Mér, 26 Mai 2010, 18:59
Asunto: Re: ¿se va a las carreras por lo que dan?
Cada persoa terá uns motivos propios polos que vai as carreiras. Supoño que o principal é a carreira en si, pero hai comentarios que me deixan un pouco chocado, cando se valora as carreiras segundo a cantidade de cousas que se dan no avituallamento .
Para min hai cousas fundamentais nunha carreira, desois todo o que fagan a maiores benvido sexa, pero non me parece para nada imprescindible
-
A carreira en si mesma pode parecer unha tonteria, pero considero un detalle importante que a carreira anunciada se celebre (un saudo para os amigos de Sarria
)
-
Un recorrido minimamente indicado ou alguen que indique os desvios porque senon xa nos vamos a orientación e esa é outra modalidade
-
Circuito libre de coches
-
Bebida o rematar con auga conformome, pero que non me veña ninguen a menazar por si me da a tentación de coller 2 porque unha non me chega (outro saludo para a organización da Pedestre de Santiago
)
-
Clasificación da carreira ainda que non teña os tempos
-
Trofeos para os tres primeiros sempre que haxa medios para os puntos anteiros , considero importante ter un recoñecemento cos primeiros clasificados. Eso que xa vin de deixar sin premio o segundo e terceiro clasificado da proba absoluta non me parece de recibo
-
Duchas pode pasarse por alto en lugares pequenos onde non dispoñen das infraestructuras, pero en lugares onde dispoñen de pabellóns públicos non me parece tanta molestia cedelas para non ter que volver empapado de sudor para casa