Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Boborás
19/01/2025
11:10 - 12:30
[
Go Back
]
Descripción
XXIV CROSS POPULAR DO
CONCELLO DE BOBORÁS
(OURENSE)
ANO 2025
REGULAMENTO XERAL
1. A saída darase diante do CEIP Nosa Señora de Xuvencos
con horario distinto atendendo ás categorías:
- Categoría SUB 10, SUB 12,: 10.10 h
- Categoría SUB 14, SUB 16, SUB 18 E SUB 20: 10.25 h
- Categoría 4 e 5: 11.10 h
A liña de meta para tódalas categorías será a mesma e estará
situada pola parte traseira do CEIP Nosa Señora de Xuvencos.
2. Os participantes deberán de situase no punto de saída 10
minutos antes do comezo da súa correspondente proba,
sen interferir nas anteriores.
3. Os participantes de todas as categorías deberán de
inscribirse todos na páxina web
www.championchipnorte.com, antes do día 14 de
xaneiro ás 23:59h. Personalizaranse co nome do
participante tódolos dorsais das inscricións feitas con
anterioridade ao peche de inscricións.
Data de celebración: Domingo 19 de xaneiro de 2025
Hora: 10.00 horas
Organiza: Concello de Boborás
Non se inscribirá a ningún atleta o día da proba nin por
outros medios diferentes á páxina web.
4. Cada participante deberá de achegarse ao punto de
entrega de dorsais e chips, situado do Edificio
Sociocultural “Manuel Chamoso Lamas” (entorno do
colexio), para recoller o seu con antelación suficiente cun
mínimo de 30 minutos de antelación á disputa da proba.
O chip deberá entregarse ao remate da proba, ao
atravesar o arco de meta, evitando o seu deterioro ou
extravío. O chip deberá atarse na zapatilla.
5. O percorrido total será de 7400 metros, os cales estarán
sinalizados e controlados pola organización, diminuíndo
esta distancia segundo as categorías establecidas 2 e 3 (
4500) e 1 (700).
6. A clasificación será por categorías e haberá trofeos para
os primeiros clasificados de cada unha delas, e medallas
para o segundo e o terceiro sendo un para home e outro
para muller. Tamén haberá dous trofeos de honra para o
atleta de máis idade que remate a proba, así como para
o máis novo.
7. Tódolos participantes independentemente da categoría
á que pertenzan, recibirán un agasallo conmemorativo
no momento da recollida da dorsal.
8. A organización contará coa colaboración dos
organismos municipais e oficiais correspondentes.
9. Está prohibido o acompañamento dos participantes por
persoas ou vehículos de axuda. O incumprimento desta
norma implicará a descualificación inmediata do atleta.
10. O control de chegada pechará unha hora despois
de que entre o primeiro participante.
11. A inscrición poderase realizar a partir do 13 de
decembro de 2024, na páxina web
www.championchipnorte.com. Só haberá esta forma de
inscrición excepto para os participantes de carreiras
menores (1, 2 e 3) que ademais desta poderán facela a
través do correo electrónico antes das 15.00 do día 16 de
xaneiro de 2025 segundo información anterior.
CATEGORIAS ANO DE
NACEMENTO
PERCORRIDO TROFEOS
* SUB 10
* SUB 12
2016 e 2017
2014 e 2015
1500 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo: 1º clasificado muller
por categoría
Medallas : 2º e 3º
* SUB 14
* SUB 16
2012 e 2013
2010 e 2011
4500 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo: 1º clasificado muller
por categoría
Medallas : 2º e 3º
* SUB 18
* SUB 20
2008 e 2009
2006 e 2007
4500 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo: 1º clasificado muller
por categoría
Medallas : 2º e 3º
* SUB 23
* Seniors I
* Seniors II
2003,2004 e
2005
2002 ata 1988
1987 a 1976
7400 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo: 1º clasificado muller
por categoría
Medallas : 2º e 3º
* Veteráns I
* Veteráns II
1975 ata 1965
Anteriores 1964
7400 metros
Trofeo:1º clasificado home
por categoría
Medallas: 2º e 3º
Trofeo:1º
clasificado muller por
categoría
Medallas : 2º e 3º
12. Os atletas inscritos poderán comprobar o listado de
inscrición na web www.championchipnorte.com,
inmediatamente ó finalizar correctamente o proceso de
inscrición e a lista definitiva a partir do día 16 de
xaneiro incluídos os das categorías 1, 2 e 3 .
13. Non se admitirá ningunha inscrición na que falten
datos.
14. Cada atleta participante deberá de aboar a
cantidade de 5 euros para as categorías 4 e 5, máis 1
euro polo aluguer de chip e 5 euros de fianza (que
se devolverá na semana seguinte ao evento na
tarxeta de inscrición sempre que se devolva o
chip ao finalizar a carreira) agás nas inscricións
feitas o 15 e 16 dexaneiro nas que o prezo ascenderá a
7 euros máis o euro do chip (e fianza no seu caso). Nas
categorías 1, 2 e 3 a inscrición será gratuíta.
15. Os circuítos estarán sinalizados segundo cores. Deste
xeito o corredor deberá seguir as marcas segundo a súa
categoría:
16. Cada atleta ten o deber de realizar o percorrido
correspondente, co fin de coñecelo, antes da data de
proba. A organización facilitará as indicacións
pertinentes a quen as solicite, e non se responsabilizará
das perdas ou confusións nas rutas e outros problemas
derivados.
17. A entrega de trofeos e medallas terá lugar no
pavillón municipal (situado ao lado do CEIP Nosa Señora
de Xuvencos) ás 13.30 h aproximadamente.
18. Ao remate da proba, tamén no pavillón municipal,
haberá doces, froita, chocolate e bebidas para tódolos
participantes. Os participantes que o desexen tamén
poderán ducharse e asearse, aínda que non se garante
Categoría 1: indicativo verde
Categorías 2 e 3: indicativo azul
Categoría 4 e 5: indicativo amarelo
a auga quente para todos ao ser un sistema por
acumulación.
[
Go Back
]