Calendario
Info da proba

Cacheiras

27/04/2025 12:00 - 13:30
Regulamento REGULAMENTO
Poderán participar atletas federados/as e non federados/as, aínda que haberá unha soa
clasificación conxunta. O control da carreira realizarao o Comité de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2024-03/Reglamento%20de%20Competición.pdf
Todas as categorías están abertas a persoas con diversidade funcional. Se ben, deben
adaptarse ás condicións existentes para cada circuíto. As persoas con discapacidade poderán
realizar a proba acompañadas sempre que o precisen.
1.- CATEGORÍAS DOS/AS PARTICIPANTES
 Participantes con acompañamento (proba non competitiva)
 SUB 6 (proba non competitiva): atletas nadas/os nos anos 2020 e posteriores
 SUB 8 (prebenxamín): atletas nadas/os no ano 2018 e 2019
 SUB 10 (benxamín) : atletas nadas/os nos anos 2016 e 2017
 SUB 12 (alevín): atletas nadas/os nos anos 2014 e 2015
 SUB 14 (infantil): atletas nadas/os nos anos 2012 e 2013
 SUB 16 (cadete): atletas nadas/os nos anos 2010 e 2011
 SUB 18 (xuvenil): atletas nadas/os entre 2008 e 2009
 SUB 20 (jun.) - SUB 23 (prom.): atletas nadas/os entre 2003 e 2007
 SÉNIOR: atletas nadas/os entre 1991 e 2002
 MÁSTER 1: atletas nadas/os entre 1985 e 1990
 MÁSTER 2: atletas nadas/os entre 1975 e 1984
 MÁSTER 3: atletas nadas/os entre 1965 e 1974
 MÁSTER 4: atletas nadas/os antes de 1965
2.- HORARIOS E DISTANCIAS
As probas escolares celebraranse en horario de mañá o día domingo 27 de abril de 2025 no
aparcadoiro do cemiterio de Cacheiras. Ningún/ha corredor/a poderá participar con axuda
externa (pais, nais...), salvo as categorías SUB 6 (proba non competitiva) e Participantes con
acompañamento (proba non competitiva) e excepcións pactadas coa organización.
Os horarios e distancias das probas serán os seguintes:
HORARIO
CARREIRAS
ORDE DE
SAÍDA
CATEGORÍAS DISTANCIA
ESCOLARES
(Domingo 27.04
a partir
das 10:30 h)
1 SUB 16 (cad.) –SUB 18 (xuv.)
2.800 m aprox.
(2 voltas ao circuíto verde)
2 SUB 14 (inf.)
1.400 m aprox.
(1 volta ao circuíto verde)
3 SUB 12 (alev)
1.100 m aprox.
(1 volta ao circuíto amarelo)
4 SUB 10 (benx)
1.100 m aprox.
( 1 volta ao circuíto amarelo)
5 SUB 8 (prebenxamín) Se hai moitos inscritos/as
faranse grupos segundo dorsal.
300 m aprox.
(2 voltas ao circuíto vermello)
6 SUB 6 (Proba non competitiva)
Participantes con acompañamento (Proba non
competitiva)
150 m aprox.
(1 volta ao circuíto vermello)
ABSOLUTA
(Domingo 27.04
ás 12.00 h)
SUB 20 - SUB 23, SÉNIOR E MÁSTER 10 km aprox.
13:30 HORAS
ENTREGA DE TROFEOS DE TODAS AS CATEGORÍAS
3.- INSCRICIÓNS
* Todas as persoas participantes (ESCOLARES E ABSOLUTOS) nas carreiras deberán correr
cun dorsal-chip. Excepto a categoría SUB 6 (non competitiva) e participantes con
acompañante, igualmente para participar nestas categorías hai que anotarse cubrindo o
formulario en liña.
 CARREIRAS ESCOLARES (Participantes con acompañamento, e de sub 6 ata sub
18) ata o mércores 23 de abril de 2025 ás 23:59 horas no formulario de inscrición en liña
presente na web www.emesports.es (única forma de inscrición).
 CARREIRA ABSOLUTA: (Júnior/sub 20, promesa/sub 23, sénior e máster) ata o
mércores 23 de abril de 2025 ás 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de
inscrición).
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DOS PRAZOS ESTABLECIDOS
NIN O DÍA DA PROBA
PREZOS DE INSCRICIÓN:
▪ CARREIRAS ESCOLARES (nadas/os a partir do 2008): GRATUÍTA
▪ CARREIRA ABSOLUTA (sub 20 – sub 23 , sénior e máster): 6,00 €
A inscrición non se completará ata que se realice o pago no momento de rexistrarse na web
www.emesports.es
Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse o enderezo
electrónico soporte@emesports.es
RECOMÉNDASE A TODAS AS PERSOAS INSCRITAS QUE COMPROBEN A LISTAXE
DE PARTICIPANTES EN www.emesports.es ANTES DE QUE REMATE O PRAZO DE
INSCRICIÓN.
4.- RECOLLIDA DE DORSAIS E CAMISETA CONMEMORATIVA
▪ Sábado 26 de abril no Departamento de Deportes do concello de Teo
(Trav. Ramallosa, n.º 38 - Lucí) en horario de 10 a 14 horas.
▪ Domingo 27 de abril a partir das 9 horas ata media hora antes do comenzo das
probas no lugar da meta (Cacheiras).
Todos/as aqueles/as participantes que non saian nas listaxes da páxina web non
poderán participar o día da carreira.
Todo/a atleta que entre na liña de meta sen o seu dorsal ou sen que estea debidamente
colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión, será automaticamente
descualificado.
5.- SERVIZO DE AUTOBUSES E DE ROUPEIRO NA PROBA ABSOLUTA E NA ANDAINA
Unha vez recollido o dorsal, os/as atletas da carreira absoluta e participantes na andaina que
o necesiten, serán trasladados en autobús ata o punto de saída.
 Horario de saída dos autobuses:
 Carreira absoluta: a partir das 10:30 h, o último sairá ás 11:15 h.
 Andaina: primeiro autobús ás 10:30 horas.
 Haberá servizo de roupeiro na liñas de saída e meta.
6.- TROFEOS PARA OS/AS CORREDORES/AS
Haberá trofeo para:
› Os/as 3 primeiros/as clasificados/as en todas as categorías establecidas (homes e mulleres).
Excepto a categoría SUB 6 e os participantes con acompañante.
› As 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da proba absoluta.
› O/A participante máis novo/a e o/a máis veterano/a que logre concluír a proba polos seus
propios medios e sen axudas externas.
› O primeiro equipo federado masculino e feminino clasificado na clasificación final*.
› O centro escolar do Concello de Teo que achegue máis participantes que logren concluír a
proba (deberá indicarse o centro educativo na inscrición).
› O/A primeiro/a clasificado/a empadroado/a en Teo en cada categoría, homes e mulleres,
(deberá indicarse se está empadroado/a ou non no concello de Teo na inscrición), o/a
participante que non o especificara correctamente na inscrición non poderá reclamar o trofeo.
› Vale mensual para acceso á Piscina Municipal da Ramallosa ao primeiro e primeira
clasificado/a empadroado/a en Teo na proba absoluta.
› 3 invitacións de acceso á Piscina Municipal o/a primeiro/a clasificado/a empadroado/a en
Teo en cada categoría.
Os trofeos non serán acumulativos, excepto os trofeos ás e ós atletas locais.
*Para o trofeo ao equipo federado masculino e femenino da proba absoluta a clasificación
será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores en cruzar a liña de meta, pola suma
dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o
equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente (imprescindible facer a inscrición como
club).
Para optar ó premio a clubs federados da proba absoluta deberán anotarse os/as atletas
individualmente na web www.emesports.es e remitir un correo á dirección
santiago@atletismo.gal indicando os datos do club e a listaxe dos/as atletas inscritos.
Para o premio ó centro escolar do Concello de Teo que achegue máis participantes ás probas,
deberán realizar a inscrición do mesmo xeito, inscribindo os atletas individualmente na web
www.emesports.es e remitindo un correo electrónico á dirección indicada
(santiago@atletismo.gal)
7. RECLAMACIÓNS
As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes. Todo o non previsto
no presente regulamento resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA, por esta
orde, en vigor para probas en ruta.
8. SERVIZO DE DUCHAS
Haberá servizo de duchas a disposición dos/as atletas participantes no campo municipal da
Cañoteira.