Calendario
Ver carrera

Anllóns

09/03/2025 9:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción 1- Bases:
A participación no “X Trail e Andaina polas Cabeceiras
do Anllóns” suporá a aceptación deste regulamento.
2- Data e horarios:
Terá lugar o domingo 9 de Marzo de 2025.
- A entrega de dorsais será no I.E.S Agra de Leboris de
8:00 a 8:45 para os inscritos no Trail e de 8:00 a 9.15
para os inscritos no Mini Trail, Trailiño e na Andaina.
SAIDAS:
- O Trail terá saída ás 9:00 do Recinto do I.E.S. Agra
de Leborís.
- O Mini Trail e o Trailiño terá saída as 9:30 do
recinto do I.E.S Agra de
Leborís.
- A Andaina terá saida a continuación do Mini Trail e
do Trailiño dende o recinto do I.E.S Agra de Leborís.
-As saidas serán neutralizadas polo casco urbano de
Laracha hasta entras no monte que xa será libre, (uns
900m)
3- Distancia:
-O trail terá unha lonxitude de 30Kms e 2400m desnivel
acumulado.
- O minitrail terá unha lonxitude de 18Kms e 1200 m
desnivel acumulado.
- O Trailiño terá unha lonxitude de 14km e 700m
desnivel acumulado
- A Andaina terá unha lonxitude de 14Kms e 700m
desnivel acumulado
4- Categorías:
- Poderán participar as persoas que o desexen, maiores
de 18 anos e os menores de máis de 16 con permiso de
consentimento firmado polos seus titores legais.
- No recorrido de trail non se permite a participacion
de menores de 18 anos.
-As categorías serán as mesmas para o Trail e para o
Mini Trail masculino e femenino.
*Absoluta
*Senior (corredores hasta 39 anos cumpridos)
*Veteran@ A (corredores 40 anos a 49 anos cumpridos)
*Veteran@ B (corredores de 50 anos cumprido en diante)
O trailiño haberá trofeos para o 1º2º3º masculino e
femenino unicamente.
-A Andaina non é competitiva polo que non haberá
premios.
-A entrega de premios será sobre as 13:30, unha vez
completemos os tres primeiros puestos de cada
categorias
5- Inscricións:
-Ás inscripcións serán en Cronotec.com e abriránse o 6
de xaneiro ata o 5 de Marzo ás 23:59 que se cerraran ou
o chegar as 400 plazas que son as disponibles este ano
PRECIOS: Tramo do 06/01/2025 o 15/02/2025 (23:59)
- Trail:20€
- Mini Trail:18€
- Trailiño:12€
- Andaina:12€
PRECIOS: Tramo do 16/02/2025 o 5/03/2025 (ás 23:59)
- Trail:25€
- Mini Trail:23€
- Trailiño:17€
- Andaina:17€
A inscripción da dereito a: participar nas probas,
avituallamentos durante a proba, duchas, aperitivo
postcarreira, agasallos e seguro de accidentes para as
probas.
6- Sinalización:
-O percorrido estará sinalizado con cintas de cor
vermellas (son de tela que se reciclan dun ano para
outro) e as sinais necesarias para que o camiño a
seguir non presente ningunha dúbida polo que o estrito
seguimento do mesmo será obrigatorio para a
continuidade na proba.
Haberá Voluntarios do club dispostos ó longo do
percorrido nos cruces de carretera máis perigosos.
7- Tempos de corte :
A Andaina e o Trailiño nn teran hora de corte.
O Mini Trail tampouco tera hora de corte.
O Trail terá puntos de corte, no km 12 o que nn esté as
11 (2h) será desviado para o recorrido do Mini Trail
automaticamente
8- Condicións físicas:
A organización resérvase o dereito de retirar da proba
a aquelas persoas que considere que non reúnen as
condición físicas necesarias para continuar na carreira
sen por en serio risco a súa saúde como esgotamento
agudo, lesión grave, síntomas de alteracións
sensoriais, etc.
9- Avituallamentos:
Recorrido trail 30km:
- km 7(O Vilar): líquido + fruta
- km 16(Granja Barral): sólido e líquido
- km 24(Cruce Gudis): sólido e líquido
- Meta: sólido, líquido e comida final
Recorrido Mini trail 1km:
- km 7(O vilar): líquido + fruta
- Km 11(Cruce Gudis): Solido e líquido
- Meta: sólido, líquido e comida final
Recorrido Andaina e Trailiño 13km:
- km 7(A Xesta): sólido e líquido
- Meta: sólido, líquido e comida final
10- Auxilio:
-Os participantes están obrigados a respectar a
integridade dos demais participantes así como a
prestarauxilio no caso de atoparse con un accidentado
hasta que chegue a organización.
11- Responsabilidade:
-A organización non se responsabiliza de: -
Consecuencias derivadas da participación da proba que
non se recollan no seguro de accidentes.
-Pérdida ou deterioro de obxectos persoais.
12- Descalificación:
- O que non cumpra estas bases.
- O que deteriore ou ensucie o entorno.
- O que non leve o dorsal ben visible.
- Tirar emboltorios fóra das papeleiras situadas no
entorno dos avituallamentos.
- O que non respecte as ordes dos membros da
organización.
- O que non preste auxilio.
- O que presente comportamento anómalo, mostre
actitudes violentas, que tire lixo no medio natural,
que moleste a fauna, que dane a propiedade pública ou
privada, que non respecte os demais participantes ou
membros da organización.
13- Dereitos de imaxe:
-A entidade organizadora resérvase en exclusividade o
dereito sobre a imaxe do trail así como a explotación
audiovisual, fotográfica e periodística do evento.
Calquera proxecto mediático ou publicitario deberá
contar previamente co consentimento escrito da
organización.
Así mesmo a organización resérvase o dereito de
realizar e publicar nas redes fotografías durante todo
o evento nas que poderán aparecer calquera dos
participantes.
14- Tráfico:
-A organización non cortará en ningún momento a
circulación e os participantes polo tanto deberán
respectar rigorosamente as normas de tráfico vixentes e
obedecer as ordenes que den os membros da organizacion
e protcción civil que estaran no cruces de carreteras
de mayor peligro.
15- Roupeiro:
Haberá un servicio gratuito de consigna para enseres
persoais que estará situado o lado das mesas de
recollida de dorsais.
16- Devulucción inscripción
Sólo se devolverá o importe total da inscripcions os
que manden e Marzo do 2025. Pasado ese día nn se farán
devolucción de inscripcións
17- Material abrigatorio e recomendable
levar:
- A organización non facilitará vasos de plástico nos
avituallamentos, polo que e moi recomendable levar algun
sistema de hidratación individual (mochila, bidóns,
vaso plegable etc...)
- Roupa e calzado adecuado para este tipo de probas.
- Teléfono Mobil.
Para calquera duda ou consulta poñerse en contacto no
siguiente email. larachaenduasrodas@gmail.com

[ Go Back ]