Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Teo - San Silvestre
28/12/2024
16:30 - 17:30
[
Go Back
]
Descripción
SAN SILVESTRE SR CALO 2024
A Sociedade Recreativa Calo en colaboración con Difusión Comunicación, Concello de Teo e
Eroski supermercados, organizan a carreira San Silvestre solidaria en favor de Fundación
Andrea, adicada ao apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou
terminais.
As probas estarán suxeitas ao seguinte:
REGULAMENTO
1.- Data:
A proba celebrarase o sábado 28 de decembro de 2024 a partir das 16:30 horas.
2.- Saída e Meta:
A saída e meta da proba estará situada no campo de fútbol de Rebordelo (Calo)
Ubicación -> https://maps.app.goo.gl/r6CZsrpXBFJqsZbz5
3.- Participantes:
Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, estean ou non
federadas. Non haberá clasificación da mesma por tratarse dunha proba NON COMPETITIVA.
O control da carreira estará a cargo da Organización. Os/as participantes deberán cumplir coas
condicións de participación e inscrición reflectidas no presente regulamento. Na proba os/as
participantes poderán realizala disfrazados, pero o dorsal deberá estar visible en todo intre na
parte anterior do corpo.
4.- Inscricións, prazos e prezos:
As inscricións realizaranse a través da páxina web https://emesports.es/
Prezos de inscrición: 5€ (Dos cales 3 son destinados a Fundación Andrea)
Prazos de inscrición: Dende o 1 de Decembro ata o día 24 de decembro. NON SE ADMITIRÁN
INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA
5.- Horarios, distancias aproximadas e Categorías:
CATEGORÍA ANOS NACEMENTO DISTANCIAS
(alAprox.) HORARIO
Nen@s 2023 e anteriores 3,8 Km aprox. 16:30 horas
Adultos 2005 e anteriores 3,8 km aprox. 16:30 horas
Grupos 2023 e anteriores 3,8 Km aprox. 16:30 horas
6.- Percorrido e distancia.
DISTANCIA: 3,8 km aprox.( 1 volta completa o percorrido).
PERCORRIDO: Saída do Campo de Fútbol de Rebordelo, A Igrexa San Xoán de Calo, Lugar
Folgueiras, Lugar Carballal, Aldea de Carballal, Rúa Cernadelo, Urbanización Campos de
Mirabel, Camiño de Fixó, Alto da Cascalleira, Campo de Fútbol de Rebordelo para chegar
novamente o punto de saída (Meta).
7.- Recollida de dorsais :
Lugar: Local da SOCIEDADE RECREATIVA (CALO)
Horario: Día 27 de decembro de 19:00 horas a 21:00 horas.
Día 28 de decembro de 15:30 horas a 16:00 horas.
8.- Premios e agasallos:
Recibirán premio o primeiro clasificado da categoría Masculina e Feminina
Tamen recibirán premio o mellor disfraz individual e mellor disfraz grupal (2 ou máis
persoas), xulgado polo noso comité de honra.
E haberá premio para a familia participante mais numerosa
Os premios entregaranse no lugar de Saída e Meta da proba
9.- OUTRAS DISPOSICIÓNS REGULAMETARIAS.
Non está permitido o acompañamento na proba por ningún vehículo alleo á organización, nin
bicicletas, patíns ou persoas NON inscritas que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos
aos participantes.
[
Go Back
]