Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
A Valenzá
16/03/2025
11:00 - 12:00
[
Go Back
]
Descripción
Carreira Alternativa Barbadás
Data:
domingo, 16 de marzo de 2.025.
Hora:
11:00 h.
Distancia:
5.000 m.
Inscricións:
Sportmaniacs
::
Le e comenta a proba no foro de Carreiras Populares
::
Reglamento
A II edición da Carreira Alternativa Barbadás 2025, será o sábado 16 de marzo as 11:00 na Valenzá, con saída e chegada na Avenida de Celanova na rotonda da familia.
Participación
Poderán participar nesta proba todas aquellas mulleres, homes, nenas e nenos que o desexen, sempre e cando estén perfectamente inscritas, tanto en tempo como en forma.
Esta prohibida a participación na proba sen o dorsal oficial da proba.
Participación de menores
Os menores de 18 anos deberán acreditar unha autorización da nai/pai ou tutores para poder participar na proba.
Os menores de 12 anos deberán ir acompañados en todo momento dun adulto.
Distancia e recorrido
A proba disputarase no Concello de Barbadás polas rúas da Valenzá, facendo a saída dende a avenida de Celanova na rotonda da Familia e pasando pola avenida de Celanova e terminando no mesmo punta de sáida.
A distancia será de 5 km.
O tráfico estará cortado , pero a partir da hora de inicio da proba, os participantes que non fagan o seu paso pola meta deberán facer o percorrido por as beiraruas.
Inclusión dos participantes
É unha proba inclusiva, polo tanto poderá participar todos as personas nela.
Pódese realizar a proba,correndo,camiñando, en cadeira de rodas, andador, bicicleta, patíns,
patinetes,….
Inscripcións
As inscripciones será na web https://sportmaniacs.com/es.
O prezo da inscripción será de 5 euros para maiores de 18 anos
Os menores de 18 anos será gratuíta.
Non se admiten inscripcións no día da carreira.
Unha vez feita a inscripción, non se devolverá o importe (de ser o caso) da mesma baixo ningunha circusntancia, exceptuando que a proba sexa suspendida polo Concello de Barbadás.
Entrega da camiseta e dorsal
A entrega será no Polideportivo Municipal de Barbadás anunciando nas redes sociales os días antes da carreria que se entregará.
A organización non pode asegurar a talla de camiseta e a partir dos 300 inscritos non pode asegurar que se dispoña de camiseta.
Seguro de accidentes
Tódolos participantes estarán amparados por un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade Civil contratado polo Concello de Barbadás. Estarán excluídos os derivados de un padecimiento lactante, imprudencia, negligencia, inobservación das leis,etc.
Tamén estarán excluídos os producidos por desplazamentos a/o desde o lugar no que se realice a
proba.
Os participamntes deberán atender en todo momento as indicacións realizadas pola organización a través de voluntarios, persoal acreditado, Policía Local e Protección Civil.
Cada deportista da proba participa baixo a sua enteira responsabilidade e declara poseer o nivel de condición física suficiente para afrontar a proba. O Concello de Barbadás recomenda a todolos deportistas realizar un recoñecemento médico ou proba de esforzó antes de tomar a saída. O Concello de Barbadás declina toda responsabiliade de daños que os participantes poidan sufrir ou causar a terceiros en horas posteriores a súa participación na carreira.
Se sufre calquer percance na carreira, deberá de avisar a organización para poder dar parte no seguro, unha vez finalizada a carreira a organización non se fai responsable de calquera lesión ou
accidente se non foi comunicado con antelación.
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
1. INFORMACIÓN AO USUARIO
O Concello de Barbadás, en diante Responsable, é o Responsable do tratamento dos datos persoais do Usuario e infórmalle que estes datos serán tratados de conformidade co disposto en o Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación de estes (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), polo que se lle facilita a seguinte información do tratamento, aplicable aos tratamentos de datos realizados polo Responsable do tratamento referidos no sitio web.
Fin do tratamento: manter unha relación de atención ao Usuario. As operacións previstas para realizar o tratamento son:
Formalizar e manter a relación do centro deportivo con vd. na súa calidade de socio do
ximnasio.
Cumprimento das obrigacións legais do centro deportivo.
Control de acceso dos usuarios ás instalación deportivas.
Optimizar a xestión do centro do Concello de Barbadás e os seus servizos mediante a realización
de estudos e enquisas de satisfacción.
Accións e comunicacións comerciais incluso a través de medios electrónicos relacionadas coas actividades ou promocións do ximnasio e dos sectores do deporte, saúde, beleza, ocio e tempo
libre.
Base xurídica do tratamento: consentimento do interesado e o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio dos poderes públicos.
Criterios de conservación dos datos: conservaranse durante non máis tempo do necesario para manter o fin do tratamento e cando xa non sexa necesario para tal fin, suprimiranse con medidas de seguridade adecuadas para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total dos mesmos.
Comunicación dos datos: Non se comunicarán os datos a terceiros, salvo obrigación legal. Por iso, é posible que se comuniquen datos a outras Administracións, a terceiros contratados para a xestión os servizos públicos que lle competen.
Dereitos que asisten ao Usuario: os dereitos do interesado poden exercitarse directamente ou por
medio de representante legal ou voluntario e teñen dereito a recibir unha resposta en linguaxe clara e sinxela, de forma concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso. Os dereitos que lle asisten son os seguintes;
Dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
Dereito de acceso (o interesado ten dereito a que o Responsable lle comunique se están tratando os seus datos), rectificación (o interesado ten dereito a que o Responsable rectifique os seus datos sen demora inxustificada cando resulte inexactos ou incompletos), portabilidade (o interesado ten dereito a que o Responsable transmita os seus datos a outro responsable ou ao mesmo interesado nun formato estruturado de uso habitual e lectura mecánica) e supresión dos seus datos (o interesado ten dereito a que o Responsable suprima os seus datos sen demora inxustificada e se legalmente procede) e á limitación (o interesado ten dereito a que o responsable marque os seus datos co fin de limitar o seu tratamento) ou oposición ao seu tratamento (o interesado ten dereito a opoñerse ao tratamento dos seus datos realizado polo Responsable do tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular).
Dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.
Datos de contacto para exercer os seus dereitos:
Concello de Barbadás. C/ Cimadevila, 1 – 32890 Barbadás (Ourense).
Email: concello[at]barbadas.es
Datos de contacto do Delegado de Protección de Datos: Rúa Cimadevila, 1_ 32890 Ourense –
2. CARÁCTER OBRIGATORIO OU FACULTATIVO DA INFORMACIÓN FACILITADA POLO USUARIO
Os Usuarios, mediante a marcación das casas correspondentes e entrada de datos nos campos, marcados cun asterisco (*) no formulario de contacto ou presentados en formularios de descarga, aceptan expresamente e de forma libre e inequívoca, que os seus datos son necesarios para atender a súa petición, por parte do Concello, sendo voluntaria a inclusión de datos nos campos restantes. O Usuario garante que os datos persoais facilitados ao Responsable son veraces e faise responsable de comunicar calquera modificación dos mesmos.
O Responsable informa e garante expresamente aos usuarios que os seus datos persoais non serán cedidos en ningún caso a terceiros, e que sempre que realizase algún tipo de cesión de datos ersoais, pedirase previamente o consentimento expreso, informado e inequívoco por parte os usuarios. Todos os datos solicitados a través do sitio web son obrigatorios, xa que son necesarios para a prestación dun servizo óptimo ao Usuario. No caso de que non sexan facilitados todos os datos, non se garante que a información e servizos facilitados sexan completamente axustados ás súas necesidades.
3. MEDIDAS DE SEGURIDADE
Que de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, o Responsable está a cumprir con todas as disposicións das normativas RGPD para o tratamento dos datos persoais da súa responsabilidade, e manifestamente cos principios descritos no artigo 5 do RGPD, polos cales son tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación co interesado e adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados, conservados de modo que permitan identificar as persoas interesadas durante o período de tempo non superior ao necesario, en base á limitación do prazo de conservación.
O Responsable garante que implementou políticas técnicas e organizativas apropiadas para aplicar as medidas de seguridade que establecen o RGPD e a LOPD, en particular aplícanse as medidas de seguridade determinadas polo Esquema Nacional de Seguridade, co fin de protexer os dereitos e liberdades dos Usuarios e comunicoulles a información adecuada para que poidan exercelos.
Información actualizada a 25/2/2025.
[
Go Back
]