia, apoio esta idea por sí mesma (ademais de pola miña profesión). Tamén apoio a abolición da
festa que hai en non sei qué pobo que tiran unha cabra dun campanario de 12 metros de altura para que rompa os cadrís no chan. Joder, como se lle pode chamar festa a iso, a onde chegamos... No sei se o sabes, pero antiguamente había en certas zonas rurais de Galicia (miña nai viuno de nena), unha especie de xogo popular que consistía en enterrar vivo un galo cos pes atados nunha eira, só coa cabeza de fora. Logo había un grupo de persoas ás que se lles tapaban os ollos cun pano, se lles daban unhas voltas para desorientalos e iban pola eira adiante ás tentas, cun fouciño na man dando golpes, co resto da xente rindo a cachón, ata que algún lle cortaba a cabeza ao pobre galo. E o que o facía levaba o resto do galo para comer para a casa.
Afortunadamente, esto xa (que eu saiba), xa non se fai. ¿Pareceríache ben que o fixeran? ¿Pareceríache ben que legalizaran as pelexas de cans, que seica moven moitos cartos, dicindo que é bo para a economía? E dicir, ¿o que é correcto debe estar supeditado ao que é economicamente rendible? ¿Por qué a xente protesta se maltratan un animal nun circo, e non nunha praza de touros? ¿Por qué en Galicia se ten que importar algo tan cruel, e que non é propio de aquí? ¿Para que 2 gandeiros andaluces e 3 toureiros se lucren? ¿Con qué cara lle dis ao que aposta nas pelexas de cans, 'ti non podes gañar cartos, porque o teu non é tradición'. El respostará: 'Deixamo facer 150 ano e xa o será'. Hai 300 anos queimaban a xente, hai 40 anos en España executouse xente en 'garrote vil'... Eu creo que erradicar certas prácticas supón un progreso para toda a sociedade no seu conxunto.
Saúdos.